23.5.06

Reunión da "Comisión do Transourensán"

¡Queridos socios!


Supoño que moitos de vos sabedes, ou ben de oídas ou ben por habelo feito, do Transourensán. A Federación Galega de montaña catalogouno recentemente cómo "non recomendado" así que para solucionar esta situación decidimos nunha reunión da Xunta directiva crear un grupo de traballo.


O luns 23 tivo lugar a primeira reunión desta recien creada Comisión do Transourensán. Tivo que celebrarse por motivos técnicos na Coruñesa. Estiveron presentes ese día: José Novo, Fina, Aurelio, Elías, Ana, Tato, e Antón presidindo o cotarro (pero tamén forman parte dela Rita, Ginés e Pedro, que ese día non puideron asistir).

Entre o plan de traballo está mellorar a descripción do sendeiro, recoller todas as necesidades de equipamento e sinalización ademáis de completar esta etc... Seguindo en tódolos casos a normativa que nos dicta a FEDME (Federación española de deportes de montaña e escalada) e o Manual de Sendeiros da Federación Galega de Montañismo.

Xa se comenzou a traballar neste proxecto e de momento o tramo que vai ata Vilouxe está revisado.

No hay comentarios: