25.2.09

Laguna de Las Verdes, Peña Chana y Picos Blancos

-Veo, veo...
-Qué ves?
-Un Pico
-¿Qué pico es?
-Ni idea, pero Peña Orniz no es...

20090221 Laguna de las Verdes, Pena Chana y Picos Blancos

22.2.09

¡Estamos de mudanza!


¡De Mudanza!
Como xa dixéramos no Cairn toca cambiar de local social e nestes días estamos de mudanza polo que permaneceremos pechados ata o luns 2 de marzo, día no que abriremos no novo local situado nas "Galerias Bedoya" na Rúa Bedoya nº4, local 9 (as galerias teñen entrada tamén pola Rúa Santo Domingo). Conservarémos o mesmo nº de teléfono pero estamos coa portabilidade a "R" e no proceso de instalación no novo local, polo tanto non desesperedes si non contestamos estes días.

¡Vémonos nunhos días no novo local! Un saudo

AVISO: A mudanza está a levar maís traballo do previsto e permaneceremos pechados ata o venres 6 de marzo. "R" instalará telefono e internet o xoves 5 de marzo polo que estaremos "incomunicados" ata ese día. Podedes usar o correo calpinoo@terra.es , o blog e o foro para comunicar co club. Un saudo.

18.2.09

Curso de Iniciación a Escalada

Curso Iniciación a Escalada
1º quincena marzo
Rocódromo Pavillón dos Remedios
A piques de rematar o curso de escalada iniciado no mes de febreiro convocamos outro de identicas características para o vindeiro mes de marzo para cubrir a demanda. Curso impartido por técnico cualificado de 12 horas de duración repartidas en 6 días (martes e mércores de cada semana no mes de marzo) a 2 horas por día en horario de rocódromo. Resérvanse outros dous días (4ª semana de marzo para cubrir posibles eventualidades).
Abrirase unha lista de interesados a partir do mércores día 18 de febreiro ata cubrir as seis prazas ofertadas para este curso.
O custe do curso é de 30 € por persoa que inclúe monitor, material e documentación. Non inclúe o pase as instalacións.
A inscripción non quedará formalizada ata o momento de pagar o importe do curso.
O curso empezará o martes 3 de marzo as 19:30 horas.
As datas do curso poden estar suxeitas a modificacións.
HORARIO CURSO
Martes de 19:30 a 21:30 horas
Mércores de 20:30 a 22:30 horas
¡COMPLETADAS AS PRAZAS!
Xa non quedan prazas para este curso. Estamos a preparar outro curso para o mes de abril. Estade atentos a esta páxina. Un saudo.

Actividad Infantil en Manzaneda

O vindeiro sábado achegaremonos ata o refuxio de Manzaneda para iniciar as actividades cos pequenos. A actividade en San Isidro queda aprazada xa que o coincidir as datas co carnaval algúns pais comentaron a imposibilidade de asistir.
Parece que o tempo acompañará e a presenza da neve está asegurada. Tentaremos de pasar polo tanto unha xornada divertida cos nenos co elemento branco como base da actividade.
Informate no local social.
Os datos
Data: 21.02.09
Hora: A partir das 11:00 horas no refuxio "Pena do Caldeiro" en Manzaneda
Material: Roupa de abrigo e recambio, guantes, gafas de sol, crema protectora e comida

17.2.09

BTT. Xornada de mecánica de emerxencia


Xornada de Mecánica Básica de Emerxencia

A primeira actividade de BTT do 2009 non consistirá en pedalear. O sábado 7 de marzo xuntaremonos no local da tenda "Moure Bicicletas" onde nos impartirán unhas nocións básicas, teóricas e prácticas, de mecánica de emerxencia na bicicleta e o xeito de arranxar eses problemas que normalmente nos deixan tirados en plena ruta ( pinchazos, rotura de cadenas, cambio de radios...). Si estás interesado apuntate na lista aberta no local social.

Os datos

Data: 07.03.2009 as 16:30 horas

Lugar: "Moure Bicicletas" en Celso Emilio Ferreiro, 41

Material: Non é preciso levar a bicicleta, traballaremos con material aportado por "Moure"

Organizan


16.2.09

Peña Orniz

PEÑA ORNIZ


Data: 21 e 22 de febreiro
Punto de encontro: Na sede social ás 09:00
Material necesario: Botas e roupa adecuada, piolet, crampóns e casco. Raquetas.
Precio aproximado da saída: 60 euros ( con aloxamento + cena + almorzo)

Ascensión a Peña Orniz, cota maior dos montes que miran para Babia e Somiedo, berce do noso Sil. Desta vez habemos ter unha boa capa de neve, esperemos que en boas condicións.
O sábado como teremos algún tempo pódese facer unha pequena ruta hacia a Laguna de los Verdes.
Aloxamento en casa rural de La Cueta con habitacións dobles e triples donde tamén poderemos cenar o sábado e almorzar o domingo.

Apuntádevos canto antes para poder confirmar as prazas no centro de turismo rural.




11.2.09

Asamblea Xeral Ordinaria


CONVOCATORIA
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Para celebrar no local social do Club Alpino Ourensán sito na rúa Cruz Vermella n.º 4, 2.º en Ourense, o día 13 de febreiro de 2009, ás 20:00, en primeira convocatoria e ás 20:30, en segunda convocatoria.
Convocatoria Asemblea Xeral ordinaria, en cumprimento do artigo 11.1 dos estatutos do club:
11.1. A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario, tras a convocatoria do presidente, polo menos unha vez ao ano, para tratar das seguintes cuestións:

ORDE DO DÍA
11.1.1. Memoria, liquidación do orzamento, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación, se procede.
11.1.2. Orzamento para o seguinte exercicio.
11.1.3. Proxecto e propostas do presidente ou da Xunta Directiva.
11.1.4. Proposicións que formulen os socios e que terán de ir asinadas polo menos polo cinco por cento destes.
11.1.5. Rogos e preguntas.

9.2.09

NEVE A ESGALLA

NEVE A ESGALLA

A sección de montaña recupera a actividade planteada para o mes pasado e que non se puido levar a cabo pola adversa meteoroloxía. Achegarémonos ata a Laguna de los Peces desde donde, en función das condicións da neve escolleremos obxectivos. As condicións para facer unha escalada en neve seguramente non serán boas pero imos ter un bo manto branco.

Data: Sábado 14 de febreiro de 2009

Quedada: No local social ás 08:00

O que se precisa:

-Calzado e roupa adecuada
-Raquetas de neve ou esquis
-Piolet e crampóns (por si hay sorte)
-Gafas de sol (importante) e crema
-Bebida e comida

2.2.09

O Xurés - Olelas

SENDEIRISMO
O Xurés - Olelas
Despois dos invernos pasados un tanto floxos en cuanto a climatoloxía o inverno de 2009 presentase bravo e parece que costa arrancar. O grupo de sendeirismo saca tamén a vena brava e propón esta actividade a terras do Xurés para facer un percorrido por sendeiros de dificultade media e ainda que caian chuzos de punta.
Os datos
Data: 14 de feberiro de 09
Hora: As 09:00 dende o local social
Dificultade:Media, unhas 6 horas de actividade
O que precisas:Calzado e roupa axeitada, comida...