23.4.08

Moledizos, Bermeja e máis...



1,2,3 e 4 de maio - SOTO DE SAJAMBRE

Esta actividade que estaba prevista en principio para a fin de semana vamos a alargala para aproveitar a ponte e disfrutar do "xardín de Peña Santa" a tope...
Tomaremos como base de operacións o albergue Peña Santa en Soto de Sajambre e entre os obxectivos da saída temos os Moledizos, a Torre Bermeja, o Jario, Peña Beza e algunha sorpresiña para acabarlle coa memoria á cámara...


ATENCIÓN: Temos apalabrado os almorzos e cenas no Hostal pero necesitamos que vos apuntedes no club canto antes para confirmar o número de prazas. O xantar será de ataque así que podedes meter uns chouriciños na mochila.


Data: 1 de maio
Hora: 09:00
Punto de encontro: Local social
O que se precisa:
Saco de durmir e apetrechos varios para aseo (cada un..)
Vestimenta e botas de montaña, mochila, casco, piolet e crampóns
Prezo: Aprox. 90 euros (Inclúe aloxamento en albergue, almorzo, cena, cuota para o club e monitores. Non inclúe gastos de desprazamento)



17.4.08

Jornada de Espeleologia - Proyecto Conoce


La jornada de Espeleologia que estaba prevista para el dia Sabado 26 de Abril se traslada al dia siguiente, Domingo 27 de Abril.

Los interesados en participar pueden anotarse en el Club hasta el proximo Miercoles 23 de Abril como ultimo dia.

El numero de plazas es limitado.

Es preciso llevar el siguiente equipo:

- Funda o mono de trabajo para ponerse, o ropa vieja que pueda mancharse.
- Botas de goma.
- Guantes resistentes para proteger las manos.
- Linterna frontal (podemos facilitarla si no se dispone de ella)
- Casco (podemos facilitarlo)
- Es conveniente muda o ropa seca para cambiarse despues.
- Comida y bebida para pasar el dia.

La actividad se desarrollara en el Caurel, tal y como aparece indicado en el calendario de actividades de la página web del Club y en este mismo foro.

Mas informacion en la oficina del Club.

14.4.08

CÑ.08 - Actividad Infantil en Pena Corneira-FOTOS-

CÑ.08

Actividad Infantil-Pena Corneira
A actividade infantil do mes de abril estába incluida dentro do Coñece 08 e fixémola en Pena Corneira, flamante novo espazo natural protexido, onde os pequenos exerceron de exploradores con unha proba de rastreo por entre os penedos e as árbores a percura do oso da Pena. Os encargados das actividades infantís fixeron gala de imaxinación e tiveron a os rapaces buscando entre pedras e árbores a un oso que se deixaba ver a o lonxe trepando polas rocas e removendo a vexetación. Finalmente deron ca cova do oso e resultou ser un bicho afable que morría por un pouco de augua.
Antes do xantar xogos organizados por Ososanti e pola tarde montamos unha tirolina con gran éxito despois de que baixase o primeiro e levantara unha morea de augua co traseiro.
¡Vémonos na seguinte actividae en maio!

Os datos
Data: 27.04.08
Hora: 11:00
Punto de encontro: Area recreativa de Pena Corneira
Participantes: 14 nenos e 15 adultos











OUTRAS ACTIVIDADES CÑ.08

COÑECE A ESPELEOLOXÍA 26.04.08 / COVAS. O BARCO DE VALDEORRAS
Actividade espeleolóxica nunha cavidade sinxela para adestrarse na exploración do mundo soterrado.
COÑECE SENDEIRISMO 17.05.08 / OS PEARES –OURENSE
Percorrido axeitado a todo tipo de camiñantes, con escaso desnivel acumulado, e que discorre a beira do Río Miño.
COÑECE O DESCENSO DE BARRANCOS 17.05.08 / PONTICELA
Pequeno barranco ideal para dar a coñecer dun xeito sinxelo como se desenrola o descenso neste peculiar medio natural.
COÑECE A BICICLETA DE MONTAÑA 25.05.08 / A DERRASA
Circuíto por sendeiros e pistas de escaso desnivel e pensado para iniciar a os interesados na BTT.
COÑECE A ESCALADA 24.05.08 / FEAS Escola de Escalada “Baltar”.
Visitaremos esta pequena escola de escalada con vías doadas e axeitada para “trepar” por primeira vez.

11.4.08

BTT Serra Martiñá - Fotos

BTT Serra Martiñá
Actividade de bicicleta de montañ pola Serra Martiñá na que faremos unha variante da ruta empregada no ano 2006. Nando preparou esta variante pero non sabemos si neste novo trazado depara as mesmas sorpresas ¡aquela baixada do demo! ca versión orixinal. ¡O domingo saberemolo!

OS DATOS
Data:13.04.08
Hora:9:30
Dificultade:Media-dura?
Nota: As condicións climatolóxicas poden modificar a actividade

E de feito a actividade modificouse xa que a chuvia fixo acto de presencia polo que os 6 participantes que se decidiron por pedalear "pasando" do tempo optaron por facer a ruta Cenlle - Os Castros - A Manchica, ruta que permite unha escapada para a casa en caso de que a cousa se puxera complicada. En total foron 60 Km. en catro horas cunha climatoloxía cambiante. Estas son as fotos:



8.4.08

Picos de Fontefría-CÑ.08 - FOTOS

Coñece.08- Montaña

Primeira das actividades do Coñece de 2008. O pasado ano visitamos Os Ancares e nesta ocasión a sección de montaña abre a presente edición cunha visita a os Picos de Fontefría situados na Baixa Limia e dentro do Parque Internacional Xurés-Gerés. Fermosas moles de granito espalladas a o longo do parque e que nos permitiran facer un achegamento o mundo da montaña du xeito sinxelo.

OS DATOS
Data: 12.04.08
Hora: 10:00
Participantes: 14

A pesar das pésimas previsións meterolóxicas 14 socios optaron por intentalo e ainda que non fallaron as previsións (choveu, fixo vento e nevou) cando a nevoa nos deixou ver onde demo estaba o Fontefría fumos alí e acadamos o cume os 14 nunhas condicións adversas e montando un par de seguros con cintas (sobre todo para o descenso). A actividade completouse co retorno por unha ruta distinta a da ida para ter unha visión mais completa ds serra.




Outras actividades CÑ.08

COÑECE A ESPELEOLOXÍA 26.04.08 / COVAS. O BARCO DE VALDEORRAS Actividade espeleolóxica nunha cavidade sinxela para adestrarse na exploración do mundo soterrado.

COÑECE AS ACTIVIDADES INFANTÍS 20.04.08 / PENA CORNEIRA Doado percorrido de rastreo por entre as árbores e os penedos desta fermosa paraxe natural para divertimento dos mais pequenos.

COÑECE SENDEIRISMO 17.05.08 / OS PEARES –OURENSE Percorrido axeitado a todo tipo de camiñantes, con escaso desnivel acumulado, e que discorre a beira do Río Miño.

COÑECE O DESCENSO DE BARRANCOS 17.05.08 / PONTICELA Pequeno barranco ideal para dar a coñecer dun xeito sinxelo como se desenrola o descenso neste peculiar medio natural.

COÑECE A BICICLETA DE MONTAÑA 25.05.08 / A DERRASA Circuíto por sendeiros e pistas de escaso desnivel e pensado para iniciar a os interesados na BTT.

COÑECE A ESCALADA 24.05.08 / FEAS Escola de Escalada “Baltar”. Visitaremos esta pequena escola de escalada con vías doadas e axeitada para “trepar” por primeira vez.






3.4.08

5/6 ABRIL "XORNADAS ESCALADA FARO DE BUDIÑO "

Hola a tod@s:

Comenzamos la temporada de escalada con unas xornadas al :

FARO DE BUDIÑO (Porriño)

Salida: Sábado a las 9/30 del club

Pernocta en tienda o vivac (a gusto del consumidor) con churrasco nocturno.

Quedaremos el viernes a las 21/00 en el club para ver el material que tenemos que llevar (tiendas, arnes, casco, cuerdas....carne para el churrasco) y organizar los coches.

Obligatorio: estar federado

Saudiños
Mar