Sendeirismo - Forcarei
Aproveitando a amable invitación do Concello de Forcarei, a FGM convoca a todolos clubs de Galicia a unha xuntanza de sendeiristas. Faremos unha xuntanza de sendeiristas ás 10 da mañán no Mosteiro de Aciveiro. A actividade constará dunha saída polo sendeiro PR-G 100, cun desvío para subir ata o cumio do Candán. Proseguiráse polo sendeiro e, ó remate, o Concello nos agasallará cunha festa. Dende o noso club estamos a organizarnos para asistir. Informate
Carta remitida polo concello de Forcarei - Pontevedra:
Estimados/as compañeiros/as:
Dende o Concello de Forcarei queremos levar adiante un proxecto no que TODOS os Clubes de Montañismo Galegos se xunten no noso concello para facer todos xuntos o roteiro recentemente homologado PR-G 100 , que discorre o traveso da Serra do Candán , intregada a nesma na Rede Natura 2000.
Temos a teima de que sexa o noso Concello quen a organice, pois queremos facer honra do nome da nosa comarca, TERRA DE MONTES, posto que a vinculación das xentes de aquí coa montaña e moito máis que a simple denominación da Comarca.
Ademáis outro dos obxetivos é dar a coñecer e promocionar o mundo do sendeirismo como un medio para a conservación do noso patrimonio natural , tantas veces esquecido e derramado. Ademáis dar a coñecer ao público en xeral este mundo para que cada vez sexan máis os practicantes deste deporte.
Para levar a cabo esta Xuntanza de Sendeiristas Galegos , poñemonos en contacto con vos como Federación que engloba aos diferente clubes galegos para poñer unha data óptima para a realización da mesma.
En resumo, queremos que ese día sexa un día festivo para todo o sendeirismo galego, no que o Concello de Forcarei non escatimará traballo para que sexa unha xornada inesquecible para todos.
Ademáis do roteiro tense pensado facer unha " festa ao remate " e entrega de diplomas.
Aproveito a ocasión para enviavos un cordial saúdo,
Atentamente,
Mario López Payo
Técnico Turismo do Concello de Forcarei.
Os datos
Lugar:
Concello de Forcarei - PontevedraPR-G 100 - Mosteiro de Aciveiro
Data:
19 de outubro de 2008
Prazas:
Ilimitadas, pero de obrigada inscrición previa para a boa organización do Concello, que fará un agasallo culinario ós asistentes
No hay comentarios:
Publicar un comentario