14.4.07

COÑECE-Montaña-Ancares


PROXECTO COÑECE - MONTAÑA (Ancares)


Primeira actividad de COÑECE adicada a montaña, o sábado 21 partimos cara Os ancares.


ANCARES Ascensión o pico Penarubia, dende o pobo de A Freita, manexando cartografía e buscando o xeito de facer a aproximación para, unha vez situados o pe do cume, amosar unhas nocións básicas do manexo de sistemas de seguridade e progresión en rocha (uso de arnés e corda, cabo de anclaxe, montaxe de seguros). O regreso tentaremos de facelo seguindo o cordal do pico ata acadar un sendeiro que percorre a súa base polo bosque e nos deixa de novo no punto de partida.


OS DATOS

DATA: Sábado 21-04-07

HORA: 08:00 horas

LUGAR: Saida dende o local social do club

MATERIAL: O material técnico aportado polo club. Do resto o de sempre (roupa comoda e de abrigo, calzado de suela semiríxida, cantimplora, gorro, gafas...
OUTRAS ACTIVIDADES "COÑECE"

29/04/2007 - COÑECE A BICICLETA DE MONTAÑA – Ourense.
Ruta de iniciación a BTT polos arredores da cidade na que nos sorprenderemos das posibilidades de montar en bicicleta por sitios fermosos a poucos minutos do sillón.

05/05/2007 - COÑECE A MONTAÑA- ESCALADA - Circuito de escalada clásica en San Pedro de Rocas.
Un marco ideal para dar os primeiros pasos na montaña trepando por penedos dun xeito divertido e rodeados de natureza.

12/05/2007 - COÑECE O SENDEIRISMO - Bosque de Redimoas (Beade - Ribadavia)
Percorrido sendeirista de iniciación por un fermoso bosque pertencente a Asociación Cultural - Ecoloxista Redimoas

26-27/05/2007 - COÑECE A ESPELEOLOXÍA - Covas - O Barco (Zoa de traballo do Club Alpino Ourensán)
Iniciarse na exploración das cavidades soterradas dun xeito doado e disfrutando da paisaxe que dibuxa o río Sil.

23-24/06/2007 - COÑECE OS RAIDS DE ORIENTACIÓN – Muiños.
Sendeirismo, BTT e piraguas xuntas trazando un percorrido sobre mapa para disfrutar da natureza doutro xeito.

No hay comentarios: