Xincana 09
XINCANA 09
15.12.2009
Nova edición da xincana de Nadal, en colaboración co Consello Municipal de Deportes de Ourense, nas instalacións do rocódromo no Pavillón dos Remedios. Este martes 15 a partir das 20:00 horas nas citadas instalacións do rocódromo terá lugar a 5ª edición da Xincana Club Alpino Ourensán. Unha mistura de deporte e divertimento en probas ideadas por Mar e a realizar polos participantes nesta xincana que terá premios variados gracias a colaboración de Zagora Aventura e Optica Tu Visión. As inscripcións faranse no mesmo lugar e momento da proba.
¡Vemonos no rocódromo!
1 comentario:
Boas a todos,
Despois da Xincana celebrada onte, pechamos o Roco ata o 12 de Xaneiro
Boas Festas
Saudos
Mar
Pd. Os ganadores foron Lucas e Alberto R.
Publicar un comentario