Noticias


CONVOCATORIA
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2009
A celebrar no local social do Club Alpino Ourensán sito na rúa Bedoya Nº 4, Local 9 en Ourense o venres 29 de xaneiro de 2009 ás 20:00, en primeira convocatoria e ás 20:30, en segunda convocatoria.
Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria, en cumprimento do artigo 11.1 dos estatutos do club:
11.1- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario, previa convocatoria do Presidente, ó menos unha vez ó ano para tratar das seguintes cuestións:
ORDE DO DÍA
11.1.1- Memoria, liquidación do presuposto, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación se procede.
11.1.2- Presuposto para o seguinte exercicio.
11.1.3- Proxecto e propostas do Presidente ou da Xunta Directiva.
11.1.4- Proposicións que formulen os socios e que terán de ir asinadas ó menos,polo cinco por cento dos mesmos.

Levamos dous anos traballando cos nenos do club de xeito continuado e agora no comezo de ano toca facer un novo calendario de actividades. Dende a Xunta Directiva queremos que sexa un calendario do maior interese posible e no que os pais aporten ideas. Por iso convocamos unha xuntanza no local social o día 27 de xaneiro, mércores, a partir das 20:00 horas e así entre todos poder elaborar un programa de actividades atractivo.
¡Lembra! O día 27 de xaneiro, mércores, a partir das 20:00 horas no local social
No hay comentarios:
Publicar un comentario