8.3.13

Curso de iniciación a escalada


Curso de iniciación a escalada

Club Alpino Ourensán en colaboración co Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense oragniza un curso de iniciaicón a escalada no rocódromo do Pavillón dos Remedios.
Curso orientado a todas aquelas persoas que queiran introducirse con seguridad na escalada e aprender as maniobras básicas de seguridad para realizar vías equipadas dun largo con descolgue.

O curso está dividido en catro xornadas de 2 horas o luns/xoves (2 turnos dependendo dos interesados). Facilitade o voso email en 
clubalpinoourensan@gmail.com no momento de apuntarse e o monitor contactará cos cursillistas para concretar horario. As opcións son:
A - De 17:30 a 19:30 horas os días 18/3, 1/4, 8/4 e 15/4
B - De 21:30 a 23:30 horas os días 21/3, 4/4, 11/4 e 18/4

Prazas
Máximo 8 personas

Material necesario
Roupa e calzado cómodo. Pes de gato o que teña. 
As datas do curso poden estar suxeitas a modificacións.
Apúntate en clubalpinoourensan@gmail.com por teléfono ou no local social en horario de apertura.
HORARIO: Luns, Mércores 19:30 a 21:00 horas Venres 20.00 a 21.30 horas

No hay comentarios: