22.11.08

Conferencia Jesus Calleja y Cena club
















Pues os dejo el enlace de las fotos para que podais descargarlas, un saludo

























17.11.08

Última hora.0





ROCÓDROMO

O mércores 19 de novembro as instalacións do rocódromo permanecerán pechadas por coincidencia coa X Semana Audiovisual Club alpino Ourensán.

CENA ANUAL

Os apuntados a Cena Anual que ainda non comunicaran o 2º prato chamade o club o mércores para poder facilitarlle a lista o restaurante. Lembrade recoller a entrada numerada para o soreto durante a cena. Este ano colaboran no sorteo Zagora Aventura, Cristina Quiroga (Estética y Masajes) e Cervexería O Moucho.

SENDEIRISMO

O día 23 de novembro celébrase a 1º Camiñada de Cortegada de Baños, dende o club e da mán de Elias estamos a argallar a participación na mesma. Si estás interesado ponte en contacto co club.

TREVINCA en DECEMBRO

Finalmente a saida a Trevinca no mes de decembro (días 6,7 e 8) será unha actividade conxunta de montaña e sendeirismo. Sendeirismo terá como base o Hotel Fonte da Cova (prazas limitadas) e montaña está a estudiar a posibilidade de facer vivac. En breve maís información.

14.11.08

Exposición Fotográfica

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
VIII Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán

Exposición dos traballos presentados na 8ª edición do concurso de fotografía do club, enmarcado dentro das actividades do Outono Fotográfico, e na que podedes ver as obras gañadoras na presente edición 2008.

Dende o día 16 ata o 30 de novembro estaràn todas as fotos expostas en:

LICEO RECREATIVO ORENSANO

Lamas Carvajal 5

Teléfono: 988 22 00 16