29-30 de Setembro 2012 :: TRAVESÍA DO PORTO DE ESPASANTE A ESTACA DE BARES
30 Km a toda costa !!
29-30 de Setembro 2012 :: TRAVESÍA DO PORTO DE ESPASANTE A ESTACA DE BARES
Plan:A proposta é unha ruta a beira da
belísima costa dos municipios de Ortigueira e Mañón entre o Océano
Atlántico e o Cantábrico, separado xeográficamente polo punto máis ao
norte da península Ibérica (Estaca de Bares).
Con un total aproximado de 30 km de
lonxitude é unha ruta de dificultade moi moderada. Con moi pouco
desnivel e ningunha dificultade técnica.
Trátase dunha travesía lineal con saída o sábado pola mañá dende o porto pesqueiro de Espasante,
durmida en tenda de campaña na praia de Esteiro e continuación o
domingo a Estaca de Bares. O percorrido permite coñecer un dos anacos de
cosa máis espectaculares do litoral galego, praias.
Venres:
Noite no Cámping de Viveiro, xunto a praia de Cobas.
Sábado:
Desprazamento até Espasante.
Primeiro tramo, do Porto de Espasante - Praia de Esteiro
Camping salvaxe na praia
Domingo:
Esteiro - Estaca de Bares
Regreso.
Material necesario:
Tenda de campaña.
Tenda de campaña.
Esterilla e saco de durmir.
Comida para os dous días.
Roupa adaptada a climatoloxía e o máis que probable vento do "nordés"
Se precisades tendas de campaña ou tendes sitio na vosa avisade a hora de facer a inscrición para ir organizando.
Bañador moi recomendado.
No Club Alpino Manzaneda
Pago da actividade no Club.
Custe aproximado: entre 5 e 10 €
No hay comentarios:
Publicar un comentario