Ruta dos Castros
Ruta sinxela de sendeirismo de unhos 20 Km. a facer en aproximadamente 6 horas e que nos levará polos concellos limítrofes de Ourense pasando por pobos tales como Barbadáas, Sobrado ou Bentraces percorrendo camiños, corredoiras e as rúas da zona vella destes pobos.
Material: Roupa axeitada, auga e comida
As Outras Actividades Coñece 2010
12 de xuño
ESPELEOLOXÍA Cova Alfarero. O Barco
Actividade do "Proxecto Coñece 10" na que nos iniciamos na exploración das cavidades soterradas. Visitamos a zona de O Barco de Valdeorras para explorar a cova "Alfarero" perto de o pobo de Covas. A cova do Alfarero é unha cova de distribución horizontal polo que non é preciso ter coñecementos previos desta modalidade deportiva e resulta apta para todas as edades.
20 de xuño
ESCALADA Canón do Sil
Actividade básica de escalada na escola de escalada “Canón do Sil” sita no lugar do que toma o nome e na que podemos atopar "vías" de escalada de variada dificultade que nos permitiràn iniciarnos nesta modalidade deportiva progresando en vertical en vías de graduación de dificultade de menor a maior.

29 de maio
Tamén teremos actividade cos máis pequenos polo mesmo percorrido ainda que con algún quilómetro menos. Informate no local social sobre horarios e punto de partida para a actividade de sendeirismo cos nenos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario