Travesía invernal : Montehigüero e La Crespa
ACTIVIDADE DE MONTAÑA
Xaneiro en BABIA :: Travesía invernal : Montehigüero e La Crespa
26-27 de Xaneiro de 2013
OLLO! A XENTE QUE NON TEÑA EXPERIENCIA CON CRAMPONS QUE LEVE O ARNÉS
O mércores 23 enviarei correo aos apuntados con máis información.
Plan:
Venres: Saida de Ourense e noite no refuxio de Torrebarrio.
Sábado: Saida dende Torre de Babia cara a lagoa das Verdes e ascensión
ao Montehigüero pola súa vertente norte. Por unha pala inclinada de
entorno a 40-45º. Avance polas lomas cara a Crespa e noite en Vivac ou
tenda de campaña nas zonas altas.
Domingo: Continuación da travesía por varios cumios até a Crespa. Dende
esta montaña, descender polo seu lado sur até La Riera de Babia onde
rematamos a travesía.
Descrición:
A zona de Babia xa é un clásico bastante coñecido por todos nos. En
particular o Montehiguero. Pero nesta ocasión a proposta é acometelo en
inverno e manternos nos altos e se o tempo acompaña facer un vivac e
continuar o domingo polas belísimas montañas próximas xa non tan
coñecidas, até a Crespa. Unha mole con forma de media lua que tantas
veces vemos nevada dende a estrada de camiño as Ubiñas e que
percorreremos de norte a sur até a diminuta Riera de Babia, de novo no
val.
Os desniveis rondan os 1000 m de subida o primeiro día e o mesmo de
baixada para o segundo. O desnivel acumulada será algo maior na medida
de que queiramos ir facendo outros cumios menores polo camiño.
O vivac-tenda queda supeditado a previsión meteorolóxica que teñamos o venres.
De non ser favorable faremos ascensión a cada un dos cumios por
separado. Durmindo no refuxio de Torrebarrio ou no seu defecto en
Villasecino. Neste caso os desniveis serán maiores pero o menor peso nas
mochilas farán as ascensións máis agradables ; )
A ruta non ten complicacións técnicas especiais pero é preciso levar
crampons e piolet sobre todo para a ascensión pola pala norte do
Montehigüero, no caso de estar nevada.
Non hai zonas de aristas nin pasos delicados pero si ao ir en grupo é recomendable levar o casco.
Hai auga no refuxio e en ambos os pobos.
Plano aproximado da actividade:
View CAM :: Montehigüero - La Crespa 2013 in a larger map
Material:
- Todo o necesario para vivaquear ou acampar (segundo o gusto de cada quen).
- Crampons e piolet de travesía, tamén casco.
- Comida para os dous días.
Apuntarse e pagar a actividade no clube. (Prezo 10 €)
Canto antes para reservar aloxamento no refuxio.
Organizan: Lucas Rodriguez e Víctor Barro.
Contacto: vbarro@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario