18.2.09

Curso de Iniciación a Escalada

Curso Iniciación a Escalada
1º quincena marzo
Rocódromo Pavillón dos Remedios
A piques de rematar o curso de escalada iniciado no mes de febreiro convocamos outro de identicas características para o vindeiro mes de marzo para cubrir a demanda. Curso impartido por técnico cualificado de 12 horas de duración repartidas en 6 días (martes e mércores de cada semana no mes de marzo) a 2 horas por día en horario de rocódromo. Resérvanse outros dous días (4ª semana de marzo para cubrir posibles eventualidades).
Abrirase unha lista de interesados a partir do mércores día 18 de febreiro ata cubrir as seis prazas ofertadas para este curso.
O custe do curso é de 30 € por persoa que inclúe monitor, material e documentación. Non inclúe o pase as instalacións.
A inscripción non quedará formalizada ata o momento de pagar o importe do curso.
O curso empezará o martes 3 de marzo as 19:30 horas.
As datas do curso poden estar suxeitas a modificacións.
HORARIO CURSO
Martes de 19:30 a 21:30 horas
Mércores de 20:30 a 22:30 horas
¡COMPLETADAS AS PRAZAS!
Xa non quedan prazas para este curso. Estamos a preparar outro curso para o mes de abril. Estade atentos a esta páxina. Un saudo.

No hay comentarios: