30.9.09

Rocódromo



No mes de outubro comenzamos a temporada 09-10 de actividade no rocódromo sito na cancha central do Pavillón dos Remedios. O horario de uso ofertado pola xerencia do pavillón e o que sigue:

Martes: de 19:00 a 23:00h
Mércores: de 21:30 a 23:00h
Xoves: de 17:00 a 19:00h

Os encargados do rocódromo informán que os días e horarios de apertura escollidos son os seguintes:

Martes: de 20:00 a 22:00h
Mércores: de 21:30 a 23:00h

Esta temporada as actividades infantís e xuvenís estarán presentes tamén no rocódromo os:
Xoves de 17.00 a 19:00 horas.

Os pais interesados póndevos en contacto co club para coordinar o emprego do mesmo.

Data de inicio das actividades no rocódromo:

13-10-2009

25.9.09

VIII Camapamento Extraterritorial Galego de Espeleoloxía


VIIICAMPAMENTO EXTRATERRITORIAL GALEGO DE ESPELEOLOXÍA

GES CAM CLUB ALPINO OURENSÁN - FGE
DATAS: 10-12 outubro 2009
LUGAR: Alto Curueño - León


PRESENTACIÓN

O Club Alpino Ourensán – GES CAM organiza, conxuntamente coa Federación Galega de Espeleoloxía, a presente edición 2009 do campamento extraterritorial galego de espeleoloxía, evento este o cal invitamos a todos os espeleólogos/as galegos.

A zona escollida polo noso club para esta actividade en concreto, na que se trata de levar a exploración das cavidades soterradas fora da nosa xeografía, lévanos a terras leonesas onde pensamos que todos podemos gozar en covas tales como:

. Cueva de Lendreras
. Arenal
. Tibigracias (neopreno)
. Fondillo
. Sima Perlas-Valporquero (neopreno)
. Sima Vegarada

A lista definitiva de cavidades a visitar será comunicada no momento de facer a inscrición xunto coa documentación do campamento xa que aínda estamos a explorar algunhas delas e así poder dar datos concretos.

Dende a organización estamos a traballar para que estas xornadas sexan do agrado de todos e confiamos en poder facelo deste xeito. O seguinte paso correspóndevos a vos. Póndevos en contacto co voso club para confeccionar a lista de participantes e así por en marcha o evento. Facédeo con tempo suficiente, antes da data límite, para poder organizar o traballo e corrixir calquera contratempo que se presente.

En www.clubalpinoourensan.es iremos colgando información día a día do VIIICAMPAMENTO EXTRATERRITORIAL GALEGO DE ESPELEOLOXÍA segundo se vaia producindo.

Esperámosvos a todos en León. ¡Vémonos!


PROGRAMA

Sábado 10.10.2009

12:00 a 14:00 horas

Recepción de participantes e entrega de documentación.

16:00 a 20:00 horas

Actividade espeleolóxica na zona.

Domingo 11.10.2009

Actividade espeleolóxica durante toda a xornada con pausa para xantar.

21:30 horas

Cena conxunta.

Luns 12.10.2009

10:00 a 14:00 horas

Actividade espeleolóxica

14:00 horas

Peche do VIIICAMPAMENTO EXTRATERRITORIAL GALEGO DE ESPELEOLOXÍA e despedida dos participantes.


COMO CHEGAR

O albergue “Sierro Negro” en Lavadera (León ) servirá como punto de encontro de todos os participantes destas xornadas espeleolóxicas. Aquí levaremos a cabo a recepción de participantes do VIII CAMPAMENTO EXTRATERRITORIAL GALEGO DE ESPELEOLOXÍA e aquí é onde temos feitas as reservas de pernocta para estes tres día de actividade. Para calquera cuestión que poda xurdir non dubidedes en pórvos en contacto co club por algún dos medios que vos amosamos neste mesmo triptico.

ACCESOS O ALBERGUE:

Dende León, pola estrada León-Collanzo, LE-311:

  • Pardavé
  • Matallana
  • Vegacervera
  • Felmín
  • No cruce a Valdeteja, a man dereita; o terceiro pobo é LAVANDERA

Dende Asturias, polo Puerto de Pajares, N-630:

  • Villamanín
  • Fontún
  • Velilla de la Tercia
  • Barrio de la Tercia
  • Cármenes
  • Almuzara
  • No cruce a Valdeteja, a man dereita; o terceiro pobo é LAVANDERA

MAIS DATOS

MATERIAL NECESARIO: Material de durmida, manutención e material de espeleoloxía (tamén vertical).

A ESTANCIA: Temos reservadas habitacións con literas na que é preciso o saco de durmir.
- Pernocta litera: 12 Euros (obrigatorio saco de durmir)
Opcional habitacións (si estades interesados nelas avisade con tempo para facer reserva)
- Habitación dobre: 36 Euros
- Habitación tripla: 54 Euros
- Cama supletoria: 15 €
As habitacións dobres e triplas dispoñen de sabanas e toallas (incluído no prezo).

OUTRA INFORMACIÓN DE INTERES

- Almorzo as 9,00 h.: 4 Euros
- Cena as 21,30 h.: 9 Euros
- As 23,30 h.: Hora de silencio
- As 24,00 h.: Cerre da porta

o albergue dispón de 44 pazas distribuídas así:

  • Dúas habitacións dobres.
  • Dúas habitacións triplas.
  • Dúas habitacións con literas de 16 prazas cada unha.
  • Dúas camas supletorias que se adaptan a calquera das habitacións.

Amplo salón comedor con chimenea, calefacción central e auga quente.


REGULAMENTO

  1. -O VIIICAMPAMENTO EXTRATERRITORIAL GALEGO DE ESPELEOLOXÍA celebrarase en Alto Curueño – León os días 10, 11 e 12 de outubro de 2009
  2. - É imprescindible estar en posesión da Licenza Federativa de Espeleoloxia do ano en curso para poder participar no campamento. Os menores de idade precisan de permiso paterno e acudir tutelado por un adulto.
  3. - Os participantes virán equipados con material espeleolóxico tanto de progresión horizontal como vertical.
  4. - .- O límite para facer a inscrición será o luns 5 de outubro de 2009.
  5. - A organización no se responsabiliza de posibles accidentes e declina toda responsabilidade.
  6. - Calquera outra situación ou dúbida non prevista por este regulamento será resolta pola organización.

23.9.09

Curso de escalada


Curso Iniciación a Escalada
2º quincena outubro
Rocódromo Pavillón dos Remedios
Xa temos data para o terceiro curso de iniciaicón a escalada. Será nos mes de outubro a partir do martes día 20.
Curso impartido por técnico cualificado de 12 horas de duración repartidas en 6 días (martes e mércores de cada semana no mes de outubro/novembro) a 2 horas por día en horario de rocódromo. Resérvanse outros dous días (2ª semana de novembro para cubrir posibles eventualidades).Abrirase unha lista de interesados a partir do luns día 28 de setembro ata cubrir as seis prazas ofertadas para este curso.

O custe do curso é de 30 € por persoa que inclúe monitor, material e documentación. Non inclúe o pase as instalacións.A inscripción non quedará formalizada ata o momento de pagar o importe do curso.O curso empezará o martes 20 de outubro as 19:30 horas.
As datas do curso poden estar suxeitas a modificacións.
HORARIO CURSO
Inicio martes 20 de outubro
Martes de 20:00 a 22:00 horas
Mércores de 21:30 a 23:00 horas
Mais información no local social do club a partir do luns 28.09.09

22.9.09

ORIENTACIÓN


GRANDE PREMIO CAMIÑO XACOBEO DO INVERNO
SÁBADO, 3 DE OUTUBRO DE 2008
Proba puntuábel para a
XIXª LIGA GALEGA DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA

Club Alpino Ourensán-Club Alpino Manzaneda (CAM)
A.Ga.C.O. (Asociación Galega de Clubes de Orientación)
F.E.D.O. (Federación Española de Orientación)

Este ano -véspera do Xacobeo 2010- queremos adicarlle esta
proba a todos aqueles pelegríns que desde épocas
inmemoriais, e tamén hoxe, teñen optado pola variante
valdeorresa do Camiño Francés coñecida como Camiño do
Inverno, á espera do seu recoñecemento oficial ainda que xa
o teña secular.
O mapa de orientación de O Castro ésta atravesado de Leste
a Oeste por este roteiro que entra nas Terras de Valdeorras
atravesando o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra
e seguindo o vello itinerario romano de Antonino, tamén
coñecido como Via Nova.
Queremos agradecer desde eiquí unha vez máis o decidido
apoio do Concello de O Barco de Valdeorras e en especial ás
Concellarias de Deportes, Protección Civil e Medio Ambiente,
sen o que este 2º Trofeo de O-Pé non sería posible. Para
eles o noso máis profundo agradecemento.
Que o desfrutedes!!
VÉMONOS NO MONTE!!

Sección de Orientación Deportiva
Club Alpino Ourensán-Club Alpino Manzaneda (CAM)

1.- DATOS XERAIS

· Tipo de proba: Carreira de Orientación Pedestre de
Distancia Clásica.
· Organización:
- Clube Alpino Ourensán-Clube Alpino Manzaneda
(C.A.M.): móbil 606 130 120
- Concello de O Barco (concellarías de Deporte, Medio
Ambiente e Protección Civil
· Colaboración:
- Clube ADAS-Proinor (móbil 629 632 999)
- Clube Pena Trevinca-Barco
· Supervisión:
-A.Ga.C.O.: Asociación Galega de Clubes de
Orientación
- F.E.D.O.: Federación Española de Orientación
Baixo o amparo da I.O.F.1

· Data: Sábado, 3 de outubro de 2009
· Horario: 1ª saída ás 11:00 h. A Secretaría estará aberta na
praza de O Castro a partir das 9:30 h da mañán ese mesmo
dia. O dia anterior a Secretaría abrirá no Centro de
Interpretación da Natureza-Albergue da localidade de
Outeiro a carón da ermida (Concello de O Barco de
Valdeorras) de 21:00 h a 22:00 h. A Secretaría pecharase 15
minutos antés da saída do derradeiro corredor. A meta
pecharase dúas horas e media despois da saída do derradeiro
corredor.
· Lugar da Saída-Meta: Praza de O Castro de Valdeorras
(Concello de O Barco de Valdeorras-Ourense). Haberá
sinalización no acceso centro a O Barco desde a N-120.

2.- PROGRAMA

Venres, 2 de Outubro:
.- 21:00 a 23:00 h: Apertura do Secretariado e o
chan duro (Pavillón Vello) enfronte do Concello novo.
.- 24:00 h: Silencio
Sábado, 3 de Outubro:
.- 09:30 h: Apertura do Secretariado e peche do
albergue.
.- 11:00 h: 1ª Saída
.- 14:30 h: Entrega de Trofeos e Medalla na praza de
O Castro de Valdeorras.
En caso de mal tempo, desprazarase a entrega ao Pavillón Vello,
enfronte do edificio novo do Concello (rúa de España), na
localidade de O Barco de Valdeorras. Aparcamento gratuito en
RENFE.

3.- MAPA
Mapa base elaborado por Javier Arufe do Club APA-Liceo de A
Coruña, sendo o definitivo realizado polos portugueses Alexandre
Soares Dos Reis e Valdemar Sezim en outubro de 2007.
Realizado en escala 1:10.000 e con equidistancia de 5m entre as
súas curvas de nivel.
A partir do 3 de setembro estará proibido o acceso ao terreo de
calquer/a competidor/a conforme ao regulamento da AGaCO.

4.- TERREO
Terreo continental galego de baixa montaña cun ecosistema de
transición atlántico-mediterráneo. Bosques mixtos de piñeiros,
castiñeiros, carballos, aciñeiras e sobreiras, alternando con
viñedos e terreo basto.
O terreo posue distintos niveis de vexetación nos seus bosques,
pero tamén superficie de monte baixo máis ou menos tupida con
xesta e toxo. Conta cunha importante diversidade de detalles
técnicos de tipo vexetal (árbores, troncos,…) e outros proprios
do relevo (cortados, buracos, pequenas depresións,...).
A rede de camiños é extensa, levando a distintas zonas técnicas
de boa ou mediana penetrabilidade. Este ano observase unha
tendencia ao aumento da vegetación rastreira en xeral, ainda que
hai zonas que foron rozadas.

5.- UBICACIÓN E ACCESO Á ZONA DE COMPETICIÓN
A saída é meta estaran na praza da localidade de O Castro de
Valdeorras (Concello de O Barco de Valdeorras), á que se accede
fácilmente desde a enlace centro de O Barco que hai na estrada
N-120. Haberá sinais indicadoras nos enlaces próximos.
Para aparcar recomendase a zona do povo que hai entrando á
dereita despois de sobrepasar un bar.
Hai dous establecementos hosteleros no povo con servizo de
cafeteria e baños, un entrando á dereita e outro antés da praza.

6.- INSCRICIÓNS
A inscrición para federados en orientación será sempre
individual. Os non federados en orientación poderán inscrirbirse
a título individual, como parella ou grupo.
Os non federados en orientación teñen que dirixirse a calquera
clube do listado da web da AGaCO para tramitar a súa inscrición.
Para os non federados, os clubes utilizarán o formulario oficial
da FEDO, de xeito que a organización da proba poida tramitar a
súa licenza por un día. Para os federados en orientación,
utilizaranse os formularios oficiais que posue cada clube.

Mais información no local social do club...

15.9.09

Montederramo




Montederramo


26 de septiembre 2009


Volvemos a las tierras de Montederramo, en esta ocasión Joaquín nos plantea un interesante itinerario por el Bidueiral y San Mamede, aprovechando caminos restaurados recientemente (esta vez podemos garantizar que la maleza no nos cerrará el paso) y claro algún tramo del Transourensán que atraviesa esa zona.


Descripción de la actividad:


Se saldrá del club a las 9:00 de la mañana, se llega a Montederramo a las 9:40, empezamos a andar a las 10:00, saliendo del monasterio por asfalto durante 2,5 Km, pasando el área recreativa rió mao, nos desviamos hacia Vilanova, a partir de este desvío tenemos por delante 30 Km. de caminos de tierra, 1Km después de Vilanova pasaremos por el cruce de Fontedoso donde coinciden las rutas de bidueiral, ruta do santo, y transourensan, tras 5Km de camino, tomaremos un cortafuegos que nos llevara a la entrada del monte comunal de Gabin, al cual pertenece el bosque del Bidueiral, y que forma parte de la red natura, tras 4Km dentro del bosque salimos otra vez al cortafuegos y lo recorreremos durante 800m, desviandonos por un camino que nos llevara tras 6Km al alto de San Mamede por el municipio de Maceda, evitando un cortafuegos de 2Km con una pendiente muy fuerte, y que posteriormente descenderemos, tras este descenso nos introduciremos en el bosque del Bidueiral, durante 10 Km., 5Km mas y llegaremos de nuevo a Montederramo, por ultimo si nos diese tiempo y tuviéramos ganas haríamos una visita guiada al monasterio.




Los Datos

Salida: Sábado 9:00 horas desde local social del club.

Lugar: Montederramo

Recorrido aproximado 35Km, duración aproximada 6-7 horas.

Material: El propio de la actividad de acuerdo con la climatología y comida de ataque

Dificultad: Fácil



14.9.09

Fuentes Carrionas


10-12 de ocubro 2009

Actividade sendeirista para a ponte de outubro en terras palentinas. Espigüete, Curavacas, Zona de Peña Prieta son algunhos dos lugares a visitar. A pernocta farémola nunha casa rural polo que dispomos de prazas limitadas. Os interesados póndevos en contacto co club para facer a vosa reserva.

Os Datos

Data: Sábado 09:00 horas dende locla social club.

Lugar: Cardaño de Abajo- Palencia. Pernocta e almorzó en casa rural “El Caserón de Fuentes Carrionas” – Cardaño de Abajo- Palencia. Cena pendiente de confirmación

Material: O propio da actividade dacordo coa climatoloxía e comida de ataque

Dificultade: Media

NOTA: Prazas limitadas, apuntarse con antelación suficiente.

12.9.09

Fúrning


Primer Campamento de Fúrning CAM




El último fin de semana de este Agosto del 2.009 y para no dejar que la pelusilla se adueñe de los equipos de vertical decidimos, prácticamente el día anterior, celebrar el primer campamento de Fúrning del Club (y quizás del mundo).




Debido a la inmediatez del evento coincidimos en la cita apenas Cuatro Gatos, ajustando en lo posible los horarios para aprovechar el poco tiempo disponible. Esta toma de contacto nos ha dejado buenas sensaciones y las ganas de continuar desarrollando esta actividad próximamente.


En tanto la cuidad se derrite bajo la incipiente ola de calor las horas transcurren rápidas bajo la fresca brisa del mar. Resguardados del sol y en la tranquilidad de un enclave impresionante, con las primeras luces de la tarde recogemos y preparamos el regreso.

8.9.09

Espeleoloxía

ESPELEOLOXÍA
12,13 de setembro 09
Alto Curueño / León
Actividade espeleolóxica en terras leonesas preto do "Macizo de Mampodre" e que servirá de preparación para o VIII Campamento Extraterritorial Galego de Espeleoloxía que organiza o club no vindeiro mes de outubro o do cal recibiredes cumprida información nesta páxina e no Cairn.
Localización dalgunha das numerosas cavidades que se atopan na zona e posterior exploración das mesmas. Para maís información nesta masma páxina nos próximos días e no local social.

Os datos
Data: 12 e 13 de setembro de 09
Hora: Sábado 12 dende o local social as 09:00 horas
Pernocta: En albergue (pendente de confirmación)