15.12.10

Festa do nadal 2010



Festa do Nadal 2010


As festas do Nadal tamén chegan o club. O venres 17
de decembro, como xa ben sendo habitual, celebraremos
a chegada das festas e despediremos a temporada 2010
con viandas e espumosos variados. Será a partir das
20:30 horas para que todos os interesados poidan asistir.
Despois desto o club permanecerá pechado dende o mércores 22 de decembro ata o
vindeiro luns 10 de xaneiro de 2011, no que retomaremos
as actividades de xeito habitual. ¡Feliz Ano Novo!

¡Atención o cambio de data!
No Cairn figura o mércores 22 de decembro pero pasamos a festa o venres 17 para facilitar asistencia.

Fotos do evento pinchando aquí



8.12.10

Xincana 2010



XINCANA DO NADAL 2010
O vindeiro dìa 21 de decembro terá lugar a Xincana do Nadal Club Alpino Ourensán.
Unha nova edición da xincana de Nadal, en colaboración co Consello Municipal de Deportes de Ourense, nas instalacións do rocódromo no Pavillón dos Remedios. O martes 21, a partir das 19:00 horas para os nenos e a partir das 20:00 horas os adultos, nas citadas instalacións do rocódromo terá lugar a 6ª edición da Xincana Club Alpino Ourensán. Unha mistura de deporte e divertimento en probas ideadas por Mar e a realizar polos participantes nesta xincana que terá premios variados gracias a colaboración de Optica Tu Visión e Apersa. As inscripcións faranse no mesmo lugar e momento da proba.
¡Vemonos no rocódromo!



COLABORAN


OPTICA TU VISIÓN

APERSA


OS DATOS
Data: 21-12-2010
Lugar: Rocódromo Pavillón dos Remedios
Hora:
19:00 horas para os nenos
20:00 horas para os adultos

FOTOS DA XINCANA 2010 NESTE ENLACE

6.12.10

Tarxeta federativa 2011

A Federación Galega de Montañismo xa facilitou prezos e modalidades da Licenza federativa para 2011.
Podes consultar neste enlace : Licenzas 2011 na páxina da FGM www.fgmontanismo.com
Dende o club tramitaremos un primer lote de licenzas antes de que remate o ano. Si queres tramitar a túa ponte en contacto co club (local social, teléfono ou email) antes do 20 de decembro de 2010.

Prezos licenzas descargados de www.fgmontanismo.com

MUTUALIDAD GENERAL DEPORTIVA - www.mgd.es

MODALIDADE A MAIORES 45'45€

XUVENIS 34'95€

INFANTIS 21'60€

MODALIDADE B-1 MAIORES 65'45€

XUVENIS 54'95€

INFANTIS 35'60€

MODALIDADE B-2 MAIORES 93'25€

XUVENIS 82'75€

INFANTIS 75'95€

MODALIDADE B-3 MAIORES 121'10€

XUVENIS 110'60€

INFANTIS 103'80€

ASEFA, S.A. - SEGUROS E REASEGUROS

MODALIDADE BASICA A INFANTIS 13'44€

MODALIDADE B MAIORES 47'77€

XUVENIS 37'27€

MODALIDADE C MAIORES 79'93€

XUVENIS 65'64€

INFANTIS 26'49€

MODALIDADE D MAIORES 133'57€

XUVENIS 96'46€

INFANTIS 68'41€

MODALIDADE E MAIORES 611'50€

MAIORES 75 ANOS MAIORES 75 42'71€

¡IMPORTANTE!
Resumo de coberturas AQUÍ

Algúns socios están a preguntar polas condicións da cobertura ofertada pola "Mutua General Deportiva" xa que os precios en algunha modalidade son considerablemente mais baixos.
Existe algunha diferencia entre as duas compañias e son as seguintes.

1- Os tramites de partes de accidentes son mais rápidos e directos con ASEFA

2- Os precios da tarxeta federativa son mais baratos coa MUTUA

3- A MUTUA establece un periodo de cadencia (non corre cos gastos) de seis meses para os que escollan esta compañia por primeira vez..."Se establece un período de carencia de 6 meses, para intervenciones quirúrgicas y pruebas diagnósticas especiales (Tac's, Gammagrafías, Resonancias Magnéticas Nucleares,...), para todos los asegurados que causen alta en la Mutualidad por primera vez en el deporte así como para los asegurados que hayan estado desvinculados o no hayan sido beneficiarios del seguro de la Mutualidad la temporada anterior, excepto convenios especiales que pudieran establecerse"

4- Recentemente da MUTUA remitiron un comunicado no que ven a decir que si se demostra nas probas médicas que o dano sufrido non é por cusa do accidente o federado correrá cos gastos das probas realizadas.

Consultade as condicions dos seguros nas respectivas páxinas das compañias.

Enlace coa MUTUA
Enlace con ASEFA

1.12.10

Ancares


18.12.2010
Actividade de montaña aproveitando as primeiras e abundantes nevadas deste outono. A proposta e achegarse ata Piornedo, subir o Pico Mustallar de 1924 m. e regreso (opcional o Pico Cuiña). Todo nunha mesma xornada de ida e volta dende Ourense. Será o sábado 18 de decembro. Mais información no local social do club.

Fotos da actividad feitas por Victor Barro -ENLACE-