29.6.06

I RAID VALDEORRAS DE AVENTURA E ORIENTACIÓN 2006-C.A.M. (1º Comunicado)

Para ir animandovos aí van as primeiras informacións. O luns que ven abrírase a web da proba e máis adiante darase máis información sobre o material que se necesita que básicamente vai ser: bici de montaña co seu kit de reparacións, casco, arnés, cabos e mosquetóns de seguridade e descensor. A equipa típica soe estar formada por tres persoas (pode ser mixta). Dúas estarán sempre en competición e a terceira cun coche irá de transición en transición coas bicis e o resto do material que se precise. O asistente pode facer relevos a calquera das dúas persoas se quere para darlle descanso nalgún tramo. Neste caso a cuota seria de: 15+11+11+11=48 euros que cubriria aluguer de pirauga e seguros.


“I RAID VALDEORRAS AVENTURA 2006”
DE ORIENTACIÓN
1º Comunicado
II Copa Galega de Raids de Aventura
SÁBADO, 9 DE SETEMBRO DE 2006
35º ANIVERSARIO DO C.A.M.
PARQUE NATURAL SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA
PENEDOS DE OULEGO
ORGANIZAN:
CLUB ALPINO OURENSÁN-CLUB ALPINO MANZANEDA (C.A.M.)
CONCELLO DE O BARCO DE VALDEORRAS
COLABORAN:
CLUB PEÑA TREVINCA-O BARCO
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE, XUNTA DE GALICIA
ASOCIACIÓN GALEGA DE CLUBES DE ORIENTACIÓN (A.Ga.C.O.)
FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ORIENTACIÓN (F.E.D.O.)
MÁIS INFORMACIÓN EN:
http://usuarios.lycos.es/raidvaldeorras/index.htm
www.arrakis.es/~ppnovo/cam/indexg.htm
INTRODUCCIÓN
O Club Alpino Ourensán-Club Alpino Manzaneda (C.A.M.) no seu 35º Aniversario e o Concello de O Barco de Valdeorras queren apostar por novas modalidades do Deporte na Natureza, polo que se pracen en ofrecervos o primeiro Raid de Aventura e Orientación con recoñecemento da Asociación Galega de Clubes de Orientación (A.Ga.CO.) e da Federación Española de Orientación (F.E.D.O.), que se realiza na provincia de Ourense, no marabilloso contorno das Terras de Valdeorras.
PRESENTACIÓN
O I RAID VALDEORRAS AVENTURA 2006 DE ORIENTACIÓN é a 4ª proba puntuable para a II Copa Galega de Raids. Vai consistir nun percorrido con mapa e búxola por equipas -modalidade RACE NON-STOP diurno de etapa única- con aproximadamente un mínimo de 50 kms e un máximo de 80. Haberá seccións de: treking, B.T.T., caiac, rápel e tiro con arco. Tamén haberá probas de coñecemento do patrimonio histórico e natural. A proba durará desde o sábado ás 9 da mañán ás 7 da tarde. Haberá unha categoria única de Promoción con distintas opcións de percorridos tanto para as equipas máis preparadas como para aquelas que queiran divertirse dun xeito activo.
TERRAS DE VALDEORRAS
O CONCELLO DE O BARCO DE VALDEORRAS ocupa o centro dunha bisbarra situada na parte máis nororiental da provincia de Ourense, na Comunidade Autonóma de Galiza (España), onde abundan os resaltes verticais de caliza e a lousa. As súas corredoiras sulcan viñas de Godello e Mencía da excelente Denominación de Orixe Valdeorras. Abundan os soutos de castiñeiros e as fragas con flora de transición Atlántico-Mediterránea. Todo salpicado de regatos que rematan no río Sil, o cal discorre paralelo a Via Nova ou XVIII, antiga calzada romana que une Astorga con Braga, formando parte do Itinerario Antonino, no contorno do Parque Natural Serra Da Enciña Da Lastra-Penedos De Oulego.
PROGRAMA
Venres, 8 de Setembro de 2006:
.- 19:00 h: Apertura do Secretariado no Pavillón Municipal da Praza do Concello
Sábado, 9 de Setembro de 2006:
.- 08:30 h: Reunión Informativa Obrigatoria
.- 09:00 h: Saída Masiva
.- 19:00 h: Peche de Meta
.- 21:30 h: Cea de Convivencia
.- 22:30 h: Entrega de Premios e Sorteos
TERREO
Relevo e vexetación de transición Atlántico-Mediterránea propia da zona SE de Galiza con pendentes pronunciadas, grande profusión de vaguadas con auga estacional e vexetación espesa no seu fondo, combinando con zonas semi-abertas de eidos, lameiros e viñedos. Zonas semi-limpas de soutos de castiñeiros e fragas con aciñeiras, sobreiras, carballos e piñeiros; combinadas con outras de vexetación de penetración media ou impasable con bordes definidos de carqueixas, piornos e estevas. Abundancia de carreiros e detalles, principalmente rochas e escarpados de caliza e lousa.
REGULAMENTOS
Son os seguintes:
REGULAMENTO DO RAID VALDEORRAS AVENTURA 2006 (Lectura obrigatoria. Disponible na web co 2º comunicado) e os os correspondentes da A.Ga.C.O. e a F.E.D.O.., máis os das distintas modalidades e o Regulamento de Seguridade Vial. (máis os propios das distintas modalidades e a normativa viaria)
PREMIOS
1ª EQUIPA: 500 EUROS E MEDALLA DE OURO
2ª EQUIPA: 300 EUROS E MEDALLA DE PRATA
3ª EQUIPA: 200 EUROS E MEDALLA DE BRONCE
4ª EQUIPA: Lote de Material Deportivo A
5ª EQUIPA: Lote de Material Deportivo B
6ª EQUIPA: Lote de Material Deportivo C
Ademais haberá Premios Sorpresa e Sorteos entre os participantes na cea de convivencia.
INSCRICIÓNS
Só para maiores de 18 anos. Haberá prazas limitadas. A proba é de categoria Promoción, podendo ser as equipas de carácter mixto, sendo obrigatorio contar cunha asistencia con veículo a motor. O formato mínimo das equipas pode ser:
2+0: 2 raiders en competición máis 1 asistente que non poderá ser relevista.
2+1: 2 raiders en competición máis 1 asistente, que poderá ser ou non relevista.
Pode haber un máximo de 6 compoñentes na equipa (ou até 8 se este aumento é feminino). Todas aqueles persoas que entren en competición -só dous en cada sección- teñen que pagar a sua cota unipersonal (ver máis abaixo).
A inscrición da dereito a: licenza-seguro de proba (para quen non teña a de Raid-FEDO); pernocta en chan duro no pavillón municipal nas noites de venres e sábado (traer saco e esterilla); mapas e documentación; aluguer de caiac; os obsequios para os participantes (camisola conmemorativa,...), e a cea de despedida xunto cos sorteos de agasallos.
A CUOTA DE INSCRICIÓN será a suma da cuota de equipa: 15 euros máis a cuota individual, que a maiores cada membro da equipa (que participe en cando menos nunha sección) terá que aboar en función da súa condición:
Socios dos Clubes Alpino Ourensán e Pena Trevinca-O Barco e Posuidores de licencia Raid-F.E.D.O.: 11 euros
Posuidores de licencia F.E.D.O.: 15 euros
Non federados FEDO: 20 euros
ATENCIÓN! abrírase a inscrición do 16 de Agosto ao 4 de Setembro inclusives, mediante o FORMULARIO DE INSCRICIÓN que hai na web de USO OBRIGATORIO, enviandoó ao correo electrónico:
Raidvaldeorras@lycos.es
Ingresar co concepto “Inscrición Raid Valdeorras-Nome da Equipa” no Banco Popular no nº de conta :
0075-0457-69-0700557479
Non se considerará formalizada a inscrición até recibir resgardo do ingreso bancario no fax: 988-32-59-78 ou no devandito enderezo electrónico:
OBSERVACIÓNS
Dado o carácter da proba é imprescindible contar coa preparación físico-técnica axeitada e o material pertinente en perfectas condicións de uso. Atravesaremos un espazo protexido polo que a súa preservación e tarefa de todos e todas. Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade sobre as suas pertenzas i en caso de accidente ou lesión.
CONTACTOS E ORGANIZACIÓN
Director de Carreira: Xan M. Trigo Recarey: 606-130-120
Director Técnico: Alberto Asensio Campazas: 629-632-999
Director de Seguridade: Luis Ramos Alvárez: 680-429-676

No hay comentarios: