SOLEADO SAN ISIDRO!!! (24 e 25 de marzo)
Alá fomos 17 persoas, catro delas monitores: Antón, Quico, Tato e Ana. Os restantes, algúns xa expertos, outros medio iniciados pero a maioría novos no que á alta montaña invernal se refire.
Tivemos sorte co tempo e coa montaña. Primeiro día era nuboso e ameazante, pero saimos en fila india con raquetas e o Tato con esquís a través do Val de Wamba e fixemos cume na evocadora “Peña del Viento” (2000 m.). Tras oito horas, e coas greñas conxeladas esperaban por nós no refuxio do Club Torrecerredo, Ramón o guarda e a súa muller Ana (encantadores).
O domingo amaneceu esplendoroso. En frente esperábamos o Pico Torres (2107 m.). Con nós un grupo de socios deseosos e ansiosos tras o primeiro día de volver a facer montaña. Á base do Pico chegamos todos, fixemos dous grupos: uns foron con Antón a facer prácticas de autodetención, encordamento, nudos, ramaseo e un longo etc…Os demáis continuamos facendo un rodeo hacia á cara norte para dende alí atacalo cume. Foi a parte máis técnica pois pasamos por zonas bastante expostas e de forte pendiente e incluso tivemos unha pequena trepada. Para baixar por ese sitio puxemos unha corda e case todos se estrenaron co “pruxik” para baixar.
Todos usaron raquetas, piolets, case todos os crampóns. Os que non sabían aprenderon como na mochila invernal hai que levar case de todo etc…pero por riba de todo TODOS disfrutamos moito da montaña. Regresamos contentos porque creemos cumplido o obxectivo de crear aficción. Así que benvidos ós novos e novas montañeiras.
Verémonos en Ubiña o 28 e 29 de abril. Ide preparando unha boa mochila de porteo porque dormiremos arriba na alta montaña.
Saudos
9 comentarios:
Sinto ter que escribir isto aquí cando tiña que facerse no foro, pero non son usuario.
paréceme avergoñante que pasasen dous períodos vacacionais (un deles da magnitude do Nadal)e que vaia a pasar Semana Santa sen poder empregalo. O refuxio non sirve só para esquiar ou ir no vrao a escalar. O propio feito de ter un refuxio así xa é motivo de tentar rematar as obras canto antes.
Non todo é coñas. Que si fotos guapas, que si "invidia".
AS COUSAS SIRVEN PaRA ALGO, emporiso hai que UTILIZALAS, que costan cartos.
¿No entiendo nada?, El Tlf. del club es el 988 232 628.
¿Que pasó con mi primer comentario?, pues nada lo repito ahora.
mu chulas,que envidia.
Hola, chámome Ernesto, inda que son novo no Club de Montaña, non son novo nela xa facia meus pinitos de cando en vez... Estiven co Club en San Isidro con dezaseis estupendas persoas, que ensinaronme que a montaña non se fai a un, se non que tes que facerte a ela. Proba diso son os meus tres calambres, todos na mesma perna, ten coña, agora figuran coma tres moscas nos meus caxatos.Inda así arrivei sempre no seu caron (inda que sempre andaban a ollar ulo me atopaba, era o derradeiro de cola xunto con Anton que pechaba o grupo e a nosa conversa), aló ulo se toparan eu chegaba, eu mais os meus tres calambres... Foi a miña millor experiencia que tiven na alta montaña, alégrome de formar parte dista boa familia. Grazas
GRAZAS Ernesto!!!!
Así da gusto facer saídas.
Non puden ir por compromisos persoales, pero polo que vexo nas fotos a cousa púsoxe de cara: sol e bó rollito.
En fin, espero ir a Ubiña no mes de Abril. A ver si aguanta ata esas datas a neve caída nestas últimas nevadas.
SAÜDE
querido tretas:
entendemos e compartimos a túa crítica. Pero este non é o lugar. Tes o foro e facerse usuario eche de balde.Esta entrada do blog corresponde a saída do Pico Torres e esta feita pola vocalía de montaña que non é competente no asunto do refuxio.
Quen sexa o Tretas (que o sabemos )decirlle que transmitiremos a queixa. Recibe unha enorme aperta montañeira.
Eu digo...
Isto de publicar fotos está moi ben...pero hai que escollelas millor...a miña parenta viunas e soltoume : ¿enton, vas a montaña ou a tomar birras co Manuel e o Ernesto? ¿que carallo fas ca Rosalia no colo mandando bicos?...¡¡hai que ter un pouco de tacto!!..logo as labazadas levoas eu...
Saudos os compis de saída...¡¡ hai que repetila!!
Carlos "O sherpa de Güín"
Publicar un comentario