26.3.07

SOLEADO SAN ISIDRO!!! (24 e 25 de marzo)











Alá
fomos 17 persoas, catro delas monitores: Antón, Quico, Tato e Ana. Os restantes, algúns xa expertos, outros medio iniciados pero a maioría novos no que á alta montaña invernal se refire.
Tivemos sorte co tempo e coa montaña. Primeiro día era nuboso e ameazante, pero saimos en fila india con raquetas e o Tato con esquís a través do Val de Wamba e fixemos cume na evocadora “Peña del Viento” (2000 m.). Tras oito horas, e coas greñas conxeladas esperaban por nós no refuxio do Club Torrecerredo, Ramón o guarda e a súa muller Ana (encantadores).
O domingo amaneceu esplendoroso. En frente esperábamos o Pico Torres (2107 m.). Con nós un grupo de socios deseosos e ansiosos tras o primeiro día de volver a facer montaña. Á base do Pico chegamos todos, fixemos dous grupos: uns foron con Antón a facer prácticas de autodetención, encordamento, nudos, ramaseo e un longo etc…Os demáis continuamos facendo un rodeo hacia á cara norte para dende alí atacalo cume. Foi a parte máis técnica pois pasamos por zonas bastante expostas e de forte pendiente e incluso tivemos unha pequena trepada. Para baixar por ese sitio puxemos unha corda e case todos se estrenaron co “pruxik” para baixar.
Todos usaron raquetas, piolets, case todos os crampóns. Os que non sabían aprenderon como na mochila invernal hai que levar case de todo etcpero por riba de todo TODOS disfrutamos moito da montaña. Regresamos contentos porque creemos cumplido o obxectivo de crear aficción. Así que benvidos ós novos e novas montañeiras.
Verémonos en Ubiña o 28 e 29 de abril. Ide preparando unha boa mochila de porteo porque dormiremos arriba na alta montaña.

PD. Eiquí vai unha pequena selección de fotos. Deixarei proximamente no Club un CD con todalas fotos no taboleiro da vocalía.

Saudos
Vocalía de montaña

21.3.07

SAN ISIDRO: ÚLTIMAS NOVAS!!!!!

Hola a todos!!!!

  • O sábado sairemos ás 7 da mañá da sede do Club.
  • Necesitades levar: casco, arnés con un oito, un mosquetón e un cabo de anclaxe, piolet, crampóns, polainas, gafas de sol, protector solar e o resto imprescindible nunha mochila de ataque: comida(para os dous días), auga, frontal etc....
  • A cea e o almorzo xa están contratados no refuxio e se inclúen no prezo. Levade un saco lixeiro ou un saco sábana se tedes, pois hai calefacción. (Eu que son moi frioleira leva o saco por si acaso).
  • Os que non teñades material tedes que ir a recollelo ó Club este mércores e o venres.
  • O primeiro día faremos a "Peña Rapaína" polo val de Wamba e si a metereoloxía axuda e nos dá tempo ata podemos intentar a "Peña del Viento".
  • O segundo día faremos o emblemático Pico Torres do que vos mando outra foto para facer ganas.

Saudos

Vocalía de montaña

19.3.07

ESCALADA - ROCÓDROMO


ESCALADA TEMPORADA 2007


Estamos a preparar a nova temporada de escalada, para empezar decir que por fin remataron as obras no pabellón e poderemos usar o rocódromo desde xa. Estamos pendientes de confirmar horarios de apertura que comunicaremos no blog en cuanto os sepamos. A próxima semana (martes 26-03-07) case seguro que abrimos. Estade atentos.

Por outra banda queremos que entre todos diseñemos a sección de escalada e para iso podedes atopar no foro do club un foro de discusión sobre o tema. Visita o foro de escalada e participa cas túas ideas e propostas.

16.3.07

Orientación en Bande este domingo 18 (a 2ª vai a vencida)

Ola, ola! Este domingo quedaremos as 9:30 no Local Social para ir ao Monte Grande de Bande (tamén chamado Fontesanta) para realizar unha actividade de orientación que foi aprazada hai 15 dias. Esperemos que o tempo nós acompañe desta vez. A actividade empezará as 10:30 no Alto de O Vieiro (entre Celanova e Bande). Quedaremos alí nun aparcadoiro que hai a man dereita segundo vimos da capital.

Colocaremos varias balizas que haberá que buscar cun mapa a escala 1:25000, facendo un percorrido de 10 km aproximados o que nós ocupara toda a mañá. O responsábel do trazado desta actividade é Martín Morales, trazador do RaidValdeorras 2006, membro do noso clube e campión estatal H-35 de Orientación a Pé no 2006 (3º no Torneo Ibérico da pasada Ponte da Constitución en na Serra do Marao-Vila Real) na modalidade de Distancia Media. Vamos, todo un luxo deseñado para todos os públicos.

Animademos, que pronto comeza a tempada de raids e os extravios primaverais!!

14.3.07

SALIDA A SAN ISIDRO: URGENTE

Pico Torres

¡Estimados socios!
Necesitamos saber este viernes cómo muy tarde qui
énes quereis ir a la salida. Hemos reservado 25 plazas de las cuales 4 ya están reservadas para los monitores. Apuntaros cuanto antes.
El primer día haremos, siempre dependiendo del tiempo claro! algunos de los picos circundantes y el domingo haremos el afamado Pico Torres, emblema de los montañeros asturianos.
Mañana os envío más información. Si la nieve es buena y la estación abre seguimos con el tema del esquí de travesía.
En el precio que os daremos el viernes estará incluído todo, incluso el desayuno y la cena.
Necesitamos que os manejeis bastante bien con el piolet y los crampones en la subida del Torres. El primer día os servirá de práctica y así veremos el nivel que teneis.

Animaros que es un lugar precioso. Y para ejemplo unas fotos

13.3.07

ruta macizo trevinca 2

pues ahora os voy a colgar la carcteristicas de las rutas.

!viva el novo puso el acceso directo del foro en el apatado de enlaces del blog¡

12.3.07

sanabria 2007

Pues nada aquí os cuelgo un pequeño aperitivo de las fotos del cañon del tera

!viva el Novo nos puso el acceso directo al foro desde el blog¡ en la zona de enlaces.

ahora a registrarse,

por cierto ya colgaré la ruta marcada en el blog comentaros que la del tera fueron 15Km y la de trevinca 21Km.

Pues ahí van las primeras fotitos.

En el foro ya comento más





8.3.07

Outras fotos d´O Courel

Serra aberta!
Inmensa antiga herencia!

Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que é un home...



Escurecen os penedos.../
Baixa a sombra do ucedo/
aniñárseme no peito...


Pobos probes ardidos de tristura mouros de queimados!



Nos vales fondos, souto pecho de castiñeiros,
ourelando casas, hortas, prados e agros...






Terras outas e craras da Lucenza...
Textos de Uxío Novoneyra

Adestramento para Raids de Orientación-Pontevedra

Ola, Ola!! Mandaronme isto do Clube Montañeiros de Pontevedra. A tempada galega de Raids esta a piques de comenzar e esta pode ser unha boa oportunidade para tomar contacto con este tipo de multiactividade. Animadevos!!

ADESTRAMENTO DE RAIDS (25/03/07).
DESCRIPCIÓN DA ACTIVIDADE:

· Trátase de realizar unha experiencia de raids tanto para aquelas persoas que nunca tiveran contacto cunha experiencia de este tipo como das persoas que desexen realizar un adestramento o máis parecido á competición.

· Para esta actividade requírese un nivel físico mínimo como para aguantar en torno a 6-9 horas de actividade continuada a unha intensidade media. (según como se plantexe a actividade) así como ter unhas habilidades mínimas no manexo da BTT, o kaiak e opcionalmente da escalada: ascensión por vías de IV o V grado.

· Esixese ós participantes llevar en todo momento algún tipo de alimento durante el desenrolo da carreira: barritas enerxéticas ou similares, así como levar un teléfono móvil para chamar en caso de urxencia.

· Esíxese tamén saber nadar para desenrolar la actividad de kaiak de mar.


NOTA: realizarase unha reunión teórica sobre raid á xente interesada o Xoves 22 de Marzo.


1. Seccións:
§ BTT
§ Orientación específica (carreira de orientación).
§ BTT
§ Kaiak de mar.
§ Orientación urbana.
2. Material necesario:

1. Compás.
2. Material Obrigatorio de seguridade por Equipo sempre en carreira
1. 1 Asubío
2. 2 Mantas térmicas
3. Teléfono móbil co nº PIN e nº de Teléfono pegado por fora
3. BTT
1. BTT por corredor.
2. Casco homologado BTT
3. Kit de reparacións: Cámara reposto, bomba de aire, parches, kit de reparacións: desmontables, chaves allen...
4. Portamapas.(recomendable).
5. Bidón de hidratación ou camelback.
6. Chuvasqueiro.
4. Carreira de orientación:
1. Zapatillas deportivas. (recomendable).
5. Kaiak:
1. Casco de BTT.
6. Escalada:
1. Arnés.
2. Pes de gato (recomendable).
7. Outras cosas:
1. Barritas enerxéticas ou similares. (comida).
2. Roupa adecuada. (ollo ó frío ou choiva).
2. Inscripcións:
§ Inscripción antes do día Mércores 21 de Marzo do 2007, no local do club de Montañeiros de Pontevedra sita na Casa da Xuventude na rúa P. Fernando Olmedo s/n CP 36002. Pontevedra. Horario do Mércores a Venres de 21:00 a 22:00. Tfno: 609 713 646. Email:
cmponte@gmail.com.
§ Tamén en Caixa Nova 2080.0403.55.0040114637 poñendo o nome do equipo, nº de corredores do equipo e sinalando uso ou non de piragua.

7.3.07

Fotos da saída ó Fontefría


Boas noites de novo! Pasoume o Tato estas fotos para que vostedes disfruten. Sobre todo os que participaron da actividade. Para facer memoria foi o 12 de novembro despois da conferencia do Sr. Diemberger.



SAÍDA A SAN ISIDRO APRAZADA


Estimados socios, a saída de montaña que estaba prevista para o fin de semán do 17 e 18 de marzo queda aprazada para o 24 e 25 deste mesmo mes. Para que vos animedes aquí tedes unha foto da saída que fixemos no mesmo lugar hai uns cuantos anos. Tamén informar ós que vos animedes ó esquí de montaña que contamos con Tato que impartirá gustosamente os seus coñecementos nas pistas da estación.
Seguiremos informando

Vocalía de montaña

CONFERENCIA: "25 anos de Al filo de lo Imposible"


A FUNDACIÓN CAIXA GALICIA COMPRÁCENOS EN CONVIDARNOS Á CONFERENCIA QUE CO TÍTULO "25 ANOS DE AL FILO DE LO IMPOSIBLE" IMPARTIRÁ O RECOÑECIDO SEBASTIÁN ÁLVARO, DIRECTOR DO FAMOSO PROGRAMA DE TVE.


A CONFERENCIA TERÁ LUGAR O VENRES 9 DE MARZO ÁS 20:OO HORAS no Centro SocioCultural Caixa Galicia situado na rúa Xoán XXIII, 31.




Ecovixías: Bidueiral de Montederramo

Amigos da Terra organiza esta convocatoria que difundimos por si é do voso interés.


ECOVIXÍAS: BIDUEIRAL DE MONTEDERRAMO
III Andaina reivindicativa - 17 e 18 de marzo
O Bidueiral de Montederramo é unha das mellores fragas conservadas da provincia de Ourense pero corre o risco de desaparecer por unha irracional explotación cinexética intensiva.
O Bidueiral de Montederramo é un espazo natural que se atopa integrado na súa totalidade no termo municipal de MONTEDERRAMO, un dos dez de maior extensión da provincia de Ourense ocupando os derrames noroccidentais do gran nudo orográfico das Serras Centrais.
O Bidueiral de Montederramo está situado nun Lugar de Importancia Comunitaria cuxa protección legal e ambiental ven da Unión Europea como integrante da Rede Natura 2000.
O Bidueiral de Montederramo foi vítima da colocación dun cercado cinexético de 15.365 m de lonxitude aprobado pola Xunta de Galicia de Fraga.
O Bidueiral de Montederramo tenta ser protexido por un montón de cidadáns que desde fai anos veñen loitando pola supresión do cercado, xa que parte da flora que se atopa dentro do peche sofre danos pola carga existente de caza maior así como pola perda de biodiversidade pola impermeabilización que supón a citada malla e contando con 175 especies de fauna, diferentes.
O Bidueiral de Montederramo volve a convidar a todos aqueles que queiran coñecer un espazo natural único e reivindicar ante a Administración, a obriga de levantar o valado e depurar responsabilidades políticas e empresariais.
Ata cando imos esperar a que se respecte o patrimonio natural galego???
PROGRAMA:
PASANDO A FIN DE SEMANA NO C.E.A. - AS CORCERIZAS (www.ascorcerizas.com) na Serra de San Mamede, os horarios son os seguintes:
SÁBADO 17
DE MAÑÁ
10h- saída desde o aparcadoiro da Policía de Ourense en vehículos particulares
11h- chegada As Corcerizas
12h- camiñata a Rebordechao
13:30h- xantar a cargo de cada participante
DE TARDE
17h- pequena plantación de autóctonas
18:30h- charla sobre biodiversidade e sobre a serra de San Mamede
19:30h-historia sobre o Lobishome da serra
DE NOITE
21h- cea ecolóxica a cargo de As Corcerizas
22h- queimada e tempo de troula!!!
NOITE NO ALBERGUE
DOMINGO 18
DE MAÑÁ
9h- comeza o día
10h- almorzo a cargo de As Corcerizas
11h- saída hacia o Bidueiral
13:30h- xantar no Bidueiral a cargo de As Corcerizas
REGRESO CON HORARIO LIBRE
Necesaria inscrición!!
Cuota: 30€
Qué levar? Saco de durmir e toalla, roupa de abrigo e de chuvia, calzado cómodo.
Aqueles de vos que dispoñades de coche e non vos importe compartilo, facedeo saber ao inscribiros para que se poida repartir á xente que non ten cómo chegar, e difundide esta mensaxe, por favor!!!!
Para inscribiros chamade ao 988.37.43.18 e preguntade por Montse.

5.3.07

SENDERISMO POR EL MACIZO DE PEÑA TREVINCA




PUES ESTE FIN DE SEMANA HABRA LA SALIDA AL MACIZO DEL TREVINCA, CREO QUE VAMOS DORMIR EN UN ALBERGUE QUE NO TIENE DONDE DARNOS DE COMER O SEA QUE HABRA QUE LLEVAR COMIDA O COMER ABAJO, HABER QUE ME CUENTA NOVO Y LO COLGARÉ MIENTRAS TANTO UNAS FOTITOS, SAUDOS