29.6.06

I RAID VALDEORRAS DE AVENTURA E ORIENTACIÓN 2006-C.A.M. (1º Comunicado)

Para ir animandovos aí van as primeiras informacións. O luns que ven abrírase a web da proba e máis adiante darase máis información sobre o material que se necesita que básicamente vai ser: bici de montaña co seu kit de reparacións, casco, arnés, cabos e mosquetóns de seguridade e descensor. A equipa típica soe estar formada por tres persoas (pode ser mixta). Dúas estarán sempre en competición e a terceira cun coche irá de transición en transición coas bicis e o resto do material que se precise. O asistente pode facer relevos a calquera das dúas persoas se quere para darlle descanso nalgún tramo. Neste caso a cuota seria de: 15+11+11+11=48 euros que cubriria aluguer de pirauga e seguros.


“I RAID VALDEORRAS AVENTURA 2006”
DE ORIENTACIÓN
1º Comunicado
II Copa Galega de Raids de Aventura
SÁBADO, 9 DE SETEMBRO DE 2006
35º ANIVERSARIO DO C.A.M.
PARQUE NATURAL SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA
PENEDOS DE OULEGO
ORGANIZAN:
CLUB ALPINO OURENSÁN-CLUB ALPINO MANZANEDA (C.A.M.)
CONCELLO DE O BARCO DE VALDEORRAS
COLABORAN:
CLUB PEÑA TREVINCA-O BARCO
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE, XUNTA DE GALICIA
ASOCIACIÓN GALEGA DE CLUBES DE ORIENTACIÓN (A.Ga.C.O.)
FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ORIENTACIÓN (F.E.D.O.)
MÁIS INFORMACIÓN EN:
http://usuarios.lycos.es/raidvaldeorras/index.htm
www.arrakis.es/~ppnovo/cam/indexg.htm
INTRODUCCIÓN
O Club Alpino Ourensán-Club Alpino Manzaneda (C.A.M.) no seu 35º Aniversario e o Concello de O Barco de Valdeorras queren apostar por novas modalidades do Deporte na Natureza, polo que se pracen en ofrecervos o primeiro Raid de Aventura e Orientación con recoñecemento da Asociación Galega de Clubes de Orientación (A.Ga.CO.) e da Federación Española de Orientación (F.E.D.O.), que se realiza na provincia de Ourense, no marabilloso contorno das Terras de Valdeorras.
PRESENTACIÓN
O I RAID VALDEORRAS AVENTURA 2006 DE ORIENTACIÓN é a 4ª proba puntuable para a II Copa Galega de Raids. Vai consistir nun percorrido con mapa e búxola por equipas -modalidade RACE NON-STOP diurno de etapa única- con aproximadamente un mínimo de 50 kms e un máximo de 80. Haberá seccións de: treking, B.T.T., caiac, rápel e tiro con arco. Tamén haberá probas de coñecemento do patrimonio histórico e natural. A proba durará desde o sábado ás 9 da mañán ás 7 da tarde. Haberá unha categoria única de Promoción con distintas opcións de percorridos tanto para as equipas máis preparadas como para aquelas que queiran divertirse dun xeito activo.
TERRAS DE VALDEORRAS
O CONCELLO DE O BARCO DE VALDEORRAS ocupa o centro dunha bisbarra situada na parte máis nororiental da provincia de Ourense, na Comunidade Autonóma de Galiza (España), onde abundan os resaltes verticais de caliza e a lousa. As súas corredoiras sulcan viñas de Godello e Mencía da excelente Denominación de Orixe Valdeorras. Abundan os soutos de castiñeiros e as fragas con flora de transición Atlántico-Mediterránea. Todo salpicado de regatos que rematan no río Sil, o cal discorre paralelo a Via Nova ou XVIII, antiga calzada romana que une Astorga con Braga, formando parte do Itinerario Antonino, no contorno do Parque Natural Serra Da Enciña Da Lastra-Penedos De Oulego.
PROGRAMA
Venres, 8 de Setembro de 2006:
.- 19:00 h: Apertura do Secretariado no Pavillón Municipal da Praza do Concello
Sábado, 9 de Setembro de 2006:
.- 08:30 h: Reunión Informativa Obrigatoria
.- 09:00 h: Saída Masiva
.- 19:00 h: Peche de Meta
.- 21:30 h: Cea de Convivencia
.- 22:30 h: Entrega de Premios e Sorteos
TERREO
Relevo e vexetación de transición Atlántico-Mediterránea propia da zona SE de Galiza con pendentes pronunciadas, grande profusión de vaguadas con auga estacional e vexetación espesa no seu fondo, combinando con zonas semi-abertas de eidos, lameiros e viñedos. Zonas semi-limpas de soutos de castiñeiros e fragas con aciñeiras, sobreiras, carballos e piñeiros; combinadas con outras de vexetación de penetración media ou impasable con bordes definidos de carqueixas, piornos e estevas. Abundancia de carreiros e detalles, principalmente rochas e escarpados de caliza e lousa.
REGULAMENTOS
Son os seguintes:
REGULAMENTO DO RAID VALDEORRAS AVENTURA 2006 (Lectura obrigatoria. Disponible na web co 2º comunicado) e os os correspondentes da A.Ga.C.O. e a F.E.D.O.., máis os das distintas modalidades e o Regulamento de Seguridade Vial. (máis os propios das distintas modalidades e a normativa viaria)
PREMIOS
1ª EQUIPA: 500 EUROS E MEDALLA DE OURO
2ª EQUIPA: 300 EUROS E MEDALLA DE PRATA
3ª EQUIPA: 200 EUROS E MEDALLA DE BRONCE
4ª EQUIPA: Lote de Material Deportivo A
5ª EQUIPA: Lote de Material Deportivo B
6ª EQUIPA: Lote de Material Deportivo C
Ademais haberá Premios Sorpresa e Sorteos entre os participantes na cea de convivencia.
INSCRICIÓNS
Só para maiores de 18 anos. Haberá prazas limitadas. A proba é de categoria Promoción, podendo ser as equipas de carácter mixto, sendo obrigatorio contar cunha asistencia con veículo a motor. O formato mínimo das equipas pode ser:
2+0: 2 raiders en competición máis 1 asistente que non poderá ser relevista.
2+1: 2 raiders en competición máis 1 asistente, que poderá ser ou non relevista.
Pode haber un máximo de 6 compoñentes na equipa (ou até 8 se este aumento é feminino). Todas aqueles persoas que entren en competición -só dous en cada sección- teñen que pagar a sua cota unipersonal (ver máis abaixo).
A inscrición da dereito a: licenza-seguro de proba (para quen non teña a de Raid-FEDO); pernocta en chan duro no pavillón municipal nas noites de venres e sábado (traer saco e esterilla); mapas e documentación; aluguer de caiac; os obsequios para os participantes (camisola conmemorativa,...), e a cea de despedida xunto cos sorteos de agasallos.
A CUOTA DE INSCRICIÓN será a suma da cuota de equipa: 15 euros máis a cuota individual, que a maiores cada membro da equipa (que participe en cando menos nunha sección) terá que aboar en función da súa condición:
Socios dos Clubes Alpino Ourensán e Pena Trevinca-O Barco e Posuidores de licencia Raid-F.E.D.O.: 11 euros
Posuidores de licencia F.E.D.O.: 15 euros
Non federados FEDO: 20 euros
ATENCIÓN! abrírase a inscrición do 16 de Agosto ao 4 de Setembro inclusives, mediante o FORMULARIO DE INSCRICIÓN que hai na web de USO OBRIGATORIO, enviandoó ao correo electrónico:
Raidvaldeorras@lycos.es
Ingresar co concepto “Inscrición Raid Valdeorras-Nome da Equipa” no Banco Popular no nº de conta :
0075-0457-69-0700557479
Non se considerará formalizada a inscrición até recibir resgardo do ingreso bancario no fax: 988-32-59-78 ou no devandito enderezo electrónico:
OBSERVACIÓNS
Dado o carácter da proba é imprescindible contar coa preparación físico-técnica axeitada e o material pertinente en perfectas condicións de uso. Atravesaremos un espazo protexido polo que a súa preservación e tarefa de todos e todas. Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade sobre as suas pertenzas i en caso de accidente ou lesión.
CONTACTOS E ORGANIZACIÓN
Director de Carreira: Xan M. Trigo Recarey: 606-130-120
Director Técnico: Alberto Asensio Campazas: 629-632-999
Director de Seguridade: Luis Ramos Alvárez: 680-429-676

27.6.06

Muiños 2006

Muiños, unha clásica nesta a súa cuarta edición, presentábase este ano con certa incertidumbre por mor do tempo pero, tanto o grupo de sendeiristas como os dos ecaladores, agradeceronse os intervalos nubosos que aplacaron con acerto a fogosidade do verán en terras de Bande.
Os sendeiristas percorreron durante 8 horas as terras do Gerés disfrutando da paixase singular deste parque natural transfronteirizo para logo achegarse o albergue da zona recreativa de Muiños a percura dunha ducha e listos a preparar unha parrillada de sardiñas, pouco dispostos a esperar a chegada dos escaladores,tal era a fame, para unha cena o aire libre.
Pola súa banda os escaladores achegaronse o pe dunhas moles de granito, percorrendo durante media hora un fermoso bosque de carballos un tanto asilvestrado, perto de Muiños. Unha vez situados ocupouse atarde en escalar unha fermosa placa con unhos "señores" pitotes para logo practicar a escalada co uso de clavixas e fisureros nuha fisura que levaba a outra placa tamén plagada de pitotes que actuan como imans para os dedos. Logo disto, e tras unha chamada polo sempre presente movil que os avisaba de que os sendeiristas andaban a voltas ca parrilla, apresurouse a volta o albergue.
Os superviventes da cena e posterior festa do sábado, adicaronse o domingo a percorrer o Encoro das Conchas en piragua acompañados de duas barcas tipo zodiac en previsión dalgunha recaida postfesta. O vindeiro ano maís.
Os escaladores achegandose a zona de escalada.

María escalando a placa dunhos 30 metros. Eloisa asegura e Raquel a descansar.

En primeiro plano a fisura equipada con clavixas e fisureros. Alfredo mira con certo recelo e María xunto con Alberto tamén parecen dubidar.
Outra toma da placa con Marcos en acción.
Un momento da cena, cando ainda non temblaba o pulso.

24.6.06

Pirineos, fromage & canard.







Xa estamos de volta, au revoir la France et bienvenues en Espagne.
Coma sempre, voltamos co ánimo renovado despois de disfrutar dos collados fuxitivos, das crestiñas infernais, das xélidas augas dos ibóns, dos tresmiles e ata das "latas de sardiñas" de oito prazas con aparato eléctrico incluído.
Despois de visitar os fermosos vales franceses, traspasar fronteiras naturais e violar liñas divisorias sintéticas onde se confunde o Bonjour cos Buenos días, de moito salchichón e fromage, de patacas con cebola e de la biere presión . Vimos fisicamente cansos e espiritualmente cheos de ledicia por cumprir obxectivos, coñecer, vivir e convivir. Chegamos novos porque renovamos os nosos votos coa montaña, porque afrontamos este pequeno desafío de subir ó máis alto, eu creo que para intentar divisar desde 3000 metros de altura o noso futuro individual e colectivo. E desde aló arriba algo se vai vendo dese futuro...

Bueno, bueno, bueno, que filosófico me puxen. Ala, ahí van unhas fotiños en plan remember pero non hai como sentilo en directo. Farían falta millóns de megapixeles para capturar semellante fartura de natureza.


Ángel Barrio Alonso

22.6.06

BTT PICOS DE EUROPA

















PICOS DE EUROPA 2006. VUELTA AL MACIZO CENTRAL


CARLOS AND CARLOS PEGGY Rutas y Aventuras organiza la vuelta al Macizo Central de los Picos de Europa.Comenzamos en la pintoresca localidad de Posada de Valdeón para realizar una primera jornada donde salvaremos 2200 mts de desnivel acumulado con un bonito sendero final con vistas al Naranjo, que nos llevará hasta el escarpado pueblo de Tielve. El segundo día nos lo tomaremos con más calma, recorriendo la Senda del Cares para regresar a Posada de Valdeón. Para reponer fuerzas, degustaremos los platos típicos de la gastronomía local y descansaremos en Hostales de Posada de Valdeón y Tielve. Todo ello sin prisas y con un solo objetivo: VIAJAR EN EL MAS AMPLIO SENTIDO DE LA PALABRA: Disfrutar de la bici, de la Naturaleza, de la gente que conoceremos, de nosotros mismos...
Salida: DOMINGO 16 a las 16:00 h. DEL CLUB ALPINO
Ruta LUNES 17: Posada de Valdeón - Tielve. Distancia: 50 Km Nivel Alto PARA TODO EL DIA.
Ruta MARTES 18: Tielve-Posada de Valdeón. Distancia: 26 Km Nivel Medio
Llegada: MATES A LA TARDE
Incluye: alojamiento en hostales, pensión completa, ESCEPTO EL BOCATA DEL LUNES.


Precio: 100 Y 150 EURITOS INCLUYENDO EL GASTO DE GASOLEO Y DEPENDIENDO DE LA DEMANDA, QUE YA ES MUCHA, LA OPCION DE ALQUILAR FURGALLA PARA LAS BICIS, CON LO CUAL REDUCIMOS EL GASTO DE COCHES, MIRAREMOS SI COMPENSA.

MAS INFORMACION CARLOS PEGGY O CARLOS COLES. BESOS PA TODOS


Precio para socios del Club Mammoth: 160,00 €

20.6.06

Orientación en Manzaneda


O domingo 18 tivo lugar a saida de orientación en Manzaneda onde, partindo do refuxio do club seguimos unha ruta na percura de 11 balizas, colocadas previamente por Xan e Celso, nos lugares maís dispares da serra.



Armados cun mapa e tras unhas breves explicacións dos organizadores os distintos equipos partiron a busca das citadas balizas.



Ana e Gonzalo co mapa en man a percura da baliza número 8.

A baliza número 9 marcaba o punto maís lonxano do percorrido, a partir de aquí toca voltar buscando o resto de balizas ata o refuxio. Unha experiencia moi interesante que repetiremos en setembro no raid organizado polo club.

15.6.06

Xornadas de Orientación

XORNADAS DE ORIENTACIÓN PARA SENDEIRISMO E BTT
O Club Alpino Ourensán prepara para o domingo día 18 do presente mes unhas xornadas de orientación para os aficionados o sendeirismo ea BTT. Actividade básica e sinxela de orientación pensada para os non iniciados nestes temas e na que, armados cun mapa, faremos un pequeno percorrido pola serra na percura das balizas colocadas a tal efecto. O rematar a actividade teremos un xantar social no refuxio.¡Animadevos!
INFORMACIÓN
DATA: 17-06-06
HORA: As 10:00 no refuxio do club en Manzaneda
DIFICULTADE: Doada
XANTAR: No refuxio o rematar a actividade (15:00).Organizado polo club.
MATERIAL: O específico de orientación facilitado polo club.
CONTACTO: 988 232 628 o venres de 20 a 22 horas.

10.6.06

Xa ven o 1º Raid Valdeorras 2006-CAM

En breve, estrearemos a web desta novidosa proba de orientación multiaventura. A partir do luns haberá trípticos da mesma na sé do clube e colgárase tamén eiquí!

4.6.06

BTT PICO DE EUROPA PROUESTA PARA JULIO






QUERIDOS AMIGOS ESTOY ANSIOSO DE REPETIR LA RUTA QUE HICE EN BTT EL VERANO PASADO, PERO ESTA VEZ SIN ATAJOS, ME GUSTARIA HACERLA CUALQUIER DIA DEL MES DE JULIO, PREFERENTEMENTE POR LA SEMANA ASÍ QUE SI ALGUIEN SE ANIMA A DAR FECHA YO ME ADAPTO.LA RUTA EN DOS DIAS SE HACE SALIDA DE POSADA DE VALDEON-ESPINAMA-TIELVE, TIELVE-POSADA DE VALDEON. ANIMO¡
AHI VA EL MAPA DE LA RUTA Y UNAS FOTITOS DE LA RUTA QUE HICE EL AÑO PASADO,