14.4.08

CÑ.08 - Actividad Infantil en Pena Corneira-FOTOS-

CÑ.08

Actividad Infantil-Pena Corneira
A actividade infantil do mes de abril estába incluida dentro do Coñece 08 e fixémola en Pena Corneira, flamante novo espazo natural protexido, onde os pequenos exerceron de exploradores con unha proba de rastreo por entre os penedos e as árbores a percura do oso da Pena. Os encargados das actividades infantís fixeron gala de imaxinación e tiveron a os rapaces buscando entre pedras e árbores a un oso que se deixaba ver a o lonxe trepando polas rocas e removendo a vexetación. Finalmente deron ca cova do oso e resultou ser un bicho afable que morría por un pouco de augua.
Antes do xantar xogos organizados por Ososanti e pola tarde montamos unha tirolina con gran éxito despois de que baixase o primeiro e levantara unha morea de augua co traseiro.
¡Vémonos na seguinte actividae en maio!

Os datos
Data: 27.04.08
Hora: 11:00
Punto de encontro: Area recreativa de Pena Corneira
Participantes: 14 nenos e 15 adultos











OUTRAS ACTIVIDADES CÑ.08

COÑECE A ESPELEOLOXÍA 26.04.08 / COVAS. O BARCO DE VALDEORRAS
Actividade espeleolóxica nunha cavidade sinxela para adestrarse na exploración do mundo soterrado.
COÑECE SENDEIRISMO 17.05.08 / OS PEARES –OURENSE
Percorrido axeitado a todo tipo de camiñantes, con escaso desnivel acumulado, e que discorre a beira do Río Miño.
COÑECE O DESCENSO DE BARRANCOS 17.05.08 / PONTICELA
Pequeno barranco ideal para dar a coñecer dun xeito sinxelo como se desenrola o descenso neste peculiar medio natural.
COÑECE A BICICLETA DE MONTAÑA 25.05.08 / A DERRASA
Circuíto por sendeiros e pistas de escaso desnivel e pensado para iniciar a os interesados na BTT.
COÑECE A ESCALADA 24.05.08 / FEAS Escola de Escalada “Baltar”.
Visitaremos esta pequena escola de escalada con vías doadas e axeitada para “trepar” por primeira vez.