29.4.10

Pirineos 2010

PIRINEOS 2010

Val de Benasque - Parque Posets-Maladeta

Do 1 ó 8 de agosto de 2010

Xa estamos a traballar na vindeira edición da actividade pirenaica do verán. Para este ano 2010 a zona escollida correspondese coa do Parque Posets-Maladeta: O Val de Benasque

Trece glaciares con cerca de 350 hectareas nos macizos do Posets, Perdiguero e Maladeta. A maior concentración de picos de mais de 3.000 metros do pirineo. Mais de 90 lagos de tódolos tamaños e formas. Centos de sendeiros para percorrer… Estas son algunhas das cousas das que gozaremos na semana pirenica de 2010 e das que seguiremos falando en vindeiros comunicados pero o que agora importa, e de aí este comunicado, é o aloxamento.

Coma sempre o club está xestionando o tema do cámping, este ano será no “Cámping Aneto”, para todos aqueles socios que escollan a modalidade de pernocta en tenda de campaña. O cámping ofrece outras opcións de pernocta que son as que seguen:

- Bungalow 2 ou 4 pax

- Habitacións

- Albergue

¡IMPORTANTE!

Os socios interesados en algunha destas modalidades deberan xestionar directamente co cámping a reserva e facelo canto antes por mor do limitado das prazas e o solicitadas que están nas datas en que realizamos a actividade. Non o esquezas, si estás intersado en facer uso de bungalow, habitación ou albergue na túa estancia en Pirineos ponte en contacto co camping e fai a túa reserva en:

Cámping Aneto

Carretera Barbastro-Francia / Benasque

974 551141-609777225

www.campinganeto.com

info@campinganeto.com

PROPOSTA de ACTIVIDADES

SENDEIRISMO

Proposta de actividades a realizar. A lista non é definitiva. Pode haber variacións na orde ou nos lugares a visitar.

1.Valle de Cregueña – Ibon de Cregueña

2.Valle de Eriste

3.Glaciar del Aneto

4.Valle de Estós

5.Valle de Lirerola – Pico de Estós

MONTAÑA

Complicada a tarefa de seleccionar os picos a facer durante os día pirenaicos dada a ampla oferta que atopamos na zona elixida este ano. Sobre a marcha os responsables de montaña decidiran…

¡Incluede no material personal Casco, Arnés, Piolet e Crampons!

ZONA POSETS - ERISTE

Veteranos, 3.125 M.

Los Gemelos Ravier, 3.160 m.

Pico de Posets, 3.375 m.

Pico de Paúl, 3.078 m.

Bardamina, 3.079 m.

Diente de Llardana, 3.085 m.

Tuqueta Roya, 3.273 m.

Tuca de Llardaneta, 3.311 m.

Las Espadas, 3.332 m.

Pavots, 3.121 m.

Diente Royo, 3.010 m.

Forqueta, 3.007 m.

Beraldi, 3.025 m.

Gran Pico de Eriste, 3.053 m.

ZONA MALADETA - ANETO

Pico de Alba, 3.118 m.

Punta Delmás, 3.170 m.

Pico Collado de la Rimaya, 3.265 m.

La Maladeta, 3.308 m.

Pico Abadías, 3.279 m.

Pico Maldito, 3.350 m.

Aguja Cregüeña, 3.043 m.

Pico de Aragüells, 3.037 m.

Pico Coronas, 3.293 m.

Aneto, 3.404 m.

Pico de Tempestades, 3.290 m.

Forca Estasen, 3.028 m.

Pico Margalide, 3.241 m.

Pico Russell, 3.207 m.

Tuca de Culebres, 3.062 m.

Pico de Vallhiverna, 3.067 m.

Tuc de Mulleres, 3.010 m.

E algún máis…

ACTIVIDADES INFANTILES

Proposta de actividades a realizar. A lista non é definitiva. Pode haber variacións na orde ou nos lugares a visitar.

Ibones de Villamuerta y Portillón de Benasque

Sendero botánico de la Senda del Moral - Forau d'Aiguallut

Ibones de Batisielles - Valle de Estós

Valle de Lliterola – Valle de Estós

Valle de Remuñe

Pico de Sacroux

26.4.10

Ourense-Os Peares (GR56)

PROXECTO COÑECE 2010

Coñece 10

O Club Alpino Ourensán, en colaboración co Consello Municipal de Deportes de Ourense, pon de novo en marcha o “Proxecto Coñece” que se presenta como unha oportunidade para todos, socios e non socios, de probar e practicar algunha das modalidades deportivas que teñen cabida na programación anual da entidade.

1 de maio

SENDEIRISMO I - GR56

Tramo Ourense-Os Peares

Percorrido sendeirista sinxelo partindo da cidade seguindo o novo tramo do sendeiro GR56, e que aproveitamos para inaugurar, que comeza en Oira e remata en Os Peares. Un percorrido de case 20 quilómetros con escaso desnivel e que progresa o lado do rio Miño.Volta en tren dende Os Peares.

Os datos

Data: 1 de maio

Hora: As 09:30 dende a Aula da Natureza de Oira

Material: Mochila, comida e líquidos, gorro, gafas de sol, roupa axeitada...

Mais información no local social do club

Outras actividades Coñece 2010

8 e 9 de maio

MONTAÑA Vivac en Trevinca

Actividade do Coñece 10 adicada a facer unha aproximación o mundo da montaña en xeral e para iso visitarmos as montañas mais altas da nosa comunidade, O macizo de Trevinca no límite con León e Zamora.

23 de maio

BTT-ORIENTACIÓN

Ourense-Monte Meda

Percorrido en bicicleta de montaña mesturado coa procura de balizas agachadas no percorrido mediante mapa e buxola.

29 de maio

SENDEIRISMO II-Ruta dos Castros

Ruta sinxela nos arredores de Ourense visitando os concellos de San Ciprián das Viñas e Barbadás pasando por Sobrado, Bentraces ou Loiro. Un percorrido de case 20 Km. Para facer nunhas 6 horas e con pouco desnivel acumulado.

12 de xuño

ESPELEOLOXÍA Cova Alfarero. O Barco

Actividade do "Proxecto Coñece 10" na que nos iniciamos na exploración das cavidades soterradas. Visitamos a zona de O Barco de Valdeorras para explorar a cova "Alfarero" perto de o pobo de Covas. A cova do Alfarero é unha cova de distribución horizontal polo que non é preciso ter coñecementos previos desta modalidade deportiva e resulta apta para todas as edades.

20 de xuño

ESCALADA Canón do Sil

Actividade básica de escalada na escola de escalada “Canón do Sil” sita no lugar do que toma o nome e na que podemos atopar "vías" de escalada de variada dificultade que nos permitiràn iniciarnos nesta modalidade deportiva progresando en vertical en vías de graduación de dificultade de menor a maior.

NOTA: O calendario de actividades estará suxeito a modificacións en función da climatoloxía ou calquera outra incidencia. Os cambios serán comunicados con antelación suficente.

20.4.10

BTT Ourense-Pereiro de Aguiar

BTT
Ourense-Pereiro de Aguiar
25 de abril de 2010
Actividade sinxela de bicicleta de montaña partindo de Ourense e facendo un percorrido aproximado de 3 horas hacia Pereiro de Aguiar e regreso a cidade.

OS DATOS
Data: 25 de abril de 2010
Hora: As 10:00 horas
Lugar: Saida dende o locla social do club
Información:Local social do club

19.4.10

Coñece 2010

PROXECTO COÑECE 2010

Coñece 10

O Club Alpino Ourensán, en colaboración co Consello Municipal de Deportes de Ourense, pon de novo en marcha o “Proxecto Coñece” que se presenta como unha oportunidade para todos, socios e non socios, de probar e practicar algunha das modalidades deportivas que teñen cabida na programación anual da entidade.

O “Coñece” son un conxunto de actividades pensadas para amosar en aberto a aventura e o deporte no entorno natural e que dende o Club Alpino Ourensán, avalados por unha experiencia de case 40 anos no mundo da montaña, son planeadas dun xeito ameno e sinxelo.

O “Coñece” e un proxecto onde importa mais as ganas de participar ca condición física ou os coñecementos técnicos. Un conxunto de actividades básicas dedicadas a todos aqueles que teñan ganas de probar algo mais, para todos aqueles interesados en facer algo distinto.

Cuarta edición consecutiva, sexta dende o seu inicio, do Proxecto Coñece e de novo contamos

con un variado programa de actividades no que faremos sendeirismo, montaña, espeleoloxía, bicicleta de montaña e escalada. Aquí tedes un pequeno adianto desas actividades. Mais información no local social e próximamente en www.clubalpinoourensan.es

As Actividades

1 de maio

SENDEIRISMO I-GR56

Ourense-Os Peares

Percorrido sendeirista sinxelo partindo da cidade seguindo o novo tramo do sendeiro GR56 que comeza en Oira e remata en Os Peares. Volta en tren.