17.9.08

VIIº CAMPIONATO GALEGO DE ORIENTACIÓN PEDESTRE (O Castro de Valdeorras, 04/10/2008) Organiza o C.A.M. ANIMATE E VEN!!


O vindeiro sábado dia 4 de outubro a partir das 11 da mañá desputarase nos montes de O Castro de Valdeorras (o VIIº CAMPIONATO GALEGO DE ORIENTACIÓN PEDESTRE-XVIIIª Liga Galega), co-organizado pola Sección de Orientación do noso clube e as concellarías de Deporte e Medio Ambiente do Concello de O Barco.

Para os profanos no tema, o Deporte de Orientación, na súa modalidade pedestre, consiste na realización -correndo ou andando- dun percorrido, localizando unha serie de controis ubicados no terreo (ver foto) coa única axuda do mapa e a búxola. Máis información sobre este deporte nas seguintes webs:

•http://es.wikipedia.org/wiki/Deporte_de_orientaci%C3%B3n
•http://www.euskalnet.net/gotnorabide/castellano/enqueconsisteeldeportedelaorientacion.htm

Para os non federados en Orientación (www.fedo.es) a participación pode ser individual ou en grupo sacando unha licenza de dia. Haberá 7 percorridos de distinto nivel entre 2-8 km, 50-300 m de desnivel; e 10-30 controis a localizar. Os recorridos 1 e 2 son de carácter Infantil e o 3 e o de Iniciación Longa máis indicado para adolescentes e adultos. Estes percorridos discurren, en grande medida, seguindo liñas conductoras de fácil seguimento como camiños.

Máis información no boletín Nº1 da proba que estará disponible na web do clube (http://www.alpino.arrakis.es/cam/index.htm) e da AGaCO (http://es.geocities.com/webagaco) a partir do martes dia 22. É OBRIGATORIO LELO antés de formalizar a inscrición.

DIA LÍMITE DE INSCRICIÓN: Até o Martes 30 de setembro ás 16:00 h se se fai enviando os datos ao correo electrónico:o.valdeorras@gmail.com ou até o luns 29entre as 20:30 e as 22:00 H se o queredes facer directamente no local do clube.É moi importante que incluades todos os datos que se piden no boletín adxunto, porque o seguro nolos require.

1 comentario:

Xan dijo...

Nun prazo máximo de 24 horas, estará colgado o boletín e a folla de inscrición (Excel) na web do clube. Tamén hai un formulario para apuntarse directamente no clube dentro do boletín.

Animadevos, un saudiño!