30.6.09

Escalada e praia


Escalada e praia
Monteferro
O sábado 04.07.09 partiremos cara Nigrán para visitar a escola de escalada sita en Monteferro. Practicaremos a escalada nesta fermosa escola a carón do mar e con vistas as Illas Cies. Escola de escalada ben equipada e con vías de graduación accesible de V e V+ na que disfrutaremos durante a mañá para logo marchar a comer e pola tarde toca momento lúdico na praia de "Patos"
Os Datos
Data: 04.07.09
Hora: As 10.00 dende o local social
Material: Toalla e protector solar. O material técnico aportado polo club.

24.6.09

IX Concurso fotográfico Club Alpino Ourensán


IX Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán

O vindeiro mes de xullo, o día 31, remata o prazo de presentación de traballos para a presente edición 09 do concurso fotográfico do club. Lembra que podes presentar as fotografías en formato dixital tanto en soporte físico como enviándoas por correo electrónico a calpinoo@terra.es, tal e como se reflexa nas bases do concurso:

“Presentación e envío. As obras entregaranse na sede do Club debidamente protexidas. O prazo límite de admisión de obras será o 31 de xullo de 2009, non admitíndose ningunha obra que chegue con posterioridade a este prazo. No sobre indicarase “IX Concurso de fotografía Club Alpino Ourensán”. Admítese formato dixital (mínimo 1 megabyte de resolución) en soporte físico ou mediante correo electrónico sempre dentro das datas especificadas e acompañadas doutro correo electrónico onde figure como “asunto” o lema e no texto os datos do autor.”

E estes son os premios os que podes optar coa presentación das túas fotos: Un 1º Premio de 250 euros, un 2º Premio de 150 euros e un 3º Premio de 100 euros. Ademais está o Premio especial do Club: 150 euros (Elixida en reunión pola Xunta Directiva como foto representativa do club)

BASES do CONCURSO

1. Concursantes e obras. Poderán participar tódolos socios do club que o desexen, excepto o gañador da edición anterior e os membros do xurado. Os autores poderán presentar un máximo de tres fotografías, en cor ou en branco e negro, non premiadas en calquera outro concurso. Só se admitirá un autor/a por obra.

2. Temática. Fotografías que estean relacionadas coas actividades levadas a cabo polos socios do club en tódalas súas modalidades: imaxes de montañismo, sendeirismo, escalada, esquí, espeleoloxía, descenso de canóns, paisaxes, flora, fauna, as súas xentes...

3. Tamaño e presentación. O formato fotográfico é libre, cun tamaño de papel mínimo de 20x30 cm.e máximo de 30x45 cm. As fotografías non deberán ir montadas nin reforzadas sobre cartolina, nin con passepartout. Farase constar no dorso de cada fotografía só o título da obra. Por cada fotografía e nun sobre pechado, indicando “IX Concurso de fotografía Club Alpino Ourensán” e o “título da obra”, deberá ir unha tarxeta co nome e apelidos do autor/a, teléfono, correo electrónico, título da obra e un breve texto explicativo, indicando como mínimo o lugar da fotografía e o equipo fotográfico empregado.

4. Presentación e envío. As obras entregaranse na sede do Club debidamente protexidas. O prazo límite de admisión de obras será o 31 de xullo de 2009, non admitíndose ningunha obra que chegue con posterioridade a este prazo. No sobre indicarase “IX Concurso de fotografía Club Alpino Ourensán”. Admítese formato dixital (mínimo 1 megabyte de resolución) en soporte físico ou mediante correo electrónico sempre dentro das datas especificadas e acompañadas doutro correo electrónico onde figure como “asunto” o lema e no texto os datos do autor.

5. Premios. Cada autor só poderá acadar un premio. O importe do premio farase con cheques regalos que poderán ser trocados nos establecementos patrocinadores do concurso. Dotación dos premios:

· 1º Premio de 250 euros - 2º Premio de 150 euros - 3º Premio de 100 euros

· Premio especial do Club: 150 euros (Elixida en reunión pola Xunta Directiva como foto representativa do club)

6. Xurado e resolución. O xurado, estará formado por ao menos un profesional da fotografía, polo gañador do concurso anterior e por un socio do club elixido pola Xunta Directiva de entre os que se presenten como voluntarios. O resultado comunicaráselles aos gañadores por teléfono ou correo electrónico e farase público a partires do 1 de outubro.

As decisións do xurado serán inapelables.

7. Difusión, exposición e entrega de premios. O club Alpino Ourensán, conxuntamente co Outono Fotográfico, realizará unha exposición coas obras seleccionadas, do 1 ao 15 de novembro de 2009. A entrega de premios efectuarase na cena anual do club da que se dará cumprida información. As obras seleccionadas poderán saír editadas en publicacións posteriores, coa intención de difundir o concurso, sen ánimo de lucro. Nas obras expostas e/ou publicadas indicarase o autor/a.

8. Disposición das obras. As obras premiadas quedarán en propiedade do Club Alpino Ourensán, que poderá copialas ou utilizalas sen limitación de medios, tempo ou lugar, para promoción e divulgación, con indicación do nome do seu autor/a. As obras non premiadas poderán ser retiradas polos seus autores no Club, a partires do 16 de decembro de 2009. Se as obras non son reclamadas antes do 13 de febreiro de 2010 enténdese que o autor renuncia a elas.

9. Observacións. Os participantes responsabilizaranse totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como de toda reclamación por dereitos de imaxe. A organización poñerá o máximo coidado na conservación das obras, pero non se responsabilizará das posibles perdas, subtraccións ou deterioro. A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nestas Bases. A concorrencia a este concurso implica a aceptación das presentes Bases.

19.6.09

Muiños 09

27 e 28 de xuño de 2009
Muiños 09
Multiactividade deportiva e social na Serra do Xurés. Este ano, a pesar de solicitalo a finais de maio, non dispomos do albergue da zona recretiva do Corgo polo que faremos noite no refuxio da FGM en Albite situado en plena serra.
Do resto todo segue do mesmo xeito que nestes ultimos anos. O sábado actividade de sendeirismo e escalada para adultos e nenos e pola noite cena o aire libre a base de churrasco e sardiñada.
O domingo a partir das 11:00 horas actividade de piraguismo no encoro das "Conchas"
O xantar do domingo farémolo con empanada ou similar.
Domingo tarde libre.
Mais infromación no local social.
Os Datos
Data: 27 e 28 de xuño
Saida: O sábado as 10:00 dende o local social
O grupo de sendeirismo sairá as 09:00 horas
Material: Saco de dormir+bañador+...

O Refuxio

SERRA DO XURÉS - ALBITE (Muíños)

50 Prazas en liteiras

Auga corrente, servizos, ducha con auga quente, luz eléctrica, calefacción, botiquín, lugar para cociñar e cheminea.

Mais información no local social

13.6.09

Actividad Infantil - Espeleoloxía (fotos)


Actividade Infantil
Espeleoloxía

Nova actividade infantil relacionada coa espeleoloxía. Nesta ocasión visitaremos, xunto co grupo de espeleoloxía do club, as covas de Cobas (O Barco de Valdeorras) e concretamente a cova chamada "A Pombeira", unha curiosa formación que no seu percorrido abre ventás o exterior que son empregadas pola pombas para durmir (de ahí o seu nome). Faremos uso de barcas inchables para aceder a entrada da coba que se atopa na marxé dereita do río Sil.
Se contamos con tempo suficiente visitaremos outra coba,"O Alfarero", que se caracteriza por unha sala chea de barro da que é imposible sair sen mancharse.

Os Datos
Data: 21-06-09

Hora: As 09.30 dende o local social do club

Material: Mono de traballo ou similar. Roupa de recambio. Botas de augua. Casco. Comida. o material técnico aportado polo club.
21 de xuño de 2006
As fotos da actividade


Preparandose para navegar a procura da cova...


En plena travesía...


A entrada, ou saida, da K1...


en plena exploración...


Atentos as indicacións dos maiores...


e disfrutando da actividade...


o igual que os pais...



¡Vémenos na seguinte!


12.6.09

Espeleoloxía

ESPELEOLOXÍA
O Barco de Valdeorras

Actividade espeleolóxica no Barco de Valdeorras o vindeiro domingo día 21 de xunio. Visitaremos algunha das covas desta zona espeleolóxica por excelencia da nosa provincia. As cova a visitar dependerá do número de participantes e dos grupos que se fagan. En calquiera caso serán cavidades que non precisen equipamento de vertical polo que esta actividade é de escasa dificultade.
OS DATOS
DATA:21.07.09
HORA: As 09:30 dende o local social do club
Material: Mono de traballo ou similar, comida (materila técnico aportado polo club)

Maís información no local social

10.6.09

Proxección diapositivas Espeleoloxía


Proxección diapositivas Espeleoloxía

O grupo de espeleo do club ten preparada para este venres unha proxección de diapositivas temática en relación coas súas actividades. Estades todos invitados este venres no local social as 21:00 horas.
15:06.09 Fotos do evento, o primeiro que se celabre no novo local social, con alta participación e todos atentos as imaxenes e comenterios feitos por Mon, artifice da proxección.

8.6.09

Peña Santa aplazado


A ascensión a Peña Santa queda aplazada para o mes de setembro debido á abundante capa de neve que ainda queda pola zona e que nos complicaría en exceso esta ascensión que xa de por si e bastante esixente.

Iº Trofeo de Orientación Pedestre Concello Cangas (20 de Xuño)-Montañeiros A Roelo

Ola, o sábado 20 de xuño deputarase esta proba da liga galega de carreiras de orientación nun mapa novo a escala 1:10000, elaborado neste últimos meses por dous excelentes cartógrafos búlgaros. Un deles, Valentín Vladimirov, vello coñecido dos orientadores galegos polo seu bó traballo en Canzobre-Arteixo.

A proba, organizada polo Clube Montañeiros de Pontevedra e A Roelo, desenvolverase no piñeiral dunar da espectacular praia de Barra con saída e meta na zona de Nerga. Aqueles que queiran ir teñen que inscribirse antés do mércores 17 de xuño.

A zona é excelente para aproveitar o día con outras actividades como escalar nos sectores próximos como o de Donón.

Máis información actualizada próximamente en:

http://es.geocities.com/webagaco/ga/principal.html