VI Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán
Bases do VI Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán para todos aqueles socios do club interesados en presentar traballos o concurso. Lembrade que todas as fotografías serán expostas no Outono Fotográfico 2006 no vindeiro mes de novembro, en colaboración coa Casa da Xuventude, e en futuras exposicións argalladas dende o club en diversos ámbitos da cidade.
BASES
MODALIDADE
Color ou branco e negro, en papel ou calquera outro soporte, tendo, neste caso que abonar o importe do pase a papel cando se presenten as obras.
TEMA
Calquira relacionado co Club Alpino
PRESENTACIÓN E PRAZOS
As obras deberán presentarse no local do club sito en R/Cruz Vermella, 4 - 2º /Ourense.
O dorso de cada fotografía farese constar lema e título.En sobre cerrado aparte, incluiranse os datos persoales do autor co enderezo e número de teléfono. Dito sobre levará o lema elexido.
O prazo de admisión remata o día 8 de setembro de 2006.
CONDICIONS
Cada socio poderá presentar un máximo de tres obras
O tamaño será de 18 x 24 cm. como mínimo e máximo de 30 x 45 cm.
O fallo do xurado farase en base as copias en papel.
As obras pasaran a ser propiedade do club, que poderá facer uso público das mesmas, mencionano o autor.
XURADO
Estará formado por membros da Xunta Directiva xunto con profesionais e artistas do sector da imaxen. O fallo do concurso farase público a partir do 1 de outubro de 2006.
PREMIOS
Designaranse catro premios que consistiran en bonos canxeables por material deportivo e distribuidos do seguinte xeito:
1º Premio 250 €
2º Premio 150 €
3º Premio 100 €
Premio Especial do Club 150 €
NORMAS FINAIS
A organización terá competencia para resolver os imprevistos.
A participación supora a conformidade cas presentes bases.
No hay comentarios:
Publicar un comentario