SENDEIRISMO EN ALLARIZ O 2 DE XUÑO
Muíño das Escadas |
O sábado 2 de xuño, se o tempo acompaña, faremos unha pateadiña duns 20 km polos arredores de Allariz.
Iremos ver, pola beira do Arnoia, o impresionante muíño das Escadas; seremos os únicos habitantes, por uns momentos, da aldea da Ponte Ermida; subiremos a dominar dende o cimo da Penamá media provincia; exploraremos os restos do Castelo de Mouresiños e as súas tumbas antropomorfas e pasaremos polo San Salvador dos Penedos de volta para Allariz. Ademáis de carballeiras, soutos, touzas e praderías...
Posibilidade de baño e de percorridos circulares duns 8 a 10 km, por se alguén quere ir cos meniños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario