XIII SEMANA AUDIOVISUAL CLUB ALPINO OURENSÁN
XIII SEMANA AUDIOVISUAL CLUB ALPINO OURENSÁN
Do 22 ó 25 de novembro temos todos de novo unha cita coa edición 2011 da Semana audiovisual Club Alpino Ourensán, xa van trece, contando de novo coa colaboración do “Outono Fotográfico” e o importante patrocinio de “Fundación Florencio Álvarez e María Teresa Esteban grazas os cales un ano mais teremos a posibilidade de gozar de emocionantes aventuras, nesta edición visitaremos visualmente Arxentina, Perú, Borneo e Papúa Nueva Guinea, contadas polos seus protagonistas.
De seguido o programa do evento:
ORGANIZA: CLUB ALPINO OURENSÁN
PATROCINIO ESPECIAL da “FUNDACIÓN FLORENCIO ÁLVAREZ-MARIA TERESA ESTEBAN”
COLABORACIÓN da CONCELLERÍA de CULTURA do CONCELLO de OURENSE
PROGRAMA
Martes 22 de novembro as 20:30 h Auditorio Municipal
“BORNEO, A ILLA QUE RESULTOU ESTAR HABITADA” por Víctor Barro Casal.
Dende o parque nacional de BAKO aos 4100m do Monte KINABALU. Un percorrido pola Borneo dos pobos indíxenas que habitan a selva máis antiga do mundo. Un fío de vida a piques de desaparecer baixo o asfalto. Un historia que pode tornar, mais non tornará soa.
Para mais información pincha AQUÍ
Mércores 23 de novembro as 20:30 h Auditorio Municipal
“PERÚ, MOITO MAIS QUE NEVADOS” por Ricardo Veiga Rial, Raimundo Fernández Calvo e Manuel Veiga Rial.
Percorrido por unha serie de escaladas efectuadas na “Cordilleira Branca” de Perú durante os meses de xullo e agosto de 2011.
Para mais información pincha AQUÍ
Xoves 24 de novembro as 20:30 h Auditorio Municipal
“PERSEVERANCE” por Angel Barrio, Rubén Estevez e Ignacio Rafael.
Na montaña o compoñente psicolóxico resulta vital para acadar o obxectivo marcado. A paciencia e a perseveranza resultan fundamentais á hora de intentar a escalada da montaña mais alta do continente americano o ACONCAGUA. Nesta proxección relátase o intento de ascensión do xigante andino por parte de tres socios do club en xaneiro de 2011.
Venres 25 de novembro as 20:30 h Auditorio Municipal
VIDEOCONFERENCIA DESDE SIDNEY (Australia)“VUVU: ESPELEOLOXÍA NO PARAÍSO” por Alan Warild.
Unha pequena historia de exploracións nas covas de Papúa Nueva Guinea. Unha expedición a Papúa é moito mais que subir ao coche para unha fin de semana de boa espeleo. A illa de Nueva Bretaña é una illa de contrastes: volcáns, bosques de chuvia, crocodilos, empresas forestais cortando todo o que poden, xente recen saída da idade de pedra con teléfonos celulares. As veces chegar á cova costa mais traballo que a
cova en si mesmo pero ao final nunca defraudan. Galerías xigantes en roca branca con auga azul e cristalina e sobre todo pouco fría.
Será no Auditorio Municipal os días 22, 23, 24 e 25 de novembro a partir das 20:30 horas
O acceso mais directo o Auditorio Municipal para asistir as charlas será pola rúa Emilio Pardo Bazán
(como se aprecia na foto)
No hay comentarios:
Publicar un comentario