31.3.08

COÑECE 08

COÑECE 08

Presentamos aquí a edición COÑECE 2008 ca ilusión de cando menos repetir o éxito do pasado ano co proxecto COÑECE 07 no que participaron preto de duascentas persoas no global das actividades entre socios e non socios.

O “Coñece” son un conxunto de actividades pensadas para dar a coñecer a aventura e o deporte no entorno natural e que dende o Club Alpino Ourensán, avalados por unha experiencia de 40 anos no mundo da montaña, planeamos dun xeito ameno e sinxelo, importa mais as ganas de participar ca condición física ou os coñecementos técnicos, para que todos aqueles interesados en facer algo distinto poidan iniciarse dunha vez por todas.

Montaña, sendeirismo, escalada, bicicleta de montaña, espeleoloxía, descenso de barrancos e actividades infantís son a proposta de actividades para a presente edición que coidamos resulta interesante e que abarca a unha parte importante dos deportes que se poden practicar en espazos abertos.

PROGRAMA COÑECE 08

COÑECE A MONTAÑA
12.04.08 / PICOS DE FONTEFRÍA.O XURÉS: Fermosa paraxe de montaña axeitada para dar os primeiros pasos e iniciarse no xeito de acadar unha cume.

COÑECE A ESPELEOLOXÍA
26.04.08 / COVAS. O BARCO DE VALDEORRAS: Actividade espeleolóxica nunha cavidade sinxela para adestrarse na exploración do mundo soterrado.

COÑECE AS ACTIVIDADES INFANTÍS
20.04.08 / PENA CORNEIRA: Doado percorrido de rastreo por entre as árbores e os penedos desta fermosa paraxe natural para divertimento dos mais pequenos.

COÑECE SENDEIRISMO

17.05.08 / OS PEARES –OURENSE: Percorrido axeitado a todo tipo de camiñantes, con escaso desnivel acumulado, e que discorre a beira do Río Miño.

COÑECE O DESCENSO DE BARRANCOS
17.05.08 / PONTICELA: Pequeno barranco ideal para dar a coñecer dun xeito sinxelo como se desenrola o descenso neste peculiar medio natural.

COÑECE A BICICLETA DE MONTAÑA
25.05.08 / A DERRASA: Circuíto por sendeiros e pistas de escaso desnivel e pensado para iniciar a os interesados na BTT.

COÑECE A ESCALADA
24.05.08 / FEAS: Escola de Escalada “Baltar”. Visitaremos esta pequena escola de escalada con vías doadas e axeitada para “trepar” por primeira vez.

18.3.08

BTT Ourense-Fotos

Ourense-Celanova-Ourense


OS DATOS
Data:
30.03.08
Hora:10:00 horas
Punto de encontro: Local social Club Alpino
Participantes: 13

Dada a mala previsión metereoloxíca para o domingo finalmente optamos por un percorrido de media xornada que nos levou a facer unha circular os arredores de ourense durante catro horas e co tempo alternando entre sol e augua.

As fotos



Actividad Infantil en San Pedro de Rocas-Fotos

San Pedro de Rocas


Unha nova actividade para os pequenos na que deixamos o mundo da neve e pasamos a facer unha apróximación oa sendeirismo e a escalada cunha saida a zona de San Pedro de Rocas, unha paraxe ideal para iniciar a os nenos dun xeito sinxelo e divertido a camiñar por sendeiros seguindo unha ruta sobre plano e a trepar en penedos empregando corda e arnés. Mais información no local social.

OS DATOS

Data: 29.03.08

Hora:10:30 horas

Punto de encontro: Mosteiro de San Pedro de Rocas

Participantes: 7 nenos e 8 adultos + 2 espontaneos

A previsión do tempo para o sábado non era moi prometedora pero a cousa non pudo estar mellor, un fermoso día soleado e os nenos con ganas de patear. Completaron o percorrido circular a San Pedro de Rocas observando e estudiando o entorno natural e recibindo a piñazos a dous socios do club que "pasaban por alí".

As fotos




11.3.08

Montaña - Trevinca

TREVINCA
15-03-2008
Inicialmente pensada esta actividade como continuación da do mes de xaneiro para iniciarse na montaña invernal teremos que improvisar sobre a marcha xa que a neve é mais ben escasa. O mércores decidiremos como e donde facela xa que podemos estudiar outras opcións que NON precisen inevitablemente da neve. Os interesados chamade o club ou pasade por alí.
¡ATENCIÓN!
A data da actividade cambia do domingo 16 para o sábado 15
¡ACTUALIZACIÓN!
¡SUSPENDIDA!
Polas pésimas previsións metereolóxicas

6.3.08

NEVE II





Ya está colgado en el foro el video de la salida de "neve II", y aquí os dejo unas fotos de esta magnífica salida. saudos