5.12.13

Curso de iniciación a escalada


O Club Alpino Ourensán en colaboración co Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organiza un curso de iniciaicón a escalada no rocódromo do Pavillón dos Remedios.
Un curso orientado a todas aquelas persoas que desexan introducirse con seguridad na escalada e aprender as maniobras básicas de seguridad para realizar vías equipadas dun longo con descolgue.

O curso está dividido en catro xornadas de duas horas en xoves no seguinte horario.
Horario
Días  9, 16, 23 e 30 de Xaneiro de 21:00 a 23:00


Prazas
Máximo 8 personas

Material necesario
Roupa e calzado cómodo. Pes de gato o que teña, ainda que non son imprescindibles. 
As datas do curso poden estar suxeitas a modificacións.
Apúntate no local social en horario de apertura ou en clubalpinoourensan@gmail.com
Máis información no local social ou en clubalpinoourensan@gmail.com

HORARIO LOCAL SOCIAL: Luns 19:00 a 20:30, Mércores 19:30 a 21:00 horas Venres 20.00 a 21.30 horas

No hay comentarios: