8.6.10

Coñece a espeleoloxía



Coñece 2010
Coñece a Espeleoloxía
12.06.2008
Cueva del Alfarero

¡APLAZADA! (Por previsión metereolóxica mala)


Actividade do "Proxecto Coñece 10" na que nos iniciamos na exploración das cavidades soterradas. Visitamos a zona de O Barco de Valdeorras (aínda que a localización desta cova está na parte leonesa desta zona karstica) para explorar a cova "Alfarero" preto de o pobo de Covas. A cova do Alfarero é unha cova de distribución horizontal polo que non é preciso ter coñecementos previos desta modalidade deportiva e resulta apta para todas as idades.

Os Datos
Data: 12.06.2010
Hora: As 09:30 horas dende o local social do club
Material: Mono de obreiro ou similar, botas de auga ou de sendeirismo. Comida


Actividade Coñece 2010 -Outras actividades Coñece 2010
20 de xuño - ESCALADA
Canón do Sil
. Actividade básica de escalada na escola de escalada “Canón do Sil” sita no lugar do que toma o nome e na que podemos atopar "vías" de escalada de variada dificultade que nos permitiràn iniciarnos nesta modalidade deportiva progresando en vertical en vías de graduación de dificultade de menor a maior. Prazas limitadas (15)

Actividade Infantil: Aproveitando a actividade de Coñece a espeleoloxía levaremos os pequenos para disfrutar dunha nova xornada baixo a terra despois da realizada en Cornatel vai algúns días. Mesmo horario e condicións ca actividade dos maiores.

No hay comentarios: