24.6.08

Vivac en Trevinca - Fotos










Algunhas fotos da travesía con vivac en Trevinca.

19.6.08

Muiños 2008

28, 29 de xuño 08
Nova edición da actividade coa que iniciamos a temporada de verán. En Muiños coma sempre fremos un pouco de todo, montaña, sendirismo (Portela de Pitôes - Fontefría - Requias), escalada (grupo de escalada) e piragüismo e coma sempre faremos cena o aire libre co engadido de que nesta ocasión coincide coas festas populares na zona na que haberá un concerto do grupo Xonoro Maxín.
Contamos con 25 plazas no albergue de "O Corgo" (pernocta) polo que os interesados apuntádevos con tempo para poder dispor delas e solicitar mais si é preciso.
Tamén podedes facer uso do camping:
CAMPING “O CORGO” Categoría 3ª MUIÑOS (OURENSE)
Teléfono 988456403
InstalaciónsServizos preparados para discapacitados - Duchas de auga quente - Arborado abundante - Embarcadero - Zona de barbacoas
OS DATOS
Sabado 28. Montaña, sendeirismo e escalada / cena o aire libre / festa
Domingo 29. Almorzo / Piragúismo pola mañá / Xantar / Tarde lúdica no encoro
Saida as 10:00 horaas dende o local social
Mais información no club
NOTA: A mais que probable asistencia a os festexos populares fai que iste ano optaramos por prescindir do almorzo e do xantar no albergue (horarios pouco axeitados) e así dar un pouco de marxén para ir coas piraguas (11:00 horas) e xantar un pouco mais tarde.

16.6.08

Vivac en Trevinca




TRAVESÍA CON VIVAC EN TREVINCA

21 e 22 de xuño

Desde Porto de Sanabria remontaremos o val do río Bibei para achegarnos ás fermosas lagoas de Ocelo e a Serpe. Vivaquearemos na montaña máis alta de Galicia para ó día seguinte seguir o cordal cara o Moncalvo e regresar por Valdetiendas que seguramente ainda nos ofrecerá a estas alturas un aspecto moi primaveral.



Data: 21 e 22 de xuño

Hora: 09:00
Punto de encontro: Local social

O que se precisa:

Vestimenta tipo cebola e botas de montaña
Saco e funda de vivac, aislante.
Alimento para os dous días.

Dificultade : Baixa.

Prezo: 7 euros (Inclúe aloxamento sen calefacción pero con fermosas vistas ó universo. Gastos de desplazamento non incluídos)


3.6.08

Escalada en Barrios de Luna-León


Barrios de Luna-7,8 de xunio

Actividade de escalada na escola de "Cuatro Valles" sita en Barrios de Luna, León e na que está previsto formar grupos para practicar tanto a escalada deportiva coma a escalada clásica. Importante apuntarse con tempo para formar os citados grupos e mirar o equipamento necesario para a actividade. Opción de sair o venres pola tarde.


Mais información no local social