23.2.07

NON AO PARQUE EÓLICO EN PENA TREVINCA

En breve pode comezar a instalación dun novo parque de aeroxeneradores na Serra do Eixo ubicado no principal cordal de acceso a Pena Trevinca desde o Oeste. Esta posibilidade pende desde xa hai uns anos como unha espada de Damocles máis sobre o macizo de Trevinca, a xeito de herdanza maldita do anterior goberno da Xunta.
Nas últimas semanas a Conselleria de Medio Ambiente por unha banda e a de Industria por outra, botan balóns fóra sobre o tema, tratando aparentemente de desviar a atención sobre o inminente acometemento das infraestructuras definitivas deste parque eólico, cos ánimos dunha coñecida alcaldesa da zona. Segundo eles o proxecto esta aprobado porque cumpre os requisitos “legais” e listo.
Para quen non coñeza moito a zona, dicer que a Serra do Eixo é un dos principais contrafortes das Trevincas, discurrindo de oeste a leste en plenas Terras de Valdeorras, ao norte do Concello de A Veiga. Na actualidade é un dos principais accesos a pé até o corazón do macizo pasando polo cume do Maluro e subindo desde o povo de Vilanova, puidendo necesitarse de crampóns na zona coñecida como Lombo do Rociín, sendo unha boa alternativa á subida Directa que se acomete desde A Ponte ou á máis curta que sae de Fonte da Cova. Moi perto esta o milenario -tamén ameazado polas minas de lousa- Teixadal de Casaio con especímenes cepados desde hai 4000 anos.
A construcción do parque eólico en cuestión suporia a invasión dunha parte importante -a máis ao O- do cordal da Serra do Eixo con vistas ao canón do Xares e ao encoro de Prada polo sul. A excusa “legal” é que supostamente estaría fóra da Rede Natura. A min a permivisidade ou connivencia dos poderes públicos con esta situación, pareceme unha auténtica mostra de cinismo, dandoselle cobertura a uns claros intereses economicistas.
O que queremos os colectivos de montaña, é que toda a Alta Montaña Galega -e nomeadamente as serras orientais- quede libre de aerogeneradores, dado o seu impacto ambiental, pero tamén social, incidindo especialmente dun xeito negativo no sector do lecer e o turismo. Que senso ten entón a recente inauguración parcial dun sendeiro -realizado con axudas europeas- de máis de cen kilómetros que costou un millón de euros e que cruza todo o macizo, para ver virandelos e máis virandelos?
Este contorno natural e social denominado hoxe Terras de Valdeorras, xa ten pagado con creces o “peaxe energético” a través da construcción dos innumerabeis encoros existentes na zona, ao longo dos rios Sil, Xares,…Algún deles como o devandito encoro de Prada (A Veiga) feito nos 60, supuso o desaloxo forzoso dos habitantes do pobo de Albergueria. Curiosa información sobre sobre este caso en:
http://centros.edu.xunta.es/iesaslagoas/slorenf/Umia/franco0.htm

Os poderes públicos teñen que ser valentes na protección do noso medio natural e social, defendendo o que sen dúbida é o máis importante macizo galaico, o Macizo de Trevinca-Sanabria, o derradeiro e máis complexo sistema montañoso da nosa eurorrexión. Unha montaña irrepetíbel, un espazo salvaxe, un lugar para a aventura, unha alfaia xeolóxica, faunística e botánica.
Neste sentido, quero pedir todo o apoio necesario para o Club Peña Trevinca-O Barco e os outros sete clubes galegos de montaña, que pulan nesta campaña para a protección destes lugares emblemáticos, ante ameazas como estas e outras tamén recentes como a especulativo proxecto de estación de esquí na Veiga. Como Club Alpino Ourensán-Club Alpino Manzaneda coido que temos que posicionarnos firmemente na defensa destes ecosistemas, como xa se ten feito no seu dia no caso de Pena Corneira e apostar pola creación dun Plano Íntegral de Desenvolvimento Sostíbel da Montaña Galaica, consesuado con todos os sectores implicados.
Por iso, hai que esixirlle á Xunta de Galiza que anule este proxecto e adopte as medidas definitivas que conduzan a todo o macizo de Peña Trevinca a ser recoñecido coa figura legal de Parque Nacional para todo o complexo montañoso que abrangue as provincias de Ourense, Zamora e León. Dunha vez por todas a administración autonómica e estatal teñen que ser conscientes da importancia de protexer a Alta Montaña Galega a modo de desfrute dos presentes e como herdanza para as vindeiras xerazóns.
Temos que prantexar iniciativas de acción para que isto sexa unha realidade, a ti que se che ocorre?

2 comentarios:

pedro díaz dijo...

el artículo me parace muy interesante y aclaratorio, animo a la persona que lo redactó a que lo envie a los medios de comunicación.
Como miembro de un Club de Montaña propongo que nos valgamos de los recursos de montañeros que tenemos, por ejemplo planteando el establecer un CAMPAMENTO PERMANENTE en la cima del TREVINCA, por campamento permanente entiendo que en el mismo, día y noche los 365 días del año habrá alguna persona/as; para ello invitaremos a todos los Clubs de Montaña de la Peninsula -en defensa del horizonte límpio en las alturas-; así mismo y en el Collado entre el TREVINCA y el PEÑA NEGRA: un campamento de fin de semana al que invitamos a los ciudadanos y sobre todo a los colegios de Galicia y Castilla León -con la idea de que SIENTAN una noche en la MONTAÑA-. Que sirva este comentario como reflexión, por mi parte me somento a rectificaciones, aclaraciones y nuevas propuestas. Un saudo

Xan dijo...

Ola de novo. Mandei a primeira metade deste artigo (con algunha variación) á Voz. Houbo sorte e o publicaron este domingo na sección de cartas ao director.
Coido que temos que prantexar iniciativas de acción para que facer frente a posibilidade do parque. Eu comezaria facendo unha marcha conxunta nesta primaveira con outros clubes de montaña e grupos naturalistas, como se fixo non seu dia para reivindicar a protección do Bidueiral de Montederramo, presentando esta actividade cunha rolda de prensa e editando carteis para darlle publicidade. Pode ser o punto de partida para ver a posibilidade de instalar un campamento permanente de carácter reivindicativo na zona.