28.10.09

Magosto Social 2009


Magosto Social 2009
7 e 8 de novembro

Festa do magosto a celebrar, como xa é tradición, no refuxio “Pena do Caldeiro” en Manzaneda os días 7 e 8 de novembro. Teremos actividades de sendeirismo, orientación, e algunha outra mais o sábado pero coma sempre serán os participantes e as condicións climatolóxicas as que decidan, o que facer e como facelo, cando se achegue a data. Pernocta no refuxio con cena, festa da castaña e queimada (“QuerosenoElias”) ata que o corpo aguante. O domingo será o estado físico dos participantes o que decida que se pode facer…Segue a información que xurda desta actividade nesta mesma páxina ou ponte en contacto co club.

Proposta Menú Cena
- Empanadas (Setas, chipirons, carne e chourizo)
- Chourizos
- Bica
-Licores espirituais

PREZO
Ainda por confirmar (en torno os 12 €)

19.10.09

Cumbres de Somiedo


ATENCIÓN: Salida anulada por meteorología adversa

24 e 25 de outubro


Ascenso a varios Picos no límite do Parque Natural de Somiedo. Ruta de dous días con vivac. Partiremos desde Torrestío para ascender os Picos Cualmarce, Calabazosa, Morronegro...

Os datos
DATA: 24 e 25 de outubro
HORA: 09:00
LUGAR: Sede social do clube
MATERIAL: Roupa e calzado de montaña, chaqueta impermeable, esterilla, saco e funda de vivac ou tenda.


16.10.09

Atlas 2010

Atlas marroquí 2010

Para a Semana Santa de 2010 estamos a preparar unha actividade de montaña, como xa adiantamos meses atrás, no Atlas de Marruecos. A viaxe farémola en avión ata Marrakech e logo en taxi ata o refuxio xa metidos en plena montaña. É importante facer unha lista de interesados na actividade xa que tramitar os billetes de avión con antelación suficiente permitirá aforrar unha chea de cartos.

Dende xa abrimos no club unha lista de interesados para formar un grupo mínimo de 10 socios para continuar adiante coa actividade. Si estás interesado ponte en contacto co club...


9.10.09

IX Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán

1º premio: Manuel Veiga Rial por “Descenso da Vert”


IX Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán

Acta de resolución do concurso:


Reunidos no local social do club o mércores 30 de setembro de 2009:
Don Angel Barrio Alonso.
Don Bernardino Barandela Cid.
Don Ignacio Rafael Ramos.
Como membros do Xurado do IX Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán, designados pola Xunta Directiva do club, faian dito concurso dando como resultado o que segue:

1º premio: Manuel Veiga Rial por “Descenso da Vert”
2º premio: Felix Angel Parada Mouriño por “Canal de lechugales”
3º premio: Florentino Tino Taín por “Brewster Trail”

Ademais os membros do Xurado acordan conceder un accessit pola calidade da obra presentada a:
Accesit: Vicent Auzillón por “Telas de agua”

Os membros do Xurado felicitan a tódolos participantes desta novena edición do concurso fotográfico pola excelente calidade das obras presentadas.

PARTICIPANTES:

Javier Moldes Magdalena, Lidia Daquinta Santas, Elías Rodríguez Gómez, Jorge Pallás Vallerós, Venerando Feijoo Quintas, Manuel Veiga Rial, Pedro Seoane López, Florentino Taín Guzmán, Felix A. Parada Mouriño, Vicent Auzillón, Joaqín Dobarrio Romasanta, Baldomero Conde Morán, Jose Del Rio Caamaño, Alberto Vila Garrido, Ramón Vila Garrido, Ana Macía Aira.


2º premio: Felix Angel Parada Mouriño por “Canal de lechugales”

Accesit: Vicent Auzillón por “Telas de agua”

NOTA: Os traballos premiados e todolos presentados o IX Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán serán expostos no mes de novembro dentro do Outono Fotográfico. No seu momento informaremos de datas e lugar da exposición.

2.10.09

Actividades 4º trimestre 09

Calendario Actividades 4º Trimestre 09

OUTUBRO

3 de outubro

ORIENTACIÓN. IIº TROFEO DE CARREIRA DE ORIENTACION PEDESTRE CONCELLO DE O BARCO DE VALDEORRAS

10-12 de outubro

SENDEIRISMO- Fuentes Carrionas –Palencia.

10-12 de outubro

ESPELEOLOXÍA- VIII CAMPAMENTO EXTRATERRITORIAL GALEGO DE ESPELEOLOXÍA.

Alto Curueño – León

24 de outubro

SENDEIRISMO- Os Peares – Interesante excursión con retorno en tren.

24 e 25 de outubro

MONTAÑA - Ubiña - Morronegro desde Torrestío

NOVEMBRO

7-8 de novembro

MAGOSTO SOCIAL 09: Sendeirismo, orientación e festa do magosto en Manzaneda

21 de novembro

ESPELEOLOXÍA. O Barco de Valdeorras

21 e 22 de novembro

MONTAÑA – Trevinca dende Vilanova

23-27 de novembro

XI SEMANA AUDIOVISUAL CLUB ALPINO OURENSÁN

27 de novembro

CENA SOCIAL ANUAL 2009

DECEMBRO

5-8 de decembro

SENDEIRISMO – Sierra de Albarracín (Teruel)

6,7 e 8 de decembro

MONTAÑA - Montaña Palentina

15 de decembro

ROCÓDROMO: Xincana 09