5.4.11

Asemblea Xeral Ordinaria 2010



Asemblea Xeral Ordinaria 2010

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria 2010 para o vindeiro VENRES 15 de ABRIL de 2011 as 20:00 horas en primeira convocatoria e as 20:30 horas en segunda convocatoria.

A Asemblea Xeral é o órgano supremo do goberno da Asociación e estará integrada por tódolos seus socios e terán dereito a voto na Asemblea Xeral, aqueles socios maiores de idade presentes ou representados, que teñan máis de dous anos de antigüidade no Club e estean ao corrente no pagamento das cotas.

ORDE DO DÍA

- Memoria, liquida dación do presuposto, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación se procede.

- Presuposto para o seguinte exercicio.

- Proxecto e propostas do Presidente ou da Xunta Directiva.

- Proposicións que formulen os socios e que terán de ir asinadas ó menos,polo cinco por cento dos mesmos.

- Rogos e Preguntas.


A Asemblea Xeral é o máximo órgano de xestión do club onde a Xunta Directiva rende contas do exercicio do ano vencido e dáse forma o futuro inmediato. Por todo isto é importante a presenza e participación do maior número de socios da entidade posible xa que este é o foro onde expor as dúbidas, suxestións ou críticas sobre o funcionamento e marcha do club.

No hay comentarios: