24.5.07

COÑECE 2007 - ESPELEOLOXÍA

ESPELEOLOXÍA - COVAS

Outra actividad do proxecto Coñece 2007, nesta ocasión daremos a coñecer a espeleoloxía (exploración de cavidades soterradas). Para eso achegarémonos as cavidade de Covas, perto do Barco de Valdeorras, onde poderemos iniciarnos na espeleoloxía dun xeito doado en covas que non precisan de grandes coñecementos técnicos para visitalas. ¡Atentos a data xa que está cambiada por mor da xornada electoral!
OS DATOS
DATA: Sábado 09-06-07
HORA: 09:30 horas
LUGAR: Saida dende o local social do club
MATERIAL:Calzado, roupa cómoda ou mono de obreiro, comida.

13.5.07

Comunicado Xunta Directiva


O xoves 26-04-07 reuniuse a Xunta Directiva no local social do club para analizar a nova situación que se plantexa ante a dimisión dos dous vocais que levan a sección de montaña. Tras falar do tema largo e tendido a Xunta Directiva acordou tomar as seguintes decisións que referimos a continuación:
-Agradecer e recoñecer tanto a Ana coma a Quico o traballo feito durante todos estos anos en favor do club.

-Chegouse a conclusión de que o novo proxecto directivo queda “tocado” pola dimisión dos vocais de montaña. Ante esta situación optase por sacar adiante os compromisos adquiridos para este ano cos socios e coas institucións (Concello de Ourense, Casa da Xuventude, Universidade de Vigo)

-Reformar os estatutos do club, tal e como se considerou na Asamblea Extraordinaria de 2006, e sometelos a aprobación ante os socios no mes de setembro. Durante os meses de xuño e xullo exporanse no club e na web os actuais estatutos e as propostas de cambios a realizar nos mesmos para que todos poidan opinar no intre de sometelos a aprobación.

-Posteriormente e tras seren ratificados por parte da Xunta de Galicia os estatutos aprobados na asamblea, convocaranse eleccións a presidencia do club acorde cos novos estatutos da entidade, para o mes novembro ou decembro.

A Xunta Directiva

7.5.07

BTT-San Mamede

BTT en San Mamede
Percorrido de BTT pola Serra de San Mamede, de dificultade media, por pistas ben definidas de piso compacto e desniveles progresivos. Despois da actividade de iniciación esta é unha saida perfecta para continuar a progresión na BTT.
OS DATOS
DATA: Domingo 13-05-07
HORA: A confirmar no club
LUGAR: Saida dende o local social do club en coches
DIFICULTADE: Media
MATERIAL:Calzado e roupa cómoda, comida, bicicleta.

Esacalada-Xornadas de iniciación/Xornadas de limpieza

CANÓN DO SIL
O grupo de traballo creado recentemente para mover a escalada da os primeiros pasos e faino forte montando para o vindeiro sábado día 12-05-2007 unhas xornadas de iniciación a escalada no Canón do Sil, ideal para os que non puideron asistir a saida do Coñece en Baltar e tamén axeitada para reforzar coñecementos a todos aqueles que si estiveron.
O mesmo día teñen pensado montar unhas xornadas de limpeza na escola de escalada de cara a nova temporada e piden a colaboración de todos aqueles que o desexen.
OS DATOS
DATA: Sábado 12-05-07
HORA: 10:30 horas
LUGAR: Saida dende o local social do club
Tamén as 11:00 no Canón do Sil
MATERIAL:Calzado e roupa cómoda, comida. Material técnico aportado por club.

Sendeirismo-COÑECE 2007-Ridimoas

RIDIMOAS

Cuarta actividade do Proxecto Coñece 2007, nesta ocasión toca dar a coñecer o sendeirismo cunha saida o Bosque de Ridimoas, bosque xestionado por unha asociación ecoloxista do mesmo nome que iniciou a súa andaina polo ano 1976.

Faremos unha ruta sinxela acompañados por un responsable da asociación que nos amosará o bosque dun xeito ameno e didàctico. Xantaremos perto de Pena Corneira para facer un pequeno paseo pola tarde nos arredores. ¡Un día relaxado!

OS DATOS
DATA: Sábado 12-05-07
HORA: 09:30 horas
LUGAR: Saida dende o local social do club
MATERIAL:Calzado e roupa cómoda, comida.

OUTRAS ACTIVIDADES "COÑECE"
26-27/05/2007 - COÑECE A ESPELEOLOXÍA - Covas - O Barco (Zoa de traballo do Club Alpino Ourensán)Iniciarse na exploración das cavidades soterradas dun xeito doado e disfrutando da paisaxe que dibuxa o río Sil.
23-24/06/2007 - COÑECE OS RAIDS DE ORIENTACIÓN – Muiños.Sendeirismo, BTT e piraguas xuntas trazando un percorrido sobre mapa para disfrutar da natureza doutro xeito

3.5.07

Coñece BTT-Ourense



Percorrido arredores de Ourense en BTT



Segunda actividad do Proxecto Coñece 2007 e primeira de BTT con un maís que optimista resultado en cuanto a paticipación e xestión da actividade por parte de Carlos e Nando. O esforzo que dende o ano pasado se leva a cabo para sacar adiante a BTT no club empeza a dar resultados o ser esta a actividade con maior número de participantes (das actividades de BTT feitas na campaña 2006-07, compre lembrar que a mediados dos 90 tamén se facía BTT no club da mán de Lourido).

Saimos un pequeno pelotón de 19 ciclistas dende o local social do club para enfilar polo paseo do Barbaña cara o pobo de Xeixalvo.




O traballo levado a cabo polos vocales de BTT na previa da como fruto un curioso percorrido por corredoiras inimaxinables tan preto da cidade e que nos situan sin darnos conta na zoa do Cumial.
O pequeno pelotón discurre con tranquilidade a meirande parte do tempo, con un control ferreo por parte de Nando na cabeza cortando todo intento de escapada e na parte de atras Carlos recuperando as unidades despistadas (unha delas tirou barranco abaixo sin pensalo duas veces).

En dúas horas e media fixemos un percorrido circular de escasa dificulatade, que xa e moito falando dos arredores de Ourense, que resultou do agrado de todos (excepto un desafortunado corredor que sin comelo nin bebelo atopouse inmerso na metade do peloton durante un bo treito polo paseo do Barbaña e víase ó home un tanto apurado rodeado de tanto ciclista).

A próxima actividade de BTT a San Mamede.

NOTA: No foro Carlos "Coles" está colgando videos e fotos da saida.