25.9.09

VIII Camapamento Extraterritorial Galego de Espeleoloxía


VIIICAMPAMENTO EXTRATERRITORIAL GALEGO DE ESPELEOLOXÍA

GES CAM CLUB ALPINO OURENSÁN - FGE
DATAS: 10-12 outubro 2009
LUGAR: Alto Curueño - León


PRESENTACIÓN

O Club Alpino Ourensán – GES CAM organiza, conxuntamente coa Federación Galega de Espeleoloxía, a presente edición 2009 do campamento extraterritorial galego de espeleoloxía, evento este o cal invitamos a todos os espeleólogos/as galegos.

A zona escollida polo noso club para esta actividade en concreto, na que se trata de levar a exploración das cavidades soterradas fora da nosa xeografía, lévanos a terras leonesas onde pensamos que todos podemos gozar en covas tales como:

. Cueva de Lendreras
. Arenal
. Tibigracias (neopreno)
. Fondillo
. Sima Perlas-Valporquero (neopreno)
. Sima Vegarada

A lista definitiva de cavidades a visitar será comunicada no momento de facer a inscrición xunto coa documentación do campamento xa que aínda estamos a explorar algunhas delas e así poder dar datos concretos.

Dende a organización estamos a traballar para que estas xornadas sexan do agrado de todos e confiamos en poder facelo deste xeito. O seguinte paso correspóndevos a vos. Póndevos en contacto co voso club para confeccionar a lista de participantes e así por en marcha o evento. Facédeo con tempo suficiente, antes da data límite, para poder organizar o traballo e corrixir calquera contratempo que se presente.

En www.clubalpinoourensan.es iremos colgando información día a día do VIIICAMPAMENTO EXTRATERRITORIAL GALEGO DE ESPELEOLOXÍA segundo se vaia producindo.

Esperámosvos a todos en León. ¡Vémonos!


PROGRAMA

Sábado 10.10.2009

12:00 a 14:00 horas

Recepción de participantes e entrega de documentación.

16:00 a 20:00 horas

Actividade espeleolóxica na zona.

Domingo 11.10.2009

Actividade espeleolóxica durante toda a xornada con pausa para xantar.

21:30 horas

Cena conxunta.

Luns 12.10.2009

10:00 a 14:00 horas

Actividade espeleolóxica

14:00 horas

Peche do VIIICAMPAMENTO EXTRATERRITORIAL GALEGO DE ESPELEOLOXÍA e despedida dos participantes.


COMO CHEGAR

O albergue “Sierro Negro” en Lavadera (León ) servirá como punto de encontro de todos os participantes destas xornadas espeleolóxicas. Aquí levaremos a cabo a recepción de participantes do VIII CAMPAMENTO EXTRATERRITORIAL GALEGO DE ESPELEOLOXÍA e aquí é onde temos feitas as reservas de pernocta para estes tres día de actividade. Para calquera cuestión que poda xurdir non dubidedes en pórvos en contacto co club por algún dos medios que vos amosamos neste mesmo triptico.

ACCESOS O ALBERGUE:

Dende León, pola estrada León-Collanzo, LE-311:

  • Pardavé
  • Matallana
  • Vegacervera
  • Felmín
  • No cruce a Valdeteja, a man dereita; o terceiro pobo é LAVANDERA

Dende Asturias, polo Puerto de Pajares, N-630:

  • Villamanín
  • Fontún
  • Velilla de la Tercia
  • Barrio de la Tercia
  • Cármenes
  • Almuzara
  • No cruce a Valdeteja, a man dereita; o terceiro pobo é LAVANDERA

MAIS DATOS

MATERIAL NECESARIO: Material de durmida, manutención e material de espeleoloxía (tamén vertical).

A ESTANCIA: Temos reservadas habitacións con literas na que é preciso o saco de durmir.
- Pernocta litera: 12 Euros (obrigatorio saco de durmir)
Opcional habitacións (si estades interesados nelas avisade con tempo para facer reserva)
- Habitación dobre: 36 Euros
- Habitación tripla: 54 Euros
- Cama supletoria: 15 €
As habitacións dobres e triplas dispoñen de sabanas e toallas (incluído no prezo).

OUTRA INFORMACIÓN DE INTERES

- Almorzo as 9,00 h.: 4 Euros
- Cena as 21,30 h.: 9 Euros
- As 23,30 h.: Hora de silencio
- As 24,00 h.: Cerre da porta

o albergue dispón de 44 pazas distribuídas así:

  • Dúas habitacións dobres.
  • Dúas habitacións triplas.
  • Dúas habitacións con literas de 16 prazas cada unha.
  • Dúas camas supletorias que se adaptan a calquera das habitacións.

Amplo salón comedor con chimenea, calefacción central e auga quente.


REGULAMENTO

  1. -O VIIICAMPAMENTO EXTRATERRITORIAL GALEGO DE ESPELEOLOXÍA celebrarase en Alto Curueño – León os días 10, 11 e 12 de outubro de 2009
  2. - É imprescindible estar en posesión da Licenza Federativa de Espeleoloxia do ano en curso para poder participar no campamento. Os menores de idade precisan de permiso paterno e acudir tutelado por un adulto.
  3. - Os participantes virán equipados con material espeleolóxico tanto de progresión horizontal como vertical.
  4. - .- O límite para facer a inscrición será o luns 5 de outubro de 2009.
  5. - A organización no se responsabiliza de posibles accidentes e declina toda responsabilidade.
  6. - Calquera outra situación ou dúbida non prevista por este regulamento será resolta pola organización.

No hay comentarios: