30.6.10

Actividades 3º Trimestre 2010

Calendario de Actividades 3º Trimestre 2010

XULLO

11 de xullo

Montaña: Corgas e montañas do Xurés

17,18 de xullo

Multiactividade en Manzaneda

Sendeirismo, actividades infantís...


AGOSTO

1-8 de agosto – Pirineos 2010


SETEMBRO

18-19 setembro

Montaña: Circular ó macizo de Ubiña

19 de setembro

Trail: Maratón e Cross de montaña “Penedos do Lobo”

25 de setembro

Sendeirismo: O Xurés

As datas e lugares das actividades están suxeitos a modificacións. Mantente informado en www.clubalinoourensan.es ou en facebook

15.6.10

Sanabria

26 e 27 de xuño de 2010
Lago de Sanabria
Multiactividade

Despois de tantos anos celebrando a entrada do verán en Muiños este ano repetimos o concepto da actividade pero cambiamos de entorno xeográfico. O Lago de Sanabria servirá de referente no 2010 para as actividades de sendeirismo, actividades infantís, baños e parrillada. Temos feita a reserva no refuxio dos Montañeros Zamoranos pero as prazas son limitadas.

¡Atención!
Apuntate con tempo para que podamos xestionar a pernocta.

ACTIVIDADES
SABADO 26
- Sendeirismo tanto adultos coma nenos pero con rutas diferentes, a partir das 11:30 horas.
- Cena no refuxio a base de parrillada (costilla, polo...)
DOMINGO 27
- Piragüismo a partir das 11:oo horas para todos os que o desexen.
¡Importante! Avisar con tempo para reservar as piraguas


Máis información no local social e nesta páxina nos vindeiros días.

Coñece a escalada

20 de xuño
Coñece a escalada
Escola de escalada "Canón do Sil"

Actividade básica de escalada na escola de escalada “Canón do Sil” sita no lugar do que toma o nome e na que podemos atopar "vías" de escalada de variada dificultade que nos permitiràn iniciarnos nesta modalidade deportiva progresando en vertical en vías de graduación de dificultade de menor a maior.
ATENCIÓN: Prazas limitadas (10)

Os Datos
Data: 20 de xuño
Hora: 16:00 horas
Lugar: Canón do Sil

Máis información no local social do club



Actividade Coñece 2010






Actividade Infantil
: Os pequenos tamén disfrutarán desta xornada de escalada o domingo. O igual cos maiores xuntarémonos pola tarde no Canón do Sil a partir das 16:00 horas e probaremos algunha das vías de escalada da escola. Máis información no local social do club.

14.6.10

Travesía por Somiedo



TRAVESÍA POR SOMIEDO


19 e 20 de xuño

Desde Torrestío crestearemos polos picos máis altos de Somiedo e faremos vivac onde nos pille a noite.

Os datos

DATA: 19 de xuño

HORA: 09:00

LUGAR: Sede social do clube

MATERIAL: Roupa e calzado de montaña, comida para os dous días, saco de durmir, funda de vivac e esterilla.

8.6.10

Coñece a espeleoloxía



Coñece 2010
Coñece a Espeleoloxía
12.06.2008
Cueva del Alfarero

¡APLAZADA! (Por previsión metereolóxica mala)


Actividade do "Proxecto Coñece 10" na que nos iniciamos na exploración das cavidades soterradas. Visitamos a zona de O Barco de Valdeorras (aínda que a localización desta cova está na parte leonesa desta zona karstica) para explorar a cova "Alfarero" preto de o pobo de Covas. A cova do Alfarero é unha cova de distribución horizontal polo que non é preciso ter coñecementos previos desta modalidade deportiva e resulta apta para todas as idades.

Os Datos
Data: 12.06.2010
Hora: As 09:30 horas dende o local social do club
Material: Mono de obreiro ou similar, botas de auga ou de sendeirismo. Comida


Actividade Coñece 2010 -Outras actividades Coñece 2010
20 de xuño - ESCALADA
Canón do Sil
. Actividade básica de escalada na escola de escalada “Canón do Sil” sita no lugar do que toma o nome e na que podemos atopar "vías" de escalada de variada dificultade que nos permitiràn iniciarnos nesta modalidade deportiva progresando en vertical en vías de graduación de dificultade de menor a maior. Prazas limitadas (15)

Actividade Infantil: Aproveitando a actividade de Coñece a espeleoloxía levaremos os pequenos para disfrutar dunha nova xornada baixo a terra despois da realizada en Cornatel vai algúns días. Mesmo horario e condicións ca actividade dos maiores.