O berce do Dobra
Os máis afortunados disfrutamos de catro días, outros so estiveron un par de xornadas pero coido que aproveitamos ben o tempo e o rumbo para percorrer as paisaxes pintadas do verde primaveira no berce do Dobra. Pasamos leves polo tapiz de Vegabaño, ¿E máxico, ou non?. Jayedos, canales, compeed, sidrina...risas, números negativos e positivos, burros avariados...
A explosión de cores que xa invade o val ainda nos deixou enredar coa neve nas cotas superiores e acadar a visión da raíña do cornión desde miradores privilexiados.
Tamén descubrimos algún balcón vertixinoso fora das rutas máis pateadas. Sorpresas reservadas para aqueles que sempre queren ver máis aló do seguinte porto.
¡Ata a próxima Sajambre!
1 comentario:
Qué montaña más curiosa, tiene una forma de pirámide muy wapa.
Un saludo, Diego.
Publicar un comentario