31.3.08

COÑECE 08

COÑECE 08

Presentamos aquí a edición COÑECE 2008 ca ilusión de cando menos repetir o éxito do pasado ano co proxecto COÑECE 07 no que participaron preto de duascentas persoas no global das actividades entre socios e non socios.

O “Coñece” son un conxunto de actividades pensadas para dar a coñecer a aventura e o deporte no entorno natural e que dende o Club Alpino Ourensán, avalados por unha experiencia de 40 anos no mundo da montaña, planeamos dun xeito ameno e sinxelo, importa mais as ganas de participar ca condición física ou os coñecementos técnicos, para que todos aqueles interesados en facer algo distinto poidan iniciarse dunha vez por todas.

Montaña, sendeirismo, escalada, bicicleta de montaña, espeleoloxía, descenso de barrancos e actividades infantís son a proposta de actividades para a presente edición que coidamos resulta interesante e que abarca a unha parte importante dos deportes que se poden practicar en espazos abertos.

PROGRAMA COÑECE 08

COÑECE A MONTAÑA
12.04.08 / PICOS DE FONTEFRÍA.O XURÉS: Fermosa paraxe de montaña axeitada para dar os primeiros pasos e iniciarse no xeito de acadar unha cume.

COÑECE A ESPELEOLOXÍA
26.04.08 / COVAS. O BARCO DE VALDEORRAS: Actividade espeleolóxica nunha cavidade sinxela para adestrarse na exploración do mundo soterrado.

COÑECE AS ACTIVIDADES INFANTÍS
20.04.08 / PENA CORNEIRA: Doado percorrido de rastreo por entre as árbores e os penedos desta fermosa paraxe natural para divertimento dos mais pequenos.

COÑECE SENDEIRISMO

17.05.08 / OS PEARES –OURENSE: Percorrido axeitado a todo tipo de camiñantes, con escaso desnivel acumulado, e que discorre a beira do Río Miño.

COÑECE O DESCENSO DE BARRANCOS
17.05.08 / PONTICELA: Pequeno barranco ideal para dar a coñecer dun xeito sinxelo como se desenrola o descenso neste peculiar medio natural.

COÑECE A BICICLETA DE MONTAÑA
25.05.08 / A DERRASA: Circuíto por sendeiros e pistas de escaso desnivel e pensado para iniciar a os interesados na BTT.

COÑECE A ESCALADA
24.05.08 / FEAS: Escola de Escalada “Baltar”. Visitaremos esta pequena escola de escalada con vías doadas e axeitada para “trepar” por primeira vez.

No hay comentarios: