25.2.10

Montesinhos

Senderismo
13-14 de marzo
Montesinhos-Bragança-Portugal

El Parque Natural de Montesinho marca la frontera con las tierras zamoranas y orensanas. Sus cerca de 75.000 hectáreas nos adentran en un mundo de aldeas (90.000 habitantes repartidos en 92 aldeas) que parecen perdidas en la noche de los tiempos, protegidas por elevadas cumbres (que van desde los 438 m. hasta los 1481 m.) y profundos valles pizarrosos por los que discurren tranquilos riachuelos recién nacidos...
OS DATOS
SAIDA: Sábado 13 as 09:00 horas dende o local social
PERNOCTA: Casa Rural Casa da Edra - Montesinhos con cena (sábado) e almorzo(domingo)
ACTIVIDADE: Rutas por Gimonde, Montesinhos e Muimenta.
Apuntarse con antelación suficiente
Más información en local social del club.

10.2.10

Montihuero



Montihuero

20 e 21 de febreiro

Continuando coas prácticas invernais aproveitaremos para, si a meteoroloxía e as condicións no lo permiten, ascender o Pico Montihuero, un dos máis destacados da Babia leonesa.
¡Prazas limitadas. Apuntádevos axiña!

Os datos
DATA: 20 e 21 de febreiro
HORA: 09:00
LUGAR: Sede social do clube
MATERIAL: Roupa e calzado de montaña, polainas, chaqueta impermeable, , piolet, crampóns, arnés, casco e comida de ataque

5.2.10

Como orientarse en Trevinca no medio da ventisca (31-01-19)?


ORIENTACIÓN EN TREVINCA A FINAIS DE XANEIRO DO 2010


Enviovos o mapa a 1:25000 do I.G.N. (229-III, Vega de Tera) co trazado do percorrido EN VERMELLO realizado o segundo día da actividade do fin de semana pasado.

Foron aproximadamente 6 km ida-volta. Como referencia conductora podía usarse a liña de cumes (CORDAL EN MARRÓN NO MAPA ADXUNTO) ao Oeste do val que subimos, ou tamén o curso do regato que subimos e que alimenta as dúas lagoas.


Coñecendo previamente a zona podíase emprender a camiñada nas condicións que tivemos sen usar búxola. Únicamente tendo como referencias as dúas liñas conductoras (regato e/ou cordal) e un mapa podíase asumir o percorrido sen elevados riscos de perderse, como así foi.


Dentro dun círculo verde aparece a casoupa de pastores medio derruida que hai entremedias das dúas lagoas. Máis ao Norte do final da nosa camiñada (seguindo a liña discontinua) esta o cume de La Plana.
Existe tamén un mapa-guía publicado pola mesma administración a 1:50000 que se chama Lago de Sanabria. Non colle moi ben o lado da Veiga, pero ten unha planimetría excelente no que respecta á representación do relevo.

Un saúdo!


O Xan