1.9.14

50 km a toda costa


Dende PUNTA COMPÁS as ILLAS ISARGAS
12-13 e 14 de setembro de 2014

Como vimos facendo duns anos a esta parte, percorremos cada mes de setembro un anaco da nosa costa "en estilo alpino" ... levando comida e aloxamento con nos e non deixando nada polo camiño.

Este ano saimos das inmediacions de Arteixo (Punta Compas - Balcobo) con destino final no Cabo de San Adrian, mirador natural das Illas Isargas. E se cadra, quizais hai posibilidade de visitalas.

A ruta ten unha lonxitude aproximada de 45 km para facer en dous días, saindo ben cedo o sábado e chegando a tardiña do domingo. Durmida en tenda/vivac (segundo queira cada quen) a medio camiño.

Non hay dificultade técnica ningunha nin desniveis reseñables.
Compre levar todo o necesario para comer e durmir polo camiño.
No caso de precisar algunha cousa cruzaremos os pobos de Caión e Malpica de Bergantiños

En canto as opcións de aloxamento para a noite do venres está o camping de Balcobo aberto nesta época e moi perto do punto de saida.

Calquera dúbida a maíores contactade con Víctor: vbarro@gmail.com
Inscribídevos no club a partir de hoxe (día 1).

Prezo estimado da actividade: 6 €

No hay comentarios: