24.6.06

Pirineos, fromage & canard.







Xa estamos de volta, au revoir la France et bienvenues en Espagne.
Coma sempre, voltamos co ánimo renovado despois de disfrutar dos collados fuxitivos, das crestiñas infernais, das xélidas augas dos ibóns, dos tresmiles e ata das "latas de sardiñas" de oito prazas con aparato eléctrico incluído.
Despois de visitar os fermosos vales franceses, traspasar fronteiras naturais e violar liñas divisorias sintéticas onde se confunde o Bonjour cos Buenos días, de moito salchichón e fromage, de patacas con cebola e de la biere presión . Vimos fisicamente cansos e espiritualmente cheos de ledicia por cumprir obxectivos, coñecer, vivir e convivir. Chegamos novos porque renovamos os nosos votos coa montaña, porque afrontamos este pequeno desafío de subir ó máis alto, eu creo que para intentar divisar desde 3000 metros de altura o noso futuro individual e colectivo. E desde aló arriba algo se vai vendo dese futuro...

Bueno, bueno, bueno, que filosófico me puxen. Ala, ahí van unhas fotiños en plan remember pero non hai como sentilo en directo. Farían falta millóns de megapixeles para capturar semellante fartura de natureza.


Ángel Barrio Alonso

No hay comentarios: