XIV Semana Audiovisual Club Alpino ourensán
XIV
SEMANA AUDIOVISUAL CLUB ALPINO OURENSÁN
ORGANIZA:
CLUB ALPINO OURENSÁN
CO
PATROCINIO ESPECIAL DA
“FUNDACIÓN FLORENCIO ÁLVAREZ-MARIA TERESA
ESTEBAN”
Datas: 28,29
e 30 de NOVEMBRO.
LUGAR: Auditorio Municipal de Ourense.
PROGRAMA:
Islandia:
"Entre lusco e fusco"
por Miriam Martínez Ferreiro e Mar Pallás Valleros
por Miriam Martínez Ferreiro e Mar Pallás Valleros
Nesta proxección adentrarémonos nas terras altas e mostrarémosvos uns dos trekin máis fermosos do mundo, que parte de Landmannalaugar e remata en Skógar.
A palabra «Islandia» deriva do islandés Ísland, vocábulo que provén do nórdico antigo, que significa «terra de xeo»
A illa marca o límite entre a Placa Euroasiática e a Placa Norteamericana, xa que foi creada pola intensa actividade do vulcanismo na zona ao longo da dorsal mesoatlántica. Todo isto tradúcese nunha alta actividade xeolóxica, que dá lugar a máis de 200 volcáns. A media é que cada cinco anos adoita sufrir unha erupción volcánica.
Os lagos e glaciares cobren o 14,3% do país e só o 23% está cuberto por vexetación. O interior da illa, as terras altas de Islandia, son unha combinación fría e inhabitable de area e montañas.
Xoves 29
de novembro as 20:30 h. Auditorio Municipal de Ourense.
“La
bicicleta: otra forma de viajar” por Roberto Mateos García
Una sinopsis de imágenes de naturaleza, personas y lugares conocidos a
través del medio de transporte más ingenioso del ser humano.
Disfrutaremos de paisajes desérticos en
Australia y Marruecos, grandes reservas de agua dulce en Chile e Islandia,
parques nacionales en Tanzania y Argentina. Conoceremos grupos étnicos de
Myanmar y Sumatra y visitaremos lugares emblemáticos como el Capitolio Nacional
de La Habana,
el campo de concentración de Mauthausen en Austria y ciudades Patrimonio de La
Humanidad como Luang Prabang, Laos.
Venres 30 de novembro
as 20:30 h. Auditorio Municipal de Ourense.
O pasado 6 de maio Sechu López acadou o cumio do Annapurna, sendo o primeiro galego en conseguilo. Esta mítica montaña de 8.091 metros, situada no Himalaia de Nepal, está considerada como a máis perigosa dos 14 oitomiles. Durante a ascensión, a maioría dos alpinistas decidiron renunciar polas continuas avalanchas... pero o galego e algúns máis decidiron continuar subindo, para seguir intentando facer realidade os seus soños, chegar ao máis alto. Conseguiu acadar o cumio loitando contra as adversidades, convencido de que superar o reto era posible. Podería ser coraxe, pero necesitase algo máis, necesitase paixón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario