Premio "Popular" X Concurso Fotográfico
Resoltos xa o 1º Premio e o "Premio Club" desta 10ª Edición do Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán queda por decidir o "Premio Popular".
PREMIO POPULAR
Segundo se expresa nas bases do concurso o “Premio Popular” decidirase por votación de entre as obras presentadas a presente edición, as cales irán numeradas e polas que poderedes votar no local social. Alí atoparedes as papeletas e recipiente para depositar o voto da que consideredes vos a foto merecedora do premio. Quedan excluídas as dúas obras xa premiadas por non poder acumular unha mesma obra mais de un premio. As obras que optan o premio poderán verse no local social do club nun montaxe audiovisual dende o día 27 de outubro ata o 22 de novembros as 20:30 horas. Tamén podedes velas neste enlace ou visitando a exposición dos traballos no Liceo Ourensán sito en R/ Lamas Carvajal nº 5 en Ourense do 16 ao 30 de novembro.
Ánimo e participade para elexir a foto "popular"
No hay comentarios:
Publicar un comentario