24.7.06

PIRINEOS 2006: 1-8 de agosto VALLE DE ARA







Cómo se informou na páxina web, este ano por primeira vez nos vimos obrigados a facer cambios de última hora; lamentamos as molestias que esto poidera ocasionar ós nosos socios. A nosa “sede” este ano será finalmente o Camping San Nicolás de Bujaruelo (Huesca) ó que se accede pola carretera N-260. Está situado, xunto ó Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido, no Valle de Ara, un dos rincóns máis salvaxes e fermosos do Pirineo. Podedes visualizar a ruta en coche nas páxinas de

Camping de alta montaña, ideal para campamentos.
Río con poza cercana
Servicios, fregadeiros, duchas con agua quente.
Ó lado está situado o Mesón-Refuxio onde temos a posibilidade de cear ou almorzar.
Non dispón de supermercado, só a posibilidade de poder mercar pan. Polo que as compras haberá que realizalas en “Torla”.

Os teléfonos de contacto do Camping e Mesón son: 974486412 ou 974486474

Para os socios que xa o comentaron informarlles que a pista pola que se accede ó camping dende Torla está recién arranxada polo que non hai problema no paso cos
turismos.




CALENDARIO


  • Martes 1
    Día de viaxe, chegada e recepción no camping. Entrega de documentación
    .
  • Mércores 2
    Saída conxunta dos grupos de sendeirismo e montaña. Visitamos o Valle de Otal, logo os de montaña suben ó pico Tendeñera
    .
  • Xoves 3
    Sendeirismo: Valle de Ordesa
    Montaña: Travesía de dous días hacía o macizo do Vignemale

  • Venres 4
    Sendeirismo: Puerto de Bujaruelo – Brecha de Rolando – Taillon
    Montaña: Subida a unha cumbre do macizo do Vignemale. Posiblemente ó Gran Tapou

  • Sábado 5 Descanso e día libre
  • Domingo 6
    Sendeirismo: Valle de Ara
    Montaña: Travesía hacia los “Dientes de Batanes”

  • Luns 7
    Sendeirismo: Valle de Ordiso --
    Montaña: Ascensión ós Batanes
  • Martes 8
    Despedida




Ós que se apunten ó grupo de montaña deben estar necesariamente federados nesa modalidade. Precisarán levar, casco, arnés, oito e mosquetón así como piolet e crampóns.

Prezo orientativo: 120 euros.




Máis información na sede do Club ou no 610864870 (Ana). Posteriormente elaboraremos uns dossieres que entregaremos ó chegar a San Nicolás.



1 comentario:

inthenigth dijo...

Un ano máis "Facendo Pirineos". A este ritmo nos van a sobrar anos para coñecelos. Debo levar uns cantos anos indo os PIRIS, xa perdín a conta, e cada vez descubro algo novo. Ademáis de facer deporte, temos tempo de disfrutar dunhas compañias cas que podes compartir a túa afición sin deixar de lado a paisaxe que ainda retumba na miña cachola. Despois de tantos anos debín xuntar unhas cantas diapos, polo que si as autoridades competentes o permiten me gustaría facer un repaso a todos estes anos paseando e disfrutando polos 3000 metros co Clube Alpino Manzaneda.

Gracias a todos os que fixeron e fan posible a actividade pirenaica ano tras ano.

SAÜDE