19.12.08

Xincana Nadal 08 Infantil

Xincana Nadal 08 Infantil
Os pequenos tamén tiveron o seu momento na Xicana Nadal 08 grazas a dedicación de Mar e Nico e na que puderon probar durante unha hora a escalada, a tirolina e o eletrón.








Non foi unha proba competitiva, tratábase de disfrutar e o final os agasallos foron para todos coa chegada por sorpresa de Papa Noel as instalacións do rocódromo.

















18.12.08

No cume do Aconcagua

Cerro Aconcagua 6.962 m.
O escudo do club, durante unhos momentos, estivo desplegado no cume da montaña maís alta de América da man dunha expedición formada por tres socios do club (Gonzalo, Nando e Pedro) e un montañeiro asturiano (Chus) a terras arxentinas entre os meses de novembro e decembro. As 13:30 horas do día 8 de decembro facíase cume nun día soleado ainda que algo ventoso. Xa no campo base o escudo do club pasou a formar parte da "Sala da fama" no refuxio "Plaza De Mulas"
No Cairn teredes cumprida información desta aventura.
Sala-comedorno refuxio "Plaza de Mulas" 4.300 m.

Tarxeta Federativa 2009



O luns día 22 de decembro tramitaremos o primeiro lote de tarxetas federativas de cara o vindeiro ano 2009. Si estades pensando en realizar actividade nestas festas e estades interesados en facelo estando federados pasade polo club e solicitadea xa. Non esquezas que é preciso abonar o importe da mesma no momento de pedila.

Na páxina da Federación Galega de Montañismo (www.fgmontanismo.com) podedes atopar os prezos das distintas modalidades de tarxeta según que compañía aseguradora e así mesmo podedes consultar un resumo das coverturas.

16.12.08

Nadal 08

NADAL 08
O proximo venres día 19 de decembro celebramos a chegada do Nadal no local social do club, a partir das 20:00 horas, con unha copa de cava e un pincho. Achegate e toma connosco a primeira copa destas festas.
O club permanecerá pechado dende ese día ata o vindeiro día 9 de xaneiro de 2009.
¡Felices festas e feliz Ano Novo!

Xincana 08 + Fotos


XINCANA 08
17.12.0
Nova edición da xincana de Nadal nas instalacións do rocódromo no Pavillón dos Remedios o mércores 17. Este ano aparte das probas para os maiores terán a súa oportunidade os nenos con probas e agasallos axeitados a súa idade.
Os nenos abrirán o programa as 19:30 horas ( os que teñán casco e arnés que o leven) e logo tocaralle o turno os adultos a partir das 21:00 horas.
Haberá agasallos para os participantes grazas a colaboración de:
Zagora Aventura
Optica Tu Visión
Peggy Records

O rematar as probas, xa fora das instalacións, botellón de Nadal por xentileza do Club Alpino Ourensán

As fotos

Por equipos de 2 realizaronse distintas probas...

Electrón, escalada "a vista"...

Travesía en parella...



e tras evaluar tempos...

Os gañadores da Xincana Nadal 08 foron: ¡Susana e Simón!

10.12.08

trevinca 6-7-8 decembro 2008

sube o volumen dos teus altavoces