18.11.07

Fariñentu e Tapinón




Macizo de Peña Ubiña
24 e 25 de novembro de 2007

Na próxima fin de semana achegaremonos ó Macizo de Ubiña pero desta vez faremolo desde a vertente asturiana, menos accesible para nós e seguramente por iso menos visitada. Partiremos de Tuiza de Arriba para ascender o Fariñentu e logo disfrutar do máxico bosque de acibros nos Puertos de Agüería. O segundo día subiremos o Tapinón e voltaremos a Tuiza de Arriba

Os datos

Data: 24,25 de novembro
Saída: Sabado 24 ás 08:00 dende o local social
Dificultade: Fácil (sen neve)
Material: Funda de vivac e saco potente aínda que pode que durmamos baixo teito si andamos lixeiros.
Según evolucione o tempo esta semana é posible que teñamos que levar piolet e crampóns.

1 comentario:

inthenigth dijo...

Hola rapaces:

Si o tempo acompaña medianamente, que coido que si, contade conmigo para a saída a Ubiña.

SAÜDE