13.3.13

FINALIZADAS 

LAS JORNADAS DE DESCUBRIMIENTO DE LA ESPELEOLOGÍA

 

"CLUB ALPINO OURENSÁN"



 GES-CAM
(Grupo de Exploraciones Subterráneas del Club Alpino Manzaneda)

Este fin de semana, día 9/10 de Marzo, el GES-CAM ha
Concluido las jornadas de descubrimiento de Espeleología; celebradas en O COUREL-Lugo.
Un lugar mágico, con una reserva botánica hermosa y rica de Galicia.

Esperamos haberos dejado con un buen sabor de boca.




 MIL GRACIAS CHIC@S POR HABEROS ADENTRADO EN ESTE MUNDO....

8.3.13

Curso de iniciación a escalada


Curso de iniciación a escalada

Club Alpino Ourensán en colaboración co Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense oragniza un curso de iniciaicón a escalada no rocódromo do Pavillón dos Remedios.
Curso orientado a todas aquelas persoas que queiran introducirse con seguridad na escalada e aprender as maniobras básicas de seguridad para realizar vías equipadas dun largo con descolgue.

O curso está dividido en catro xornadas de 2 horas o luns/xoves (2 turnos dependendo dos interesados). Facilitade o voso email en 
clubalpinoourensan@gmail.com no momento de apuntarse e o monitor contactará cos cursillistas para concretar horario. As opcións son:
A - De 17:30 a 19:30 horas os días 18/3, 1/4, 8/4 e 15/4
B - De 21:30 a 23:30 horas os días 21/3, 4/4, 11/4 e 18/4

Prazas
Máximo 8 personas

Material necesario
Roupa e calzado cómodo. Pes de gato o que teña. 
As datas do curso poden estar suxeitas a modificacións.
Apúntate en clubalpinoourensan@gmail.com por teléfono ou no local social en horario de apertura.
HORARIO: Luns, Mércores 19:30 a 21:00 horas Venres 20.00 a 21.30 horas

5.3.13

Coñece a Montaña


COÑECE A MONTAÑA
ASCENSIÓN AO MUSTALLAR, ANCARES (1.924m)
Venres e sábado 15 e 16 de marzo de 2013

O Mustallar é quizais a montaña máis mítica dos Ancares. Sen ser a máis elevada e sen chegar a cota de 2.000 m, a súa orografía convírtea en ideal para iniciarse no montañismo. De pendente moderada, a ruta proposta é unha circular que non presenta dificultade técnica de ningún tipo pero si é esixente físicamente.

Compre sinalar que éste é o lugar de paso histórico entre Leon e Galicia, entre os dous pobos que simbolizan a historia, os usos e as costumes únicas que ainda se conservan neste lugar: Piornedo (En Galicia) e Burbia (En Leon).

Teremos a posibilidade de coñecer este primeiro, coas súas tipicas pallozas e piornos, propias dunha rexión no que o medio labrou a súa imaxe as poboacións que a habitan. Un lugar único a nivel medioambiental e paisaxísitico que une máxicamente tres comunidades irmás: Galicia, Castela e Asturias, separadas por unha cordilleira, os Ancares, e un pico, o Mustallar.

Planing:
Saída do parquing da policía nacional de Ourense o venres 15 pola tarde.
Noite no refuxio de Ancares na localidade de A Degrada.
Desprazamento a Piornedo cedo pola mañá e comezo da ascensión.
Volta a Piornedo e de aquí de volta para Ourense o sábado 16 pola tarde.
Chegada a Ourense pola noite.

Información técnica

- Ruta aproximada
- Lonxitude da ruta: 11 km aproximadamente
- Desnivel: 850 m
- Material necesario: Crampons e piolet (ver taboa de inscripción)
- Material recomendado: Roupa de abrigo, botas de montaña, saco, impermeable, guantes e gorro.

Información práctica

- Durmida: Aloxarémonos no albergue de Ancares na localidade de A Degrada. Recomendable saco de durmir.
- Comida: É posible cenar e almorzar no albergue ou na propia localidade de A Degrada.
Tamén é posible levar comida e cociñar no albergue. (nese caso levar todo o necesario)
(Ver taboa de inscripción)
- Transporte: Organizaremos o transporte en coches particulares. (Ver taboa de inscripción).
- Prezo: 22 € para non socias, 12 € para socias.
O prezo inclue aloxamento do venres e cesión de material. E para non socias tamén o seguro de responsabilidade civil e a cuota asociativa do primeiro trimestre no club.

Inscripción:
Inscríbete na sede do Club Alpino Ourensán e cumplimenta a taboa.
Cumplimenta toda a información na seguinte taboa antes do mércores 13 as 19h , tanto os datos personais de contacto como a información relativa a comidas e material para a loxística, como a relativa a transporte, para que vos organicedes en coches. TABOA ON-LINE

NOTA:
Un par de días antes poreime en contacto con todos vos para maior información.
Calquera cuestión ou dúbida, escribídeme a vbarro@gmail.com ou chamádeme ao 659655734.

COÑECE 2013


COÑECE 2013

O Club Alpino Ourensán, en colaboración co Consello Municipal de Deportes de Ourense pon en marcha o “Proxecto Coñece” 2013; que se presenta como unha oportunidade para todos, socios e non socios, de probar e practicar algunha das modalidades deportivas que teñen cabida na programación anual da entidade.

AS ACTIVIDADES

9-10 de marzo Coñece a espeleoloxía en O Caurel
16 de marzo Coñece a montaña en Os Ancares
20-21 de abril Coñece o sendeirismo en O Xurés
27 de abril Coñece a escalada no Rocódromo

Datas suxeitas a modificacións que se comunicarán con antelación suficiente


 9-10 de marzo Coñece a espeleoloxía en O Caurel

Información neste enlace

16 de marzo Coñece a montaña en Os Ancares

Información neste enlace

20-21 de abril Coñece o sendeirismo en O Xurés

Información pendente

27 de abril Coñece a escalada no Rocódromo

Información pendente

Seguiremos informando...



4.3.13

Sendeirismo en O Caurel


Sendeirismo en O Caurel
Sendeirismo/Actividad Infantil
Actividade sendeirista por terras do Caurel na que tamén participaran os máis pequenos con un percorrido alternativo segundo as enerxias que amosen.  

Ruta do Río Soldón: Lonxitude 14 Km. 
Dificultade: Baixa/media
Comeza na aldea de Soldón de Sequeiros ao Carón do Sil e remata na ferrería de Rugando-Vilarmel. Esta ruta discorre polo antigo camiño que comunicaba os pobos situados na conca do río Soldon.  Antigamente foi moi utilizada para transportar o mineral de ferro que se extraía do monte Formiguerios ás ferrerías de Ou Mazo de Soldón, Outerio e Rugando.Ao longo do percorrido veremos varias albarizas e varios sequeiros, veremos de fronte o Teso dos Mouros e visitaremos a Pena Furada de orixe romana, cruzaremos o río Soldón polas súas pontes de madeira.

DATOS
Data: 09/03/2013
Hora: 09:00 local social club
Comida: Comida de ataque e liquidos
Roupa: Calzado cómodo e roupa de abrigo/chuvia
Prezo: 6 €

Mais información no local social e nesta páxina
Pendente de confirmar actividade dependendo de parte metereolóxico