30.11.11

Circular de Ubiña

17-18 de decembro 2011
Circular de Ubiña ascendendo os Fontanes e o peña Cerreos

Plan:
Venres: Saida de Ourense e noite no refuxio de Torrebarrio.
Sábado: Saida de Villargusán (1km ao sur de Torrebarrio) e ascensión ao Pico Cerreos (2.111m) pola súa arista suroeste.
Descenso até o refuxio do Meicín (1549m) e noite alí.
Domingo: Subida aos Fontanes pola forqueta do Portillín e o Canalón do Buei. Bixada xa ao lado de Torrebarrio polos Llanos del Fontán.

Descrición:
Ruta con forte desnivel na parte dos Fontanes e especialmente no Canalón do Buei e despois na baixada cara a Torrebarrio. O resto moi tendida e con unha moi boa panorámica de boa parte do macizo. O percorrido completo ten un denivel de entre os 1.200 m de Torrebarrio e os 2417 do Fontán Sur (punto máis alto do macizo).
O percorrido é un total de 19 km e 1700m de acumulado pero moi factible facéndoa de forma tranquila en dous días.
Hai auga nos dous refuxios.

Material:
- Saco de durmir.
- Crampons e piolet de travesía.
- Comida para os dous días.

Apuntarse no clube. Canto antes para reservar aloxamento nos refuxios.
Especificade se queredes cea e/ou almorzo no refuxio do Meicín.

--
En este enlace hai fotos, perfil de la ruta, mapa en 3D, hai xente que o curra moito.
Esta é case igual a que queremos facer nos, coa única escepción de que nos saimos de Villargusán en lugar de Torrebarrio, pero o esencial do percorrido é o mesmo.

22.11.11

Premio Popular XI Concurso Fotográfico

Premio Popular
XI Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán


A decidir en votación popular no transcurso da Cena Anual 2011.

Colocaremos unha lámina de 170x150 cm. (similar a da foto superior) onde se amosaran, numeradas, as fotos presentadas o concurso. Facilitarase unha tarxeta para efectuar o voto e un lugar onde depositalo. Non podrán recibir votos as dúas fotos xa premiadas polo xurado (non estarán numeradas).

No transcuros da cena faremos o reconto dos votos e entregaremos o premio a quen corresponda xunto cos outros premios do concurso xa decididos.


10.11.11

Cine de Montaña



O Cine Club Padre Feijoo proxecta o vindeiro mércores 30 de novembro a película de montaña "Tocando el vacio" como acto homenaxe ao 40 Aniversario Club Alpino Ourensán.

·

Mércores, 30 de novembro de 2011. Cinebox Ourense, 20:30 e 23 h.

Proxección especial do cineclube, en homenaxe ao Clube Alpino polo seu corenta aniversario.

Tocando el vacio (Touching The Void)

Reino Unido, 2003. Cor, 106 min. Director: Kevin Macdonald. Producción: FilmFour / UK Film Council / Channel 4 / PBS . Guión: Joe Simpson (Novela: Joe Simpson). Música: Alex Heffes. Fotografía:Mike Eley . Dolby, VO Inglés, con subtítulos en castelán. Documental, baseado en feitos reais.

Documenta a historia de dous montañeiros; Joe Simpson e Simon Yates,cando escalaban en 1985, a montaña do espectacular Siula Grande, un pico peruano de máis de 6 mil metros de altura, e un deles rompe unha perna, tentando o outro, baixalo a un lugar seguro, mais, as cousas non resultan tan fáciles.





Enlace a páxina de Cine Clube Padre Feijoo

Cena Anual 2011

Cena Anual 2011

O día 25 de novembro as 22:00 horas celebraremos a cena anual do club correspondente o ano 2011. Como podedes ver seguimos na mesma liña marcada nas pasadas edicións: A cena anual será no Restaurante “Museum” e teremos a entrega de premios os gañadores do concurso de fotografía, sorteo de material entre os asistentes…e alguna que outra sorpresa conmemorativa do 40 Aniversario do club.

Si estás pensando en asistir a Cena Anual 2011 lembra que debes apuntarte no local social do club antes do día 25, facer efectivo o importe da cena, 25 €, e recoller a entrada numerada para o sorteo. Lembra tamén que no momento de apuntarte debes escoller o segundo prato de entre os dous ofertados.

Cena Anual 2011

Venres 25 de novembro
22:00 horas.
Restaurante “Museum”
Rua Juan XXIII, 29 bajo Ourense

MENÚ

1º Plato

Tabla de Embutidos

Revuelto de Setas, Gambas y Gulas

Piquillos Rellenos de Atún

2º plato (a elegir)

Bacalao Museum

Entrecot Celta Relleno con Queso de Arzúa y Jamón Serrano

Postre

Tiramisú

Tarata Helada

Blanco Ribeiro, Tinto Mencía

Agua Mineral, Café y Chupitos


Precio por persona 25 €


¡Apuntate ata o día 23!

XIII SEMANA AUDIOVISUAL CLUB ALPINO OURENSÁN

XIII SEMANA AUDIOVISUAL CLUB ALPINO OURENSÁN

Do 22 ó 25 de novembro temos todos de novo unha cita coa edición 2011 da Semana audiovisual Club Alpino Ourensán, xa van trece, contando de novo coa colaboración do “Outono Fotográfico” e o importante patrocinio de “Fundación Florencio Álvarez e María Teresa Esteban grazas os cales un ano mais teremos a posibilidade de gozar de emocionantes aventuras, nesta edición visitaremos visualmente Arxentina, Perú, Borneo e Papúa Nueva Guinea, contadas polos seus protagonistas.

De seguido o programa do evento:



XIII SEMANA AUDIOVISUAL CLUB ALPINO OURENSÁN

ORGANIZA: CLUB ALPINO OURENSÁN

PATROCINIO ESPECIAL da “FUNDACIÓN FLORENCIO ÁLVAREZ-MARIA TERESA ESTEBAN”

COLABORACIÓN da CONCELLERÍA de CULTURA do CONCELLO de OURENSE

PROGRAMA

Martes 22 de novembro as 20:30 h Auditorio Municipal

“BORNEO, A ILLA QUE RESULTOU ESTAR HABITADA” por Víctor Barro Casal.

Dende o parque nacional de BAKO aos 4100m do Monte KINABALU. Un percorrido pola Borneo dos pobos indíxenas que habitan a selva máis antiga do mundo. Un fío de vida a piques de desaparecer baixo o asfalto. Un historia que pode tornar, mais non tornará soa.

Para mais información pincha AQUÍ

Mércores 23 de novembro as 20:30 h Auditorio Municipal

“PERÚ, MOITO MAIS QUE NEVADOS” por Ricardo Veiga Rial, Raimundo Fernández Calvo e Manuel Veiga Rial.

Percorrido por unha serie de escaladas efectuadas na “Cordilleira Branca” de Perú durante os meses de xullo e agosto de 2011.

Para mais información pincha AQUÍ

Xoves 24 de novembro as 20:30 h Auditorio Municipal

“PERSEVERANCE” por Angel Barrio, Rubén Estevez e Ignacio Rafael.

Na montaña o compoñente psicolóxico resulta vital para acadar o obxectivo marcado. A paciencia e a perseveranza resultan fundamentais á hora de intentar a escalada da montaña mais alta do continente americano o ACONCAGUA. Nesta proxección relátase o intento de ascensión do xigante andino por parte de tres socios do club en xaneiro de 2011.

Venres 25 de novembro as 20:30 h Auditorio Municipal

VIDEOCONFERENCIA DESDE SIDNEY (Australia)“VUVU: ESPELEOLOXÍA NO PARAÍSO” por Alan Warild.

Unha pequena historia de exploracións nas covas de Papúa Nueva Guinea. Unha expedición a Papúa é moito mais que subir ao coche para unha fin de semana de boa espeleo. A illa de Nueva Bretaña é una illa de contrastes: volcáns, bosques de chuvia, crocodilos, empresas forestais cortando todo o que poden, xente recen saída da idade de pedra con teléfonos celulares. As veces chegar á cova costa mais traballo que a
cova en si mesmo pero ao final nunca defraudan. Galerías xigantes en roca branca con auga azul e cristalina e sobre todo pouco fría.


Será no Auditorio Municipal os días 22, 23, 24 e 25 de novembro a partir das 20:30 horas



O acceso mais directo o Auditorio Municipal para asistir as charlas será pola rúa Emilio Pardo Bazán
(como se aprecia na foto)