19.9.11

XLIV Campamento Galego de Espeleoloxía



XLIV Campamento Galego de Espeleoloxía

15,16 de outubro de 2011 – Covas-Rubiá (Ou)

A Federación Galega de Espeleoloxía e Club Alpino Ourensán convidamos a tódolos espeleólogos a 44 Edición do Campamento Galego de Espeleoloxía, unha nova oportunidade de compartir experiencias afíns e que neste caso terá lugar na serra“Enciña da Lastra” en Rubiá-Ourense.

Programa

Sábado 15 (opción de incorporarse o venres tarde)

10:00- Recepción de participantes, apertura campamento e entrega de documentación.

12:00- Xeolocalización, tracking e revisión instalación de cavidades.

20:00- Charla coloquio.

Domingo 16

09:00- Xeolocalización, tracking e revisión instalación de cavidades.

15:00- Clausura de campamento

¿Ónde? O Refuxio de Cobas (FGE) será o punto de referencia das actividades deste campamento. Estrada N-120 Ourense-Ponferrada, pasado o pKm 317 xiro a dereita e baixada o pobo de Covas. Cruzar o pobo ata chegar o apeadeiro de Renfe.


Regulamento

1.Tódolos participantes deberán estar en posesión da Licenza Fed. 2011.

2.Os participantes virán equipados con material espeleolóxico, persoal e colectivo, en función das cavidades a visitar.

Incluir GPS na equipación motivado polo caracter deste campamento.

Manutención por conta propia.

3 .Os menores de idade terán que presentar autorización correspondente e acompañados de titor legal ou adulto responsable.

4.A organización non se responsabilizará de posibles accidentes.

5.Os imprevistos serán resoltos pola organización.

6. Para inscripción ou calquera consulta enviade un correo a calpinoo@terra.es co “asunto” 44 Campamento Galego de Espeleoloxía.

7.INSCRIPCIÓNS: Data límite 13 de outubro de 2011

16.9.11

Vila Pouca de Aguiar





Proposta de programa de actividades

(Vila Pouca de Aguiar - 24 e 25 de setembro)

Sábado (día 24)

10h00 Recepción dos participantes e montaxe das tendas no parque forestal (Barragem da Falperra).

11h00 Traslado para a zona da escalada e inicio das actividades(escalada,sendeirismo).

13h00 Pausa para xantar.

15h00 Recomezo das actividades de escalada e sendeirismo.

18h00 Final das actividades e traslado ao pavillón deportivo de Vila Pouca de Aguiar para tomar baño nos balnearios.

20h00 Cea social (Nota: é necesario preinscrición antes do mércores 21).

Domingo (día 25)

8h00 Inicio da marcha e paseo de BTT.(apuntarse antes do 21.09.11)

12h00 Final das actividades, con regreso á zona de acampamento, e baño no pavillón deportivo de Vila Pouca de Aguiar.

13h00 Xantar (Nota: en caso de acordo, pódese reservar restaurante).

Nota: Nesta fin de semana (24 e 25) decorrerá en Vila Pouca de Aguiar a tradicional Feira das Cebolas, con varias actividades culturais e recreativas. Como suxestión, poderán utilizar parte da tarde de Domingo para visitar a feira.



Actidad Infantil
24.09.11


Coincidindo ca inauguración da escola de escalada de Cidadelha de Aguiar en Vila Pouca de Aguiar achegarémonos cos pequenos para probar algunhas das "vías" abertas con grado de dificultade entre III e V-.

COMO CHEGAR
Ourense-Verín-Chaves (P)-Vila Pouca de Aguiar (P) 132 Km.

Zona acampada