XII Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán
XII Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán
Convocatoria
ano 2012 do concurso fotográfico anual do Club Alpino Ourensán por e
para os socios no que podedes presentar os vosos traballos ou formar
parte do xurado que elixirá os premios de entre todas as fotos
presentadas. Si queres formar parte do Xurado comunícao con antelación
suficiente no local social do club.
O prazo límite de admisión de
obras será o 26 de setembro de 2012, non admitíndose ningunha obra que
chegue con posterioridade a este prazo.
BASES
1. Concursantes e obras.
Poderán participar tódolos socios do club que o desexen, excepto o
gañador da edición anterior e os membros do xurado. Os autores poderán
presentar un máximo de tres fotografías, en cor ou en branco e negro,
non premiadas en calquera outro concurso. Só se admitirá un autor/a por
obra.
2. Temática. Fotografías que estean
relacionadas coas actividades levadas a cabo polos socios do club en
tódalas súas modalidades: imaxes de montañismo, sendeirismo, escalada,
esquí, espeleoloxía, descenso de canóns, paisaxes, flora, fauna, as súas
xentes...
3. Presentación e envío. Admitirase
soamente formato dixital (mínimo 1 megabyte de resolución) en soporte
físico ou mediante correo electrónico sempre dentro das datas
especificadas. Os arquivos nomearanse co título da foto e virán dentro
dunha carpeta que será nomeada con un lema elixido polo autor. Noutra
carpeta co mesmo lema incluirase o nome do autor nun documento de texto.
En caso de facer o envío por correo electrónico enviarase outro correo
“plica” onde figure como “asunto” o lema, e no texto os datos do autor.
4. Premios.
Cada autor só poderá acadar un premio. O importe do premio farase con
cheques regalos que poderán ser trocados nos establecementos
patrocinadores do concurso. Dotación dos premios:
- Un 1º Premio de 250 euros
- Un “Premio Popular” de 150 euros.
5. Xurado e resolución.
O xurado, que elixirá o primeiro premio, estará formado por ao menos un
profesional da fotografía, polo gañador do concurso anterior e por un
socio do club elixido pola Xunta Directiva de entre os que se presenten
como voluntarios. O resultado comunicaráselle aos gañadores por teléfono
ou correo electrónico e farase público a partires do 1 de outubro. As
decisións do xurado serán inapelables.
“Premio Popular”. Elixido
polos socios do club en votación de entre as obras presentadas. As
obras expostas estarán numeradas e habilitarase unha urna no local
social para efectuar a votación coas papeletas creadas o efecto. O
resultado da votación farase público na Cena Anual 2012.
6. Difusión, exposición e entrega de premios.
O club Alpino Ourensán, conxuntamente co Outono Fotográfico, realizará
unha exposición coas obras seleccionadas, do 1 ao 15 de novembro de
2012. A entrega de premios efectuarase na cena anual do club da que se
dará cumprida información. As obras seleccionadas poderán saír editadas
en publicacións posteriores, coa intención de difundir o concurso, sen
ánimo de lucro. Nas obras expostas e/ou publicadas indicarase o autor/a.
7. Disposición das obras.
As obras premiadas quedarán en propiedade do Club Alpino Ourensán, que
poderá copialas ou utilizalas sen limitación de medios, tempo ou lugar,
para promoción e divulgación, con indicación do nome do seu autor/a. As
obras non premiadas poderán ser retiradas polos seus autores no Club, a
partires do 15 de decembro de 2012. Se as obras non son reclamadas antes
do 25 de febreiro de 2013 enténdese que o autor renuncia a elas.
8. Observacións.
Os participantes responsabilizaranse totalmente de que non existan
dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como de toda
reclamación por dereitos de imaxe. A organización poñerá o máximo
coidado na conservación das obras, pero non se responsabilizará das
posibles perdas, subtraccións ou deterioro. A organización queda
facultada para resolver calquera continxencia non prevista nestas Bases.
A concorrencia a este concurso implica a aceptación das presentes
Bases.
No hay comentarios:
Publicar un comentario